Odón de Habsburgo-Lorena Nome orixinal (de) Otto von Habsburg Nacemento (de) Franz Joseph Otto Robert Maria Anton Karl Max Heinrich Sixtus Xaver Felix Renatus Ludwig Gaetan Pius Ignatius Habsburg 20 de novembro de 1912 Reichenau an der Rax (Imperio Austrohúngaro)
Morte 4 de xullo de 2011 (98 anos)Pöcking, Alemaña Lugar de sepultura Cripta Imperial de Viena Eurodeputado 19 de xullo de 1994 – 19 de xullo de 1999 Eurodeputado 25 de xullo de 1989 – 18 de xullo de 1994 Eurodeputado 24 de xullo de 1984 – 24 de xullo de 1989 Eurodeputado 17 de xullo de 1979 – 23 de xullo de 1984 Head of the House of Habsburg (en) 1 de abril de 1922 – 4 de xullo de 2011 ← Carlos I de Austria – Carlos de Habsburgo-Lorena →
Residencia Pöcking (1954–) Estados Unidos de América (1940–1944) Bélxica (1929–) Illa de Madeira (1922–) Schloss Eckartsau (en) (–1919) Suíza (1919–1921) Lekeitio Relixión Catolicismo Educación Universidade Católica de Lovaina (KU Leuven) (pt) - Ciências do Estado (pt) , ciencia social (1929–1935) Benedictine High School of Pannonhalma (en) Lugar de traballo Estrasburgo Bruxelas Ocupación político Partido político Unión Social Cristiá de Baviera Membro de Título Arquiduque (1912–1916) Duke of Bar (en) Príncipe herdeiro Familia Casa de Habsburgo-Lorena (pt) Cónxuxe Princess Regina of Saxe-Meiningen (1951–2010) , morte do cónxuxe Fillos Michaela de Habsburgo-Lorena , Mônica, Duquesa de Santángelo , Gabriela da Áustria , Valburga, Condessa Douglas , Carlos de Habsburgo-Lorena , Georg Habsburg-Lothringen , Andréa, Condessa Herdeira de Neipperg Pais Carlos I de Austria e Zita de Bourbon-Parma Irmáns Adelaide da Áustria (1914–1971) Roberto da Áustria-Este Archduke Felix of Austria Archduke Carl Ludwig of Austria Archduke Rudolf of Austria Carlota da Áustria Archduchess Elisabeth of Austria Sinatura
Descrito pola fonte Obálky knih , Sitio web otto.twschwarzer.de
Odón de Habsburgo-Lorena en 2004.
Odón de Habsburgo-Lorena e Borbón-Parma [ 1] (en alemán : Otto von Habsburg-Lothringen und Bourbon-Parma ), nado en Villa Warholz , Reichenau an der Rax , Baixa Austria o 20 de novembro de 1912 e finado en Pöcking , Baviera , Alemaña o 4 de xullo de 2011 ),[ 2] foi o fillo máis vello de Carlos I de Austria e IV de Hungría , último emperador de Austria e rei de Hungría , e da súa esposa Zita de Borbón-Parma .
Liderou durante 85 anos (de 1922 a 2007 ) a dinastía Habsburgo e foi o titular de todas as súas pretensións. Renunciou aos seus dereitos o 1 de xaneiro de 2007 a favor de seu fillo o arquiduque Carlos . Dinasticamente foi sobriño bisneto de Francisco Xosé I , emperador de Austria-Hungría , de Maximiliano I de México e do arquiduque Luís Vitor de Austria .
Ostentou o nome oficial de "Súa Alteza Imperial e Real Francisco Xosé Odón Roberto María Antón Carlos Maximiliano Henrique Sisto Xabier Fiz Renato Lois Caetano Pío Ignacio , Príncipe Imperial, Arquiduque de Austria, Príncipe Real de Hungría e de Bohemia", aínda que desde 1919 (confirmado en 1959 ) en Austria foi oficialmente o Dr. Otto Habsburg-Lothringen .
Político, periodista e escritor, foi durante vinte anos (1979-1999), membro do Parlamento Europeo polo partido Unión Social Cristiá de Baviera (CSU) e presidente da Unión Internacional Paneuropea . Tivo as cidadanías austríaca , húngara , alemá
e croata .
Devanceiros
Antepasados de Odón de Habsburgo-Lorena
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas