Poetas Di(n)versos é un ciclo de poesía que desenvolve desde o ano 2009 o Concello da Coruña, coordinado por Yolanda Castaño. En cada sesión participa unha persoa galega e outra de fóra de Galicia.[1] Nos dous primeiros anos celebrouse na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, e desde 2011 no auditorio do Centro Ágora.