Quinto de Esmirna

Modelo:BiografíaQuinto de Esmirna
Nome orixinal(grc) Κόϊντος Σμυρναῖος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor en Wikidata
História de Esmirna, Imperio Bizantino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo IV Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século III Editar o valor en Wikidata)
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FillosDorotheus (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX827332
Posthomerica, 1541

Quinto de Esmirna (en grego Κόιντος Σμυρναίος) foi un poeta épico grego que viviu entre os séculos III e IV.

Traxectoria

Son escasos os datos biográficos sobre Quinto de Esmirna. Compuxo, ao redor dos séculos III ou IV de nosa era, as Posthoméricas, poema en catorce libros cuxa finalidade era seguir o ciclo épico troiano alí onde o deixou Homero e converterse en continuación natural da Ilíada.

As Posthoméricas comezan coa morte e funerais de Heitor (momento no que acaba a Ilíada) e narra todos os sucesos posteriores, até o final da guerra de Troia, non recollidos por Homero, pero ben coñecidos por outras fontes: morte de Aquiles, tolemia de Áiax ou Aiante, intervención de Filoctetes e Neoptólemo, argucia do cabalo de madeira, conquista da cidade e repartición de prisioneiras. A obra conclúe co regreso dos heroes gregos ás súas patrias, punto no que as Posthoméricas enlazan co outro gran poema homérico, a Odisea.

Aínda que o modelo principal é, como cabía esperar, Homero, Quinto de Esmirna baséase en moitas outras fontes para compor o seu relato: Apolonio de Rodas, Sófocles, Eurípides, etc. Non está abondo clara a influencia de Virxilio, a pesar das grandes similitudes entre as Posthoméricas e a Eneida. Auténtica xoia para todos os interesados polo ciclo mítico da guerra de Troia.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas