Pepe Carballude
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carballude.
Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
Traxectoria
Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. Actualmente xubilado, foi profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo.
Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.
Obra
Literatura infanto-xuvenil
- O xílgaro pintor, 1987, Galaxia (narrativa infantil).
- Os gazafellos, 1987, S. M. (narrativa infantil).
- Andainas de Pedro Chosco, 1989, S. M. (narrativa infantil).
- O talismán dos druídas, 1989, Galaxia (narrativa xuvenil).
- Investigación 091, 1989, S. M. (novela xuvenil). Foi traducida ao catalán.[1]
- Os enredos de Olalla, 1990 (narrativa infantil).
- O deus desaparecido, 1991, S. M. (narrativa).
- A fraga misteriosa, 1992, S. M. (narrativa xuvenil).
- A historia do home-can, 1993 S. M. - Everest (narrativa infantil).
- S.O.S., 1994, Galaxia (novela xuvenil).
- Romaxe de desventuras, 1997, Edebé-Rodeira (narrativa xuvenil). Foi traducida ao castelán.[2]
- ¡Maldito D.N.I.!, 1998, Xerais (novela xuvenil).
- Andrea quere ser maior, 1999, Everest Galicia (narrativa infantil).
- Os enredos de Olalla, 1999, Everest Galicia (narrativa infantil).
- Mimos e máis mimos, 1999, Galaxia (narrativa infantil).
- Paisaxe con fondo gris, 2001, Galaxia (novela xuvenil).
- De cómo o Santo dos Croques se fai peregrino, 2002 (narrativa infantil).
- Os Gazafellos, 2006, Galaxia (narrativa xuvenil).
- Miña avoa ten 13 anos, 2006, Tambre (narrativa infantil).
- Xograres dun tempo novo, 2009, Everest Galicia (narrativa xuvenil).
- Marxinados, 2014, Galaxia (narrativa xuvenil).
- A vida diaria dos romanos (2021). Xerais, col. Seica. Ilustracións de Jorge Campos Sánchez. 88 páxs. ISBN 978-84-9121-859-3. ePub: ISBN 978-84-9121-855-5.
- In memoriam (2021). Vigo: Xerais, col. Fóra de Xogo. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-904-0. ePub: ISBN 978-84-9121-924-8.
Traducións
Obras colectivas
Recoñecementos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|