Palikir

Modelo:Xeografía políticaPalikir

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°55′04″N 158°11′06″L / 6.9178, 158.185
EstadoEstados Federados de Micronesia
Estado federadoEstado de Pohnpei Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación6.227 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude80 m Editar o valor en Wikidata

Palikir é unha cidade con preto de 4.600 habitantes, é a capital dos Estados Federados de Micronesia no océano Pacífico occidental des 1989.[1][2][3] Forma parte do moito máis grande municipio de Sokehs, que tiña unha poboación de 7.000, habitantes no 2009 nunha nación cunha poboación total de 106.487 habitantes. Sitúase no lado do noroeste da illa de Pohnpei (poboación 33.000 habitantes), unha alta illa volcánica rodeada por un arrecife coralino. Cerca ao nordés atópase o asentamento máis grande da illa, a cidade costera de Kolonia (Kolonia).[4]

Xeografía

Palikir está localizado no noroeste da illa de Ponape (antes denominada Pohnpei), que xunto con outras illas forman o Estado de Pohnpei, un dos catro que conforman a federación. Palikir constitúe o centro dun distrito rural, de 9.900 habitantes (2004), situado a seis millas ao oeste de Kolonia (a capital dese co-estado de Pohnpei).

Palikir é a nova capital dos Estados federados, substituíndo a Kolonia, sita na mesma illa e que segue a ser a poboación máis importante; porén a cidade maior da federación micronésica é Weno, que está no Estado de Chuuk).

Historia

Era o lugar dun campo de aviación (Palikir Airfield Number 2), construído pola mariña xaponesa, ás ordes do capitán Kitawaga. Unha vez rematado, non chegou a utilizarse, pois foi bombardeado pouco despois.

O lugar foi reutilizado para albergar as edificacións, do goberno e do congreso dos Estados federados, construídas nos anos da década de 1980. A cidade, esencialmente administrativa, acolle tamén os despachos da presidencia e dos dirixentes dos catro Estados federados.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. "Micronesia, Federated States of" (PDF). Federal Aviation Administration. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 24 de decembro de 2013. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  2. "Pohnpei: underwater reef". Kids.britannica.com. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  3. "National Government". FSM Government. Consultado o 7 de abril de 2013. 
  4. "Palikir". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 7 May 2013.