O Premio Cultura Galega das Letras é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas "con traxectoria vencellada á escrita galega, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos literarios, investigación de linguaxes propias, innovación no plano expresivo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública interna ou externa"[1].
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[3]. A diferenza do anterior premio, concedido a Xosé Luís Méndez Ferrín, este non ten dotación económica. Tamén a diferenza de edicións pasadas, a RAG desta vez renunciou a ter un representante no xurado.
Como escritor, penso que se produciu unha devaluación dos galardóns. Non só porque non teñan dotación económica, senón tamén porque se reduciron categorías. Estes premios naceron mortos (...) A Real Academia está totalmente á marxe do proceso destes premios e creo que algunha universidade tampouco quixo formar parte.
↑A renuncia ao galardón respondeu aos mesmos motivos que esgrimira a plataforma ProLingua nun comunicado de prensaArquivado 19 de novembro de 2010 en Wayback Machine. do 8 de outubro: "Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega. Polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura".