Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Coedo.
O Coedo é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2018 tiña 5 habitantes (2 mulleres e 3 homes), os mesmos ca en 2016.
Antigamente no Coedo había feira os días 4 de cada mes.
Toponimia
O topónimo pode ser un fitónimo derivado de coletum -do radical grecolatino caulis/colis: col, coia-. Parece pouco verosímil que teña que ver con coio, palabra de orixe celta[1].
Alcumes populares en Buciños
Fidalguía en Lendorrío;
Letrados, os de Trasar;
Touciñeiros, en Loureiro de Arriba;
Mantequeiros, en Loureiro de Abaixo;
Paxareiros, os do Coedo;
Manteleiros, en Surrego;
Noveleiros, en Trasmonte;
Galiñas chocas, no Barrio;
Esparabanos, na Torre;
Borristas, os de San Trocado;
E Fantesía, na Eirexiña;
E calcapelicos, os de Vidueiros
[2]
Lugares e parroquias
Lugares de Buciños
Parroquias de Carballedo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos