Policétido sintase

As policétido sintases (PKSs) son unha familia de encimas multidominio ou complexos encimáticos que producen policétidos, unha importante clase de metabolitos secundarios, en bacterias, fungos, plantas, e unhas poucas liñaxes de animais. A biosíntese de policétidos ten grandes semellanzas coa biosíntese de ácidos graxos.[1][2]

Os xenes PKS para os encimas que sintetizan un determinado policétido están organizados xeralmente nun operón nas bacterias, e en clusters de xenes en eucariotas.

Clasificación

As PKSs pode clasificarse en tres grandes grupos:

  • Policétido sintases de tipo I, que son proteínas grandes e moi modulares.
  • Policétido sintases de tipo II, que son agregados de proteínas monofuncionais.
  • Policétido sintases de tipo III, que non usan dominios ACP.

As PKSs de tipo I subdivídense en:

  • PKSs iterativas, que reutilizan dominios de forma cíclica.
  • PKSs modulares, que conteñen unha secuencia de módulos separados e non repten dominios (coa excepción dos dominios trans-AT).

Á súa vez as PKSs iterativas (IPKSs) poden subdividirse en:

  • NR-PKSs — PKSs non redutoras, cuxos produtos son os verdadeiros policétidos.
  • PR-PKSs — PKSs parcialmente redutoras.
  • FR-PKSs — PKSs totalmente redutoras (fully reducing PKSs), cuxos produtos son derivados de ácidos graxos.

Módulos e dominios

Biosíntese do precursor da doxorrubicina, є-rodomicinona. As reaccións da policétido sintase móstranse na parte de arriba.
Biosíntese proposta para a naftomicina.

Cada módulo de policétido sintase de tipo I consta de varios dominios con funcións definidas, separados por curtas rexións espazadoras. A orde dos módulos e dominios dun complexo de policétidosintase é o seguinte (na orde de N-terminal a C-terminal):

  • Módulo de inicio ou carga: AT-ACP-
  • Módulos de elongación ou extensión: -KS-AT-[DH-ER-KR]-ACP-
  • Módulo de terminación ou liberación: -TE

Dominios:

A cadea de policétido e os grupos de inicio están unidos polo seu grupo carboxilo aos grupos SH da ACP e o dominio KS por medio dun enlace tioéster:

R-C(=O)OH + HS-proteína ⇌ R-C(=O)S-proteína + H2O.

Etapas da síntese

A cadea en crecemento é pasada desde un grupo tiol (SH) ao seguinte por trans-acilacións e é liberada ao final por hidrólise ou por ciclación (alcohólise ou aminólise).

Etapa de inicio:

  • O grupo iniciador, xeralmente acetil-CoA ou malonil-CoA, cárgase no dominio ACP do módulo de inicio catalizado polo dominio AT do módulo de inicio.

Etapas de elongacion:

  • A cadea de policétido é pasada desde o dominio ACP do módulo previo ao dominio KS do módulo actual, catalizado polo dominio KS.
  • O grupo de elongación, xeralmente malonil-CoA ou metilmalonil-CoA, é cargado no dominio ACP actual catalizado polo dominio AT actual.
  • O grupo de elongación unido a ACP reacciona nunha condensación de Claisen coa cadea de policétido unida a KS baixo evolución de CO2, deixando un dominio KS libre e unha cadea de policétido unida a ACP. A reacción ten lugar no extremo da cadea unida a KSn, para que a cadea se mova unha posición e o grupo de elongación se converta no novo grupo unido.
  • Opcionalmente, o fragmento da cadea de policétido pode ser alterado paso a paso por dominios adicionais. O dominio KR (cetorredutase) reduce o grupo β-ceto a un grupo β-hidroxi, o dominio DH (deshidratase) escinde unha molécula de H2O, orixinando un α-β-alqueno insaturado, e o dominio ER (enoilredutase) reduce o enlace α-β-dobre a un enlace simple. É importante sinalar que estes dominios de modificación afectan realmente á adición previa á cadea (é dicir, o grupo engadido no módulo previo), non ao compoñente recrutado no dominio ACP do módulo que contén o dominio de modificación.
  • Este ciclo é repetido en cada módulo de elongación.

Etapa de terminación:

  • O domnio TE (tioesterase) hidroliza a cadea de policétido completada do dominio ACP do módulo previo.

