Nelly Furtado (2017) |
Nome orixinal | (en) Nelly (pt) Nelly Kim Neto Furtado |
---|
|
Nacemento | (en) Nelly Kim Furtado 2 de decembro de 1978 (46 anos) Victoria, Canadá |
---|
Grupo étnico | Azorean Canadians (en) e Luso-canadianos (pt) |
---|
Educación | Mount Douglas Secondary School (en) |
---|
Altura | 158 cm |
---|
|
Ocupación | cantante, cantautora, produtora musical, guitarrista, musicóloga, actriz, actriz de cinema |
---|
Período de actividade | 1996 - |
---|
Xénero artístico | Música pop, Rhythm and blues, música tradicional, música hip hop, música latina, folk e R&B contemporáneo |
---|
Tesitura | Mezzosoprano
|
---|
Instrumento | Guitarra, teclado, piano, baixo, ukelele, Trombón e voz |
---|
Selo discográfico | DreamWorks Records Interscope Records Mosley Music Group (pt) Geffen Records Universal Music Latin Entertainment |
---|
|
Cónxuxe | Hodgy (2017–) Demacio Castellon (2008–2016) |
---|
Parella | Timbaland Justin Timberlake |
---|
Fillos | Nevis Gahunia () |
---|
|
|
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | nellyfurtado.com |
---|
|
Nelly Kim Furtado, nada en Victoria, Columbia Británica, Canadá, o 2 de decembro de 1978, é unha cantante, compositora e produtora luso-canadense.
Traxectoria
Furtado saltou á fama a finais do ano 2000 ao lanzar o seu álbum debut, Whoa, Nelly!, desprendendo o seu éxito gañador do Grammy por Mellor Actuación Vocal Feminina de Pop, "I'm Like a Bird". Logo de converterse en nai, lanzou Folklore en 2003, un álbum menos exitoso comercialmente, con sinxelos como "Powerless (Say What You Want)", "Try" e "Força", que foi o himno oficial da Eurocopa de Fútbol de 2004.
En 2006 regresa baixo as influencias musicais do produtor Timbaland e lanza o seu álbum máis exitoso Loose, do que se extraen catro grandes éxitos internacionais: "Promiscuous", "Maneater", "All Good Things (Come to an End)" e "Say It Right". En 2009 lanza o seu cuarto álbum e o primeiro en español, Mi Plan con sinxelos como, "Manos al Aire", "Más", "Fuerte" e "Bajo Otra Luz" coa colaboración de Julieta Venegas e La Mala Rodríguez. O álbum recibiu un Grammy Latino por Mellor Álbum Pop Vogal Feminino.
Celebrando os seus 10 anos de carreira lanza, The Best of Nelly Furtado en novembro de 2010 desprendendo o sinxelo "Night Is Young".
Furtado é coñecida por experimentar con diferentes instrumentos, sons, estilos vocais e idiomas. Esta diversidade foi influenciada polo seu gusto musical de grande alcance e o seu interese en diferentes culturas.
Vendeu mais de 25 millóns de álbums en todo o mundo, os cales chegaron a ocupar os primeiros postos no Billboard. No 2007 colocouse na lista das mulleres cantautoras máis exitosas de todos os tempos.[1]
Discografía
- Álbums de estudio
- 2000: Whoa, Nelly!
- 2003: Folklore
- 2006: Loose
- 2009: Mi Plan
- 2012: LifeStyle
- Compilacións, EP's e reximes
- 2004: Sessions@AOL
- 2006: Live Session (Itunes Exclusive)
- 2007: Loose: The Concert
- 2008: Edición Limitada en Español
- 2010: Mi Plan Remixes
- 2010: The Best of Nelly Furtado
- Sinxelos
- "Party's Just Begun (Again)"
- "I'm Like A Bird"
- "Turn Off The Light"
- "...On The Radio (Remember The Days)"
- "Hey, Man!"
- "Powerless (Say What You Want)"
- "Try"
- "Força"
- "Explode"
- "The Grass Is Green"
- "No Hay Igual" (con Calle 13)
- "Promiscuous" (con Timbaland)
- "Maneater"
- "Te busqué" (con Juanes)
- "Say It Right"
- "All The Good Things (Come to an End)"
- "In God's Hands"
- "Do It"
- "Manos al Aire"
- "Más"
- "Bajo Otra Luz" (con Julieta Venegas e La Mala Rodríguez)
- "Night Is Young"
- "Fuerte" (con Concha Buika)
Xiras
- 2001: Burn In The Spotlight Tour
- 2004: Come As You Are Tour
- 2006—2008: Get Loose Tour
- 2010: Mi Plan Tour
Filmografía
Ano
|
Título
|
Papel
|
Notas
|
2001 |
Roswell |
Ela mesma |
Interpretando I'm like a bird.
|
2006 |
Floribella |
Ela mesma |
Interpretando Maneater.
|
2007 |
One Life to Live |
Ela mesma |
Interpretando Say It Right e Promiscuous.
|
CSI: NY 3x15 |
Ava Brandt |
Interpretando a unha criminal profesional acusada de asasinato.
|
Punk'd |
Ela mesma |
Vítima dunha broma televisiva.
|
2008 |
Max Payne |
Christa Balder |
Esposa do mellor amigo do protagonista.
|
2010 |
Big Brother Brasil |
Ela mesma |
Reality show do Brasil.[2]
|
Score: A Hockey Musical |
Fan de Hockey |
Musical canadense de comedia, drama e deportes.
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas