Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Quintá.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Monte.
Quintá do Monte é un lugar da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE a súa poboación no ano 2016 era de 20 persoas (15 mulleres e 5 homes), en 2018 eran 13 (8 mulleres e 5 homes).
En Quintá do Monte naceu o pintor e escultor José Randolfe Vilariño[1].
Topónimo
A orixe do topónimo é o latín (villa) quintana, quizais propiedade dun Quintanus; e o determinante mons/montis, "monte"[2].
Patrimonio
En Quintá do Monte consérvase un muíño antigo en funcionamento[3].
Castro de Quintá: Asentamento castrexo situado na parroquia de Pradeda. Alterado pola labra con maquinaria agrícola, presenta na cima unha pequena chaira, e unha gran pendente pola marxe E-SE cara ao pobo.[4]
Quintá na cultura popular
Os de Trasar matan a besta,
os de Lobelle cómena fresca,
e os de Quintá mandaron recado
que lles gardaran mitá do rabo. !
[5]
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Pradeda
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén
Outros artigos