Combinando os estudos de secundaria coa formación musical, Julieta foi invitada a unirse ao grupo de reggae/ska Chantaje, convertido posteriormente en Tijuana No. Durante a súa participación na banda, en colaboración con Álex Zúñiga, compuxo a canción "Pobre de ti", que se convertería na máis popular da banda.
Tras formar outro grupo chamado Lula, Julieta aprendeu a tocar o acordeón e empezou a compoñer con el as que serían as cancións do seu primeiro disco, Aquí. Pouco despois de disolverse o grupo, Julieta comezou a actuar en vivo como solista. Neste período, comezou (coa participación de Fratta e Rafa González) un novo proxecto máis persoal chamado La Milagrosa (tomado dun libro do mesmo nome obra de Carmen Boullosa), un pseudónimo co que a xente comezou a recoñecer a Julieta. Esta confusión semántica levou a Julieta a lanzar Aquí simplemente como un álbum de "Julieta Venegas". Durante o desenvolvemento deste proxecto, Julieta tivo unha participación vocal no disco Acústico desliz de Fratta, no cal tamén tomaron parte Ely Guerra e Rita Guerrero.
Co apoio de BMG, Julieta gravou o seu primeiro disco como solista baixo a produción de Gustavo Santaolalla. Editado en 1997, Aquí colocou a Julieta Venegas como unha proposta inédita no ámbito da música popular en México.
En 2000Nacho Mastretta convidouna a participar no seu disco Luna de miel. Incluía doce cancións interpretadas por doce vocalistas femininas de diferentes países. Posteriormente, contribuíu con tres cancións á banda sonora de En el país de No Pasa Nada.
A finais de 2003 lanzou o álbum Sí, até entón o seu maior éxito comercial, o que lle permitiu abarcar un mercado máis amplo. Vendeu máis de medio millón de copias.
En xuño de 2006 participou en España no festival MTV Day xunto a Amaral e Keane, entre outros, e dous días máis tarde na celebración do 40 aniversario de Los 40 Principales. Cantou "Me voy" e "Nada fue un error" xunto a Coti. Participou na serie Yo soy Bea.
Ideoloxía
Declaracións políticas
En maio de 2007, Julieta Venegas declarouse a favor da lei en México que despenalizou o aborto antes das dúas semanas de embarazo: "Estou totalmente de acordo coa despenalización do aborto, porque é un tema de saúde. As mulleres teñen dereito a elixir sobre as súas vidas... é un gran paso". A declaración sumouse á doutros artistas de opinión similar.