Coja (pt)
Násir al-Din al-Tusí |
Nome orixinal | (fa) نصيرالدین طوسی |
---|
|
Nacemento | (ar) مُحمد بن مُحمد بن الحسن الطُوسي 18 de febreiro de 1201 Tus (Estado Ismailí Nizarí)
|
---|
Morte | 26 de xuño de 1274 (73 anos) Kadhimiya (Ilkanato)
|
---|
Lugar de sepultura | Al-Kadhimiya Mosque (en) 33°22′48″N 44°20′17″L / 33.38, 44.338 |
---|
|
Visir Ilkanato |
---|
1256 – 1263 – Xameçadim Maomé ibne Maomé Juveini (pt) → |
|
|
Residencia | Tus Maymun-Diz (en) Castelo de Alamut (pt) Coistão (região histórica) (pt) Mosul Bagdad |
---|
Relixión | Xiísmo |
---|
|
Campo de traballo | Astronomía, Kalam (pt) , Filosofía islámica, matemáticas, química, bioloxía, física, medicina, Ética, filosofía, historia, dereito, teoloxía, xeografía, música, óptica, Mineraloxía, ocultismo e ciencia |
---|
Ocupación | filósofo, Marja (pt) , teólogo, da'i (en) , poeta, escritor, tradutor, autor, médico, polímata, científico, arquitecto, matemático, astrólogo, astrónomo, político |
---|
Período de tempo | Idade do Ouro islámica |
---|
Empregador | Alamut Library (en) Maragheh Observatory (en) |
---|
Movemento | Avicenismo (pt) |
---|
Profesores | Kamal al-Din bin Younis (pt) |
---|
Alumnos | Abd al-Karim Ibn Tawus (en) , Najm al-Dīn al-Qazwīnī al-Kātibī (pt) , Qutb al-Din al-Shirazi (pt) , Al-Hilli (en) , Ibn al-Fuwati (pt) , Shams al‐Dīn al‐Bukhārī (en) e Hasan ibn Muḥammad Astarābādī (en) |
---|
Influencias | |
---|
|
Conflito | Mongol campaign against the Nizaris (en) Cerco de Bagdá (pt) |
---|
Mecenas | Nasir al-Din Abu al-Fath Abd al-Rahim ibn Abi Mansur (en) Rukn al-Din Khurshah (en) Ala al-Din Muhammad III (en) Hulagu Khan |
---|
|
Obras destacables |
Doutorando | Qutb al-Din al-Shirazi (pt) , Najm al-Dīn al-Qazwīnī al-Kātibī (pt) e Al-Hilli (en) |
---|
|
Descrito pola fonte | al-Aʻlām (Dār al-ʻIlm, 2002) (en) , (vol:7, p.30) Svensk uppslagsbok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
---|
|
Abu Jafar Muhammad Ibn Muhammad Ibn al-Hasan Násir al-Din al-Tusí, coñecido como Násir al-Din al-Tusí (escrito tamén como Nasir al-Dib al-Tusi e Nadir ad-Din at-Tusi) foi un filósofo, matemático, astrónomo, teólogo e médico persa, nado en Tus, Khorasán (daquela Persia e na actualidade Irán) en 1201 e finado en Khadimanin, preto de Bagdad, en 1274.
Cando os exércitos mongois de Xenxis Khan arrasaban Persia, al-Tusí fuxiu para reunirse cos ismailitas. As súas contribucións científicas máis importantes datan destes anos, mentres fuxía dunha fortaleza a outra. Finalmente entregouse ás tropas de Hulagu (un dos fillos de Xenxis Khan) despois da invasión do castelo de Alamut poles forzas mongois.
Escritor polifacético e moi prolífico, o seu nome está inmortalizado coa denominación dun cráter de 60 km de diámetro na Lúa.
Foi quizais o primeiro matemático medieval en tratar a trigonometría como unha disciplina ou rama separada do tronco das matemáticas, e así se desprende no seu Tratado sobre os cuadriláteros. Foi o primeiro en enumerar a lista dos seis casos distintos de ángulo recto nun triángulo esférico (trigonometría esférica). Os seus traballos en trigonometría levárono a ser o primeiro astrónomo oriental en ter unha visión clara da trigonometría plana e esférica.
Tusí elaborou táboas moi precisas sobre os movementos planetarios plasmándoos no seu libro Zij-i ilkhani (As táboas ilkhánicas). Estes libros contiñan posicións en formato tabular coas posicións dos planetas e o nome das estrelas. El sistema planetario proposto por el foi o máis avanzado da época e foi usado amplamente até a chegada do modelo heliocéntrico en tempos de Copérnico. Entre a época de Tolomeo e a de Copérnico considerouse a al-Tusí como o científico máis eminente no campo da observación astronómica.
Inventou unha técnica xeométrica denominada parella de Tusí que axuda á solución cinemática do movemento lineal como suma de dous movementos circulares. Al-Tusí calculou o valor de 51' para a precesión dos equinoccios e fixo enormes achegas á construción e uso dalgúns instrumentos astronómicos, incluíndo os astrolabios e os cuadrantes solares.
O famoso observatorio astronómico de Maragué (ao norte de Irán) construíuse para que este científico desenvolvera o seu traballo.
Véxase tamén
Ligazóns externas