Olaus Magnus

Modelo:BiografíaOlaus Magnus

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Olof Månsson Editar o valor en Wikidata
outubro de 1490 Editar o valor en Wikidata
Linköping Cathedral Congregation, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1557 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRoma Editar o valor en Wikidata
Roman Catholic archbishop of Uppsala (en) Traducir
4 de xuño de 1544 – 1 de agosto de 1557
← Johannes Magnus (pt) TraducirSupresión do cargo →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoSuecos Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Rostock (1520–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncartógrafo, antropólogo, bispo católico, Sacerdote católico de rito romano, diplomático, historiador, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJohannes Magnus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Olaus Magnus)
Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1035293 Discogs: 2356055 Editar o valor en Wikidata

Olaus Magnus, nado en outubro de 1490 en Skeninge (Östergötland, Suecia) e finado o 1 de agosto de 1557 en Roma, foi un escritor e eclesiástico sueco.

Carta marina de Olaus Magnus

Naceu no lugar de Skeninge, e era irmán de Johannes Magnus, o derradeiro arcebispo católico de Suecia. Estudou en Rostock, foi cóengo en Uppsala e Linköping e arquicóengo de Strängnäs. Foi enviado en misión a Roma en 1524 por Gustavo I para obter a ordenación do seu irmán como arcebispo de Uppsala, mais o triunfo da Reforma en Suecia mantívoo no exilio, e as propiedades da súa familia foron confiscadas.

Primeiro residiu en Danzing, onde coñeceu ao portugués Damião de Góis, de onde tirou os seus coñecementos dos territorios orientais. Instalouse en Roma en 1537 actuando como secretario de seu irmán e, en 1544 á morte deste, o papa Paulo III nomeouno o seu sucesor no arcebispado de Uppsala, título honorífico por non ser Suecia xa país católico.

Participou no Concilio de Trento (1545-1549). Pasou os seus últimos anos no mosteiro de Santa Bríxida en Roma.

A súa obra principal foi Historia de Gentibus Septentrionalibus, editada en 1555 en Roma, unha obra en 22 libros sobre a xeografía, tradicións, costumes, asuntos eclesiásticos e xurídicos dos pobos escandinavos.

Tamén é autor da Carta marina (1539), o máis antigo mapa dos países nórdicos que da detalles e nomes de lugares.