Ignacio Ramonet

Modelo:BiografíaIgnacio Ramonet

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalIgnacio Ramonet Míguez
Biografía
Nacemento5 de maio de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaParís Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversité Bordeaux Montaigne (pt) Traducir
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, sociólogo, geopolitical analyst (en) Traducir, xornalista, semiologist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorLibération
Le Monde diplomatique
Cahiers du cinéma Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de febreiro de 2014Intellectuals for the Third Republic (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosTancrède Ramonet Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0708507 BNE: XX983076 Bitraga: 1991 Musicbrainz: bf83c3d7-6afe-471a-af44-7820a9013f13 Editar o valor en Wikidata

Ignacio Ramonet Míguez, nado en Redondela o 5 de maio de 1943, é un xornalista galego especializado en relacións internacionais e globalización asentado en Francia.

Traxectoria

Viviu a súa infancia en Tánxer. Estudou enxeñaría en Bordeos, Rabat e París, e socioloxía na Escola de Altos Estudos Sociais de París. Interesado polo cine, traballou preto de Roland Barthes e Christian Metz, doutorándose en Semioloxía e Historia da Cultura, así coma catedrático de Teoría da comunicación. Escribe en Cahiers du Cinéma e crítica de cine en Libération. Dirixiu Le Monde diplomatique desde 1991 até marzo de 2008 (na actualidade é encargado da edición española) e dirixe Manière de voir. É un dos principais pensadores críticos co proceso de globalización.

Unha editorial súa deu orixe a Attac, movemento internacional para o control democrático dos mercados financeiros e das súas institucións- (creado nunha reunión internacional en París durante o 11 e 12 de decembro de 1998) e de Media Watch Global (13 de maio de 2002) resultado das conclusións do II Fórum Social Mundial de Porto Alegre do que foi promotor.

Profesor da teoría da comunicación na Universidade Denis-Diderot (París VII). Foi profesor invitado das universidades Carlos III (Madrid), Buenos Aires, Valencia, San Petersburgo, Cuba, Porto Rico, Santo Domingo etc. É doutor 'honoris causa' pola Universidade de Santiago de Compostela.

Publicacións

Véxase tamén

Ligazóns externas