Flying Fish Cove é o asentamento máis importante e a capital da Illa de Nadal. A cidade atópase bañada polas augas do océano Índico. Aínda que orixinalmente foi chamada así polo nome do buque británico peixe voador. En moitos mapas a cidade aparece simplemente como «The Settlement» (o asentamento),[1] trátase do primeiro asentamento inglés na illa, establecido en 1888.
Ao redor dunha terceira parte da poboación do territorio, uns 1 600 habitantes, reside en Flying Fish Cove. O asentamento atópase localizado no extremo nordeste da illa. Dispón dun pequeno porto que presta servizo aos iates propiedade dos turistas, así como dun pequeno aeródromo situado algúns quilómetros ao sueste. Ademais é posible practicar o mergullo nas praias de Flying Fish Cove.[2] A poboación está formada na súa maioría por chineses, unha minoría de malaios e unha escasa presenza de australianos.
Notas
↑Christmas Island settlement [electronic resource] / produced by the Royal Australian Survey Corps under the direction of the Chief of the General Staff. Ed. 2-AAS. Canberra : Royal Australian Survey Corps, 1983. Scale 1:10 000 transverse Mercator proj. “Series R911”
Golder Associates.(1995) Landslide risk assessment, Flying Fish Cove, Christmas Island, Indian Ocean : submitted to Australian Construction Services. Leederville, W.A. : Golder Associates. "October 1995"