Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, a música ou o audiovisual. Publicou co pintor Antón Sobral o catálogo de pintura Venecia. O Vicio da Beleza (2000). Ese mesmo ano, baixo o título Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que cantaba versións musicadas dos seus poemas.
O libro da egoísta (2003) foi número 1 en vendas de libro galego durante varias semanas, con moi boas críticas. Respecto a este poemario, dirixiu e produciu O video da egoísta, un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual. Este proxecto resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago de CompostelaCurtocircuíto 2004, na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de Mercuria, un programa sobre vangardas artísticas galegas.[4] Foi nomeada pola Academia Galega do Audiovisual na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005. Amais, colaborou como experta en letras no concurso da TVGCifras e letras, dende o 13 de febreiro de 2006 até o 20 de setembro de 2011, xunto con Jorge Mira, o experto en cifras.
En colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña desenvolve desde 2009 o ciclo Poetas Di(n)versos, con recitais conxuntos de poetas de Galiza e doutras linguas.
Tras a solicitude do avogado da autora para que a páxina retirase un deseño nomeado Tu quoque Iolanda? e os comentarios con palabras malsoantes a xeito de insulto (segundo a propia poeta, "uns 4 ou 5, [...] dos 80 e pico comentarios")[6] os responsábeis da páxina decidiron pechala antes de cumpriren coa solicitude e como protesta por non poderen facer autocrítica do país.[7][8]
Obra
Ten participado en volumes colectivos, como o libro-CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003), Catálogo do Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2003), Camiño de Santiago. Luz e vida (2003) e Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2004).
Tamén aparece a súa obra nas antoloxías galegas Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997), Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), Novas voces da poesía galega. Recital (Culturagalega.org, 2000), 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002), Elas.3 (2004) ou Das sonorosas cordas (Eneida, 2005). Tamén ten participado nas estatais Milenio (SIAL, 1999), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (DVD, 2001) e Mujeres de carne y verso (La Esfera, 2002).
Vivimos no ciclo das Erofanías (1998). Culleredo: Espiral Maior. 56 páxs. ISBN 9788489814578. Traducida ao castelán no 2000, en Huerga & Fierro, co título Vivimos en el ciclo de las Erofanías.[9]
Edénica (2000). Culleredo: Espiral Maior. Libro + CD. ISBN 9788489814905.
Profundidade de campo (2007. Culleredo: Espiral Maior. 56 páxs. ISBN 978-84-96475-59-5. Traducida ao castelán como Profundidad de campo, Visor, Madrid 2009).[11]
O puño e a letra (2018).[16] Vigo: Xerais. 112 páxs. Libro que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego se podería traducir por «Cómic Poético».[17]
Alumnado do IES Manuel García Barros (21 de xaneiro de 2013). "Yolanda Castaño, entrevista". As nosas letras. Literatura Galega do s. XX. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014.