María del Rosario López Sánchez, coñecida como Charo Lopes, nada en Boiro en 1988, é unha activista e escritora galega.
Traxectoria
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e con estudos de fotografía na Escola de Artes Antonio Failde, onde formou parte da creación da revista caleidoscopica.gal.[1] Dedícase á fotografía. Militou en AMI. Na actualidade traballa como xornalista freelance, alén de coordenar o Portal Galego da Lingua e a imaxe no xornal Novas da Galiza.[2]
Obra
Ten publicado dous libros de poesía: De como acontece a fin do mundo, que obtivo o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2015,[3] e Álbum premiado co Premio de poesía Cidade de Ourense en 2019.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas