Pobjoy Mint

British Pobjoy Mint
Pobjoy Mint
TipoSociedade de responsabilidade limitada
Fundación1965
Localización Kingswood, Surrey
Inglaterra Inglaterra
FundadorDerek Pobjoy.
Persoas claveTaya Pobjoy (xerente).
ProdutosMoedas públicas e privadas e medallas.
Número de empregados100 (2015).
Na rede
http://www.pobjoy.com/
editar datos en Wikidata ]

British Pobjoy Mint ou, simplemente Pobjoy Mint, é unha casa de moeda privada localizada en Surrey, Inglaterra, que produce moedas circulantes e conmemorativas, medallas, fichas privadas e obxectos de investimento en metais preciosos, para diversos países do mundo.[1][2]

Historia

A casa de moeda foi fundada en 1965 por Derek Pobjoy, quen adquiriu unha prensa monetaria logo de abandonar os negocios de construción e de xoiaría do seu pai, Ernest Pobjoy, para establecer unha ceca privada. As primeiras pezas cuñadas na incipiente ceca foron unha serie de medallas para conmemorar o pasamento de Winston Churchill no propio 1965, o ano do seu falecemento.[1][3]

A partir de 1974, a ceca foise introducindo na produción e na comercialización internacional de selos postais e de moedas, findamentalmente de carácter conmemorativo, e hoxe coordina en exclusiva este tipo de emisións filatélicas e numismáticas de sete países, mioritariamente pertencentes á Commonwealth, e de territorios de soberanía británica: a Illa Ascensión, as Bahamas, o Territorio Antártico Británico, as Illas Virxes Británicas, as Illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e Tristan da Cunha).[1][2][4]

Ademais, na súa condición de fabricante de xoias e insignias de metais preciosos, esmaltes e pedras preciosas, a Pobjoy Mint foi contratista da Coroa Británica e de diversas compañías de xoiaría londinienses.[1]

En 1990, a filla do fundador, Taya Pobjoy, sucedeuno na xerencia da compañía. Pobjoy Mint ten a súa sede nunhas instalacións en Kingswood, nas proximidades de Londres e en 2015 contaba con 100 traballadores no seu cadro de persoal.[3]

Innovación numismática

Na década de 1970, a compañía desenvolveu unha nova aliaxe de características similares ás da alpaca, coñecida como Virenium, consistente nun 81 % de cobre, un 10 % de cinc e un 9 % de níquel. Esta aliaxe veuse utilizando para as moedas conmemorativas non circulantes a partir de 1978.[5][6]

En 1983, a Pobjoy Mint foi a creadora do noble da Illa de Man, unha moeda de investimento de platino que contén unha onza troy deste metal. Trátase da primeira moeda de investimento fabricada con platino fino, cunha pureza de 999,5 milésimas. A súa produción estendeuse durante seis anos, entre 1983 e 1989. O noble está dotado legalmente de curso legal aínda que, do mesmo xeito que o krugerrand de Suráfrica, o seu valor vén definido unicamente polo do seu contido en platino, e non posúe valor numismático.[1]

Ademais, esta ceca foi recoñecida pola produción doutras moedas de prestixio, como o angel de ouro, tamén para a Illa de Man, entre 1984 e 2016. E en 1999, a Pobjoy Mint cuñou a primeira moeda do mundo de titanio, con valor facial de cinco libras, para Xibraltar.[1]

Estados e gobernos

Pobjoy Mint cuñou moedas circulantes, conmemorativas non circulantes e probas numismáticas por encarga de arredor do 20 % dos gobernos e bancos centrais do mundo, e ademais levou a cabo labores parciais baixo subcontratación de diversas casas de moeda nacionais. Paralelamente, produciu un bo número de medallas, destacadamenmte para Hong Kong, Malaisia e diversos estados árabes. A ceca produciu oitenta modelos de medallas para o Fondo Mundial para a Natureza.

Pobjoy Mint produciu moeda para os seguintes territorios do mundo:[7]

Premios acadados

Pobjoy Mint foi merecedor do Premio Moeda do Ano en 1986 e este foi seguido por outros premios internacionais:[8]

Premio Moeda do Ano

Artigo principal: Premio Moeda do Ano.

Desde 1984, a editora estadounidense Krause Publications concede o Premio Moeda do Ano, en dez categorías. Estes son os premios acadados por moedas cuñadas pola Pobjoy Mint.[8][9]

  • 2011: Moeda máis anovadora. 2 libras (prata) do BIOT, de 2009.[10]
  • 2009: Moeda máis anovadora. 50 dólares (prata) das Illas Virxes, de 2007.[11]
  • 2004: Moeda máis anovadora. 60 peniques (bimetálica) da Illa de Man, de 2002.
  • 2003: Moeda máis inspiradora. 1 coroa (cuproníquel) de Xibraltar, de 2001.
  • 2000: Moeda Máis inspiradora. 14 euros (prata) de Bosnia e Herzegovina, de 1998.
  • 1999: Moeda máis inspiradora. 10 leone (prata) de Serra Leoa, de 1997.
  • 1998: Mellor evento contemporáneo. 14 euros (prata) de Bosnia e Herzegovina, de 1996.
  • 1995: Moeda máis popular. 1 coroa (cuproníquel) de Xibraltar, de 1993.
  • 1992: Moeda do ano. 1 coroa (cuproníquel) da Illa de Man, de 1990.
  • 1992: Mellor moeda de gran módulo. 1 coroa (cuproníquel) da Illa de Man, de 1990.
  • 1992: Moeda máis anovadora. 1 coroa (cuproníquel) da Illa de Man, de 1990.
  • 1992: Moeda máis popular. 1 coroa (prata) da Illa de Man, de 1990.
  • 1989: Mellor moeda de gran módulo. 50 dólares (prata) das Illas Cook, de 1987.
  • 1986: Mellor moeda de ouro. Angel (ouro) da Illa de Man, de 1984.

Premio Coin Constellation

  • 2009: Premio á solución artística. 1 coroa (prata) da Illa de Man de 2008.[8][12]

Premio Children Society

  • 1994: polo apoio e a participación de Pobjoy Mint na apelación Daily Mail Le Walk.[8]

Premio Vreneli

Artigo principal: Premio Vreneli.
  • 1993: premio de Münzen-Revue pola destacada contribución á numismática.[8]

Premios da American Numismatic Association Awards

  • 1993: ANA Appreciation Award, pola destacada contribución á numismática.[8]
  • 1992: Medalla ao mérito, pola dedicación e o servizo á ANA.[8]

Premio da Raíña á Exportación

  • 1990: polos seus logros acadados na exportación.[8]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "About us Arquivado 23 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Pobjoy.com
  2. 2,0 2,1 "The Pobjoy Mint". En Coin Week.
  3. 3,0 3,1 Starck, J. (2015). "Pobjoy Mint celebrates 50 years of designing coins for collectors". En Coin World. 22 de xullo.
  4. "Pobjoy Mint Stamp Division Arquivado 14 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Pobjoystamps.com
  5. "Virenium". The British Museum.
  6. "Virenium ® Arquivado 26 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.". Pobjoy.com
  7. "Governments Arquivado 07 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Pobjoy.com
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 "Awards Arquivado 10 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Pobjoy.com
  9. Scarinci, D. (2015). "introduction". En Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
  10. "Krause Publications Announces Coin of the Year Award Winners". En Coins Weekly. 17 de novembro de 2010.
  11. "COTY goes to Mongolia". En Numismatic News. 11 de febreiro de 2009.
  12. "1 Crown - Elizabeth I". Numista.com

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Questa voce sull'argomento contee dell'Ohio è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Contea di Champaigncontea LocalizzazioneStato Stati Uniti Stato federato Ohio AmministrazioneCapoluogoUrbana Data di istituzione1805 TerritorioCoordinatedel capoluogo40°06′39″N 83°45′05″W / 40.110833°N 83.751389°W40.110833; -83.751389 (Contea di Champaign)Coordinate: 40°06′39″N 83°45′05″W / 40.11...

 

Dalam nama Korean ini, nama keluarganya adalah Choi. Choi Gwi-hwaGwi-hwa pada tahun 2019Lahir3 Maret 1978 (umur 46)Korea SelatanPekerjaanPemeranTahun aktif1997–sekarangAgenMr. Choi[1] Nama KoreaHangul최귀화 Alih AksaraChoe GwihwaMcCune–ReischauerCh'oe Kwihwa Choi Gwi-hwa (Hangul: 최귀화; lahir 3 Maret 1978) adalah pemeran Korea Selatan. Karir Choi Gwi-hwa bergabung dengan Meulmye Theatre Company di Bucheon pada tahun 1997. IPada tahun 1999 ia mulai mengasa...

 

Kota Tikal di Cekungan Petén Cekungan Petén adalah sebuah istilah yang mengacu kepada wilayah di Mesoamerika yang terletak di Departemen Petén di Guatemala. Wilayah ini dikenal sebagai tempat berdirinya kota-kota besar peradaban Maya pada zaman Praklasik Akhir dan Klasik, seperti kota Tikal dan Calakmul. Situs arkeologi La Sufricaya dan Holmul juga terletak di wilayah ini. Bacaan lanjut Coe, Michael D. (1987). The Maya. Ancient peoples and places series (edisi ke-4th revised). London and N...

Feckenham Forest Feckenham Forest was a royal forest, centred on the village of Feckenham, covering large parts of Worcestershire and west Warwickshire. It was not entirely wooded, nor entirely the property of the King. Rather, the King had legal rights over game, wood and grazing within the forest, and special courts imposed harsh penalties when these rights were violated. Courts and the forest gaol were located at Feckenham and executions took place at Gallows Green near Hanbury. The legal...

 

Style of amateur wrestling This article is about Greco-Roman Wrestling. For this style of wrestling practiced in American high schools, see scholastic wrestling. For the style practiced in American colleges, see collegiate wrestling. This article's factual accuracy may be compromised due to out-of-date information. Please help update this article to reflect recent events or newly available information. (September 2016) Greco-Roman wrestlingA Greco-Roman wrestling match at the 2004 U.S. Nation...

 

Section of U.S. Numbered Highway in Minnesota, United States This article is about the section of U.S. Route 10 in Minnesota. For the entire route, see U.S. Route 10. U.S. Highway 10US 10 highlighted in redRoute informationMaintained by MnDOTLength275.473 mi[1] (443.331 km)ExistedNovember 11, 1926[2]–presentMajor junctionsWest end US 10 / I-94 BL at Fargo, NDMajor intersections US 75 / I-94 BL at Moorhead US 59 / MN ...

2003 studio album by Joan BaezDark Chords on a Big GuitarStudio album by Joan BaezReleasedSeptember 9, 2003[1]RecordedAllaire Studios, Shokan, New York, January - April 2003GenreFolkLength44:38LabelKochProducerMark SpectorJoan Baez chronology Gone From Danger(1997) Dark Chords on a Big Guitar(2003) Bowery Songs(2005) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllmusic[1] Dark Chords on a Big Guitar is the twenty-fourth studio album (and twenty-sixth overall) by Joan ...

 

1925 film Barriers Burned AwayTrade advertisementDirected byW.S. Van DykeWritten byLeah BairdBased onBarriers Burned Awayby Edward Payson RoeProduced byArthur F. BeckStarringMabel BallinEric MayneFrank MayoCinematographyAndré BarlatierProductioncompanyEncore PicturesDistributed byPathé ExchangeRelease date January 4, 1925 (1925-01-04) Running time70 minutesCountryUnited StatesLanguageSilent (English intertitles) Barriers Burned Away is a 1925 American silent historical drama ...

 

Herff Jones, LLCCompany typeSubsidiaryIndustrySchool services and recognition productsFoundedJanuary 6, 1920HeadquartersIndianapolis, IndianaKey peopleHarry J. Herff (founder) Randall H. Jones (founder) Steve Down (CEO)ProductsHigh school & college class rings, graduation caps and gowns, school yearbooks, graduation frames and announcements, champion and cheer jewelryOwnerVarsity BrandsNumber of employees4,000 employees and 700 sales representativesParentAtlas HoldingsWebsiteHerff Jones ...

English film director (1944–2004) Brian GibsonBorn22 September 1944 (1944-09-22)Southend-on-Sea, Essex, EnglandDied4 January 2004 (2004-01-05) (aged 59)London, EnglandOccupation(s)Film director, television directorYears active1960s–2002 Brian Gibson (22 September 1944 – 4 January 2004) was an English film and television director. Early life and education Gibson was born 22 September 1944 in Southend-on-Sea, Essex.[1] His mother, Victoria,[2] was a sho...

 

В Википедии есть статьи о других людях с такой фамилией, см. Арсеньев. Илья Александрович Арсеньев Портрет 1862 г. Дата рождения 1820(1820) Место рождения Москва Дата смерти 16 (28) февраля 1887(1887-02-28) Место смерти Санкт-Петербург Подданство  Российская империя Род деятель...

 

Genus of flowering plants Flacourtia Flacourtia indica Scientific classification Kingdom: Plantae Clade: Tracheophytes Clade: Angiosperms Clade: Eudicots Clade: Rosids Order: Malpighiales Family: Salicaceae Subfamily: Salicoideae Tribe: Saliceae Genus: FlacourtiaComm. ex L'Hér.[1] Type species Flacourtia ramontchiL'Hér.[2] Species See text Synonyms[1] Donzellia Ten. in Index Seminum (NAP, Neapolitano) 1839: 11 (1839) Stigmarota Lour. in Fl. Cochinch.: 633 (1790) Thac...

Jügderdemidiin GürragchaaЖүгдэрдэмидийн ГүррагчааJügderdemidiin GürragchaaLahir5 Desember 1947 (umur 76)Gurvanbulag, Bulgan, MongoliaKebangsaanMongoliaPekerjaanInsinyur penerbanganKarier luar angkasaKosmonot IntercosmosPangkatMayor Jenderal, Angkatan Udara MongoliaWaktu di luar angkasa7 hari 20 jam 42 menitSeleksiKelompok Intercosmos 1978MisiSoyuz 39Lambang misi Ini adalah sebuah nama Mongolia. Nama pemberiannya adalah Gürragchaa, dan nama Jügderdemidiin ada...

 

格奥尔基·马林科夫Гео́ргий Маленко́в苏联共产党中央书记处书记(排名第一)任期1953年3月5日—1953年3月13日前任约瑟夫·斯大林继任尼基塔·赫鲁晓夫(第一书记)苏联部长会议主席任期1953年3月5日—1955年2月8日前任约瑟夫·斯大林继任尼古拉·布尔加宁 个人资料出生1902年1月8日[儒略曆1901年12月26日] 俄罗斯帝国奥伦堡逝世1988年1月14日(1988歲—01—14)(86歲)&#...

 

周處除三害The Pig, The Snake and The Pigeon正式版海報基本资料导演黃精甫监制李烈黃江豐動作指導洪昰顥编剧黃精甫主演阮經天袁富華陳以文王淨李李仁謝瓊煖配乐盧律銘林孝親林思妤保卜摄影王金城剪辑黃精甫林雍益制片商一種態度電影股份有限公司片长134分鐘产地 臺灣语言國語粵語台語上映及发行上映日期 2023年10月6日 (2023-10-06)(台灣) 2023年11月2日 (2023-11-02)(香�...

2020年夏季奥林匹克运动会波兰代表團波兰国旗IOC編碼POLNOC波蘭奧林匹克委員會網站olimpijski.pl(英文)(波兰文)2020年夏季奥林匹克运动会(東京)2021年7月23日至8月8日(受2019冠状病毒病疫情影响推迟,但仍保留原定名称)運動員206參賽項目24个大项旗手开幕式:帕维尔·科热尼奥夫斯基(游泳)和马娅·沃什乔夫斯卡(自行车)[1]闭幕式:卡罗利娜·纳亚(皮划艇)&#...

 

Brazilian businessman Luciano HangHang in 2019Born (1962-10-11) 11 October 1962 (age 61)Brusque, Santa Catarina, Brazil[1]Other namesVéio da Havan[2][3]Alma materBlumenau Regional UniversityOccupationBusinessmanKnown forCo-founder, Havan department store chainPolitical partyMDB (1985–2018)SpouseAndrea HangChildren3 Luciano Hang (born 11 October 1962)[1] is a Brazilian billionaire businessman, the co-founder of the Havan department store c...

 

Francobollo che ritrae Felice Matteucci e Eugenio Barsanti Felice Matteucci (Lucca, 12 febbraio 1808 – Capannori, 13 settembre 1887) è stato un ingegnere e inventore italiano. Brevetto inglese per il motore Barsanti-Matteucci (12 giugno 1857) conservato presso l'archivio del Museo Galileo Modello del motore Barsanti-Matteucci all'osservatorio Ximeniano di Firenze Con Eugenio Barsanti realizzò il primo motore a combustione interna. Indice 1 Biografia 2 Opere 3 Dediche 4 Note 5 Bibliografia...

خاتوشيلي الثالث   معلومات شخصية الميلاد القرن 13 ق.م  حاتي  تاريخ الوفاة القرن 13 ق.م  الزوجة بودوهيبا  [لغات أخرى]‏  الأولاد مات نفرو رع  الأب مورشيلي الثاني  إخوة وأخوات مواتالي الثاني  الحياة العملية المهنة حاكم  تعديل مصدري - تعديل   خاتوشيل...

 

American-bred Thoroughbred racehorse Vagrant1877 drawing by T.J. ScottSireVirgilGrandsireVandalDamLazyDamsireScythian (GB)SexGeldingFoaled1873CountryUnited StatesColourBayBreederMilton H. SanfordOwner1) Thomas J. Nichols 2) William B. Astor, Jr.3) James J. BevinsTrainerA. Davis Pryor (at 3)James WilliamsRecord88: 20-12-12Earnings$13,875Major winsAlexander Stakes (1875)Belle Meade Stakes (1875)Sanford Stakes (1875)Colt Stakes (1875)Colt and Filly Stakes (1875)Phoenix Hotel Stakes (1876)Grand E...