Importancia farmacolóxica

As policétido sintases son unha importante fonte de pequenas moléculas naturais usadas en quimioterapia.[3] Por exemplo, moitos dos antibióticos usados habitualmente, como a tetraciclina e os macrólidos, son producidos por policétido sintases. Outros policétidos industrialmente imortantes so o sirolimus (inmunosupresor), a eritromicina (antibiótico), a lovastatina (fármaco anticolesterol), e a epotilona B (fármaco anticanceroso).[4]

Importancia ecolóxica

Só un 1% de todas as moléculas coñecidas son produtos naturais, aínda que se considera que case 2/3 de todos os fármacos actualmente en uso son polo menos en parte derivados de fontes naturais.[5] Este nesgo explícase normalmente argumentando que os produtos naturais coevolucionaron no medio ambiente durante longos períodos de tempo e foron preseleccionados para ter estruturas activas. Os produtos da policétido sintases inclúen lípidos con propiedades antibióticas, antifúnxicas, antitumorais, e de predador-defensa; porén, moitas das vías das policétido sintases que usan comunmente as bacterias, fungos e plantas aínda non foron caracterizadas.[6][7] Desenvolvéronse novos métodos de detección de novas vías de policétido sintases no medio ambiente. As evidencias moleculares apoian a noción de que moitos policétidos novos aínda non foron descubertos de fontes bacterianas.[8][9]

Notas

  1. Khosla, C.; Gokhale, R. S.; Jacobsen, J. R.; Cane, D. E. (1999). "Tolerance and Specificity of Polyketide Synthases". Annual Review of Biochemistry 68: 219–253. PMID 10872449. doi:10.1146/annurev.biochem.68.1.219. 
  2. Jenke-Kodama, H.; Sandmann, A.; Müller, R.; Dittmann, E. (2005). "Evolutionary Implications of Bacterial Polyketide Synthases". Molecular Biology and Evolution 22 (10): 2027–2039. PMID 15958783. doi:10.1093/molbev/msi193. 
  3. Koehn, F. E.; Carter, G. T. (2005). "The evolving role of natural products in drug discovery". Nature Reviews Drug Discovery 4 (3): 206–220. PMID 15729362. doi:10.1038/nrd1657. 
  4. Wawrik, B.; Kerkhof, L.; Zylstra, G. J.; Kukor, J. J. (2005). "Identification of Unique Type II Polyketide Synthase Genes in Soil". Applied and Environmental Microbiology 71 (5): 2232–2238. PMC 1087561. PMID 15870305. doi:10.1128/AEM.71.5.2232-2238.2005. 
  5. Von Nussbaum, F.; Brands, M.; Hinzen, B.; Weigand, S.; Häbich, D. (2006). "Antibacterial Natural Products in Medicinal Chemistry—Exodus or Revival?". Angewandte Chemie International Edition 45 (31): 5072–5129. PMID 16881035. doi:10.1002/anie.200600350. 
  6. Castoe, T. A.; Stephens, T.; Noonan, B. P.; Calestani, C. (2007). "A novel group of type I polyketide synthases (PKS) in animals and the complex phylogenomics of PKSs". Gene 392 (1–2): 47–58. PMID 17207587. doi:10.1016/j.gene.2006.11.005. 
  7. Ridley, C. P.; Lee, H. Y.; Khosla, C. (2008). "Chemical Ecology Special Feature: Evolution of polyketide synthases in bacteria". Proceedings of the National Academy of Sciences 105 (12): 4595–4600. PMC 2290765. PMID 18250311. doi:10.1073/pnas.0710107105. 
  8. Metsä-Ketelä, M.; Salo, V.; Halo, L.; Hautala, A.; Hakala, J.; Mäntsälä, P.; Ylihonko, K. (1999). "An efficient approach for screening minimal PKS genes from Streptomyces". FEMS microbiology letters 180 (1): 1–6. PMID 10547437. doi:10.1016/S0378-1097(99)00453-X. 
  9. Wawrik, B.; Kutliev, D.; Abdivasievna, U. A.; Kukor, J. J.; Zylstra, G. J.; Kerkhof, L. (2007). "Biogeography of Actinomycete Communities and Type II Polyketide Synthase Genes in Soils Collected in New Jersey and Central Asia". Applied and Environmental Microbiology 73 (9): 2982–2989. PMC 1892886. PMID 17337547. doi:10.1128/AEM.02611-06. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bibliografía

  • Yolande A. Chan, Angela M. Podevels, Brian M. Kevanya and Michael G. Thomas. "Biosynthesis of polyketide synthase extender units". Nat. Prod. Rep. (2009) 26, 90–114

Read other articles:

Ayam panggang Chuncheon Masakan Gangwon adalah suatu varian masakan Korea yang berasal dari Provinsi Gangwon, daerah di sebelah timur Semenanjung Korea yang berbatasan dengan Laut Timur.[1] Daerahnya yang bergunung-gunung hanya menyisakan tanah pertanian seluas 10 persen dari total wilayahnya. Tradisi kuliner provinsi ini mengikuti kondisi geografi dimana masyarakatnya tinggal, yakni pegunungan atau pesisir. Di dataran tinggi dan kawasan pegunungan yang masih alami terdapat aliran-ali...

 

City in Colorado, United States Statutory City in Colorado, United StatesBrush, ColoradoStatutory City[1]Brush, Colorado.Location within Morgan County, ColoradoBrushLocation within United StatesCoordinates: 40°14′54″N 103°37′23″W / 40.24833°N 103.62306°W / 40.24833; -103.62306[2]Country United StatesState ColoradoCountyMorgan County[1]IncorporatedNovember 24, 1884[3]Government • TypeStatutory City[1...

 

Untuk Stadion Brisbane tahun 1910 hingga 1958, lihat Brisbane Festival Hall. Stadion SuncorpLang Park Stadion BrisbaneStadion dari sisi selatan, 13 Juli 2022Nama lamaLang Park Stadion Suncorp-MetwayLokasiJalan Castlemaine 40 nomor 40, Milton, Queensland, AustraliaKoordinat27°27′53″S 153°0′34″E / 27.46472°S 153.00944°E / -27.46472; 153.00944Koordinat: 27°27′53″S 153°0′34″E / 27.46472°S 153.00944°E / -27.46472; 153.00944Pem...

Contagious virus mainly affecting dogs This article is about canine parvovirus type 2. For canine parvovirus type 1, see Carnivore bocaparvovirus 1. Canine parvovirus Electron micrograph of canine parvovirus Virus classification (unranked): Virus Realm: Monodnaviria Kingdom: Shotokuvirae Phylum: Cossaviricota Class: Quintoviricetes Order: Piccovirales Family: Parvoviridae Genus: Protoparvovirus Species: Carnivore protoparvovirus 1 Virus: Canine parvovirus Canine parvovirus (also referred to a...

 

Engagement of the Battle of Normandy in the Second World War Battle of the Falaise pocketPart of the Normandy CampaignMap showing the course of the battle from 8–17 August 1944Date12–21 August 1944LocationNormandy, France48°53′34″N 0°11′31″W / 48.89278°N 0.19194°W / 48.89278; -0.19194Result Allied victory[1] Liberation of ParisBelligerents  United States United Kingdom Canada Poland France  GermanyCommanders and leaders Berna...

 

California affiliate of the Republican Party California Republican Party ChairpersonJessica Millan PattersonSenate LeaderBrian JonesAssembly LeaderJames GallagherFounderJohn C. FrémontFounded1854; 170 years ago (1854)HeadquartersSacramentoStudent wingCalifornia College RepublicansMembership (February 2023) 5,236,952[1]IdeologyConservatismNational affiliationRepublican PartyColors  Red(customary)  Green   BlueUS Senate Seats0 / 2US House Seats11 / 52St...

Antonio Ghislanzoni Antonio Ghislanzoni (Lecco, 25 novembre 1824[1] – Caprino Bergamasco, 16 luglio 1893) è stato un librettista, poeta e scrittore italiano. Il suo nome è legato soprattutto al libretto dell'Aida di Giuseppe Verdi, col quale collaborò anche alle revisioni della Forza del destino e di Don Carlos. Indice 1 Biografia 2 Libretti d'opera 2.1 Libretti per opere non rappresentate 3 Liriche per musica 4 Narrativa 5 Poesia 6 Riviste 7 Note 8 Bibliografia 9 Voci correl...

 

This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Battle of Méribel – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2023) Battle of MéribelPart of the War of the First CoalitionDate13 September 1793LocationMéribel, Haute-Savoie, France (then part of the Kingdom of Sardinia)Result French vict...

 

Protein-coding gene in the species Homo sapiens GALNSAvailable structuresPDBOrtholog search: PDBe RCSB List of PDB id codes4FDJ, 4FDIIdentifiersAliasesGALNS, galactosamine (N-acetyl)-6-sulfatase, GALNAC6S, GAS, GalN6S, MPS4AExternal IDsOMIM: 612222 MGI: 1355303 HomoloGene: 55468 GeneCards: GALNS Gene location (Human)Chr.Chromosome 16 (human)[1]Band16q24.3Start88,813,734 bp[1]End88,856,970 bp[1]Gene location (Mouse)Chr.Chromosome 8 (mouse)[2]Band8|8 E1Start...

2020年夏季奥林匹克运动会波兰代表團波兰国旗IOC編碼POLNOC波蘭奧林匹克委員會網站olimpijski.pl(英文)(波兰文)2020年夏季奥林匹克运动会(東京)2021年7月23日至8月8日(受2019冠状病毒病疫情影响推迟,但仍保留原定名称)運動員206參賽項目24个大项旗手开幕式:帕维尔·科热尼奥夫斯基(游泳)和马娅·沃什乔夫斯卡(自行车)[1]闭幕式:卡罗利娜·纳亚(皮划艇)&#...

 

Uskup MyrielTokoh Les MiserablesUskup Myriel seperti yang digambarkan oleh Gustave Brion di dalam edisi pertama novel Les MiserablesPenciptaVictor HugoInformasiJulukanMonseigneur BienvenuJenis kelaminLaki-lakiGelarUskupPekerjaanUskupKeluargaAyah tanpa nama (meninggal) Jenderal tanpa nama (saudara) Pejabat tanpa nama (saudara) Baptistine Myriel (saudara)PasanganIstri tanpa nama (meninggal)AgamaKatolikKewarganegaraanPrancisLahir1739Kematian1821 (umur 82) Uskup Charles-François-Bienvenu Myriel,...

 

Rowing has been contested at every Asian Games since its introduction to the program at the 1982 Asian Games.[1] Editions Games Year Host city Best nation IX 1982 New Delhi, India  China X 1986 Seoul, South Korea  China XI 1990 Beijing, China  China XII 1994 Hiroshima, Japan  China XIII 1998 Bangkok, Thailand  China XIV 2002 Busan, South Korea  China XV 2006 Doha, Qatar  China XVI 2010 Guangzhou, China  China XVII 2014 Incheon, South Korea ...

Divinity school at Harvard University in Cambridge, Massachusetts Harvard Divinity SchoolCoat of armsTypePrivate nonprofit divinity schoolEstablished1816Parent institutionHarvard UniversityAffiliationBoston Theological Interreligious ConsortiumDeanMarla F. Frederick[1]Academic staff131[2]Students377[2]Doctoral students108[2]LocationCambridge, Massachusetts, United States42°22′48″N 71°06′47″W / 42.38006°N 71.11298°W / 42.38006...

 

Newark Ciudad Otros nombres: The Brick City (la ciudad de los ladrillos) NewarkLocalización de Newark en Nueva Jersey NewarkLocalización de Newark en Estados UnidosCoordenadas 40°44′07″N 74°11′06″O / 40.735277777778, -74.185Entidad Ciudad • País  Estados Unidos • Estado  Nueva Jersey • Condado EssexAlcalde Ras BarakaFundación 1666Superficie   • Total 67.3 km² • Tierra 61.6 km² • Agua (0%) 5.7 km²Altitud ...

 

Andromachus (Greek: Ἀνδρόμαχος; 1st century) was the name of two Greek physicians, father and son, who lived in the time of Nero. Andromachus the Elder on horseback, questioning a patient who has received a snake bite. Kitab al-Dariyak, 1198–1199, Syria.[1] Andromachus the Elder, was born in Crete, and was physician to Nero, 54–68 AD. He is principally celebrated for having been the first person on whom the title of Archiater is known to have been conferred, After reali...

У Вікіпедії є статті про інші значення цього терміна: Дуб (значення). ДубПеріод існування: палеоген (можливо, пізня крейда) – сьогодення Дуб звичайний (Quercus robur) типовий Біологічна класифікація Царство: Рослини (Plantae) Клада: Судинні рослини (Tracheophyta) Клада: Покритонасінні (An...

 

株式会社第一興商DAIICHIKOSHO CO., LTD. 種類 株式会社機関設計 監査役会設置会社[1]市場情報 東証プライム 74581995年9月19日上場 本社所在地 日本〒141-8701東京都品川区北品川5丁目5-26 北緯35度37分20.7秒 東経139度43分49.6秒 / 北緯35.622417度 東経139.730444度 / 35.622417; 139.730444座標: 北緯35度37分20.7秒 東経139度43分49.6秒 / 北緯35.622417度 東経139.730444度&#...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Czech Republic at the Olympics – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2023) (Learn how and when to remove this message) Sporting event delegationCzech Republic at theOlympicsIOC codeCZENOCCzech Olympic CommitteeWebsitewww.olympic.cz (in Czech a...

Pietro I di CourtenaySIgnore di CourtenayStemma In carica? –? PredecessoreRinaldo di Courtenay SuccessorePietro II di Courtenay NascitaReims, 1126 circa MorteAcri, 10 aprile 1183 SepolturaCattedrale di Exeter DinastiaCourtenay PadreLuigi VI di Francia MadreAdelaide di Savoia ConsorteElisabetta di Courtenay FigliFilippo di CourtenayPietro II di CourtenayAlice di CourtenayEustachia di CourtenayClémence di CourtenayRoberto di CourtenayGuglielmo di CourtenayIsabella di CourtenayCost...

 

منظمة الزمالة المسيحية (بالإنجليزية: Fellowship Foundation)‏[1]  البلد الولايات المتحدة  تاريخ التأسيس 1935  مكان التأسيس سياتل[2]  الوضع القانوني منظمة 501(c)(3)  المدير دوغلاس كو (–21 فبراير 2017)ريتشارد س. هالفرسون (1969–1995)  المالية إجمالي الإيرادات 11872620 دولار أمريكي ...