Antes de inserirse na falanxe, o tendón está rodeado dunha estrutura fibrosa que o protexe. Na palma da man, a ambos os dous lados sitúanse os músculos lumbricais da man. Como os tendóns cruzan todo o pulso, a contracción do músculo pode flexionar tal articulación.
Orixe e insercións
Orixínase na superficie anterior e medial do cúbito e metade medial da membrana interósea. Insírese nas falanxes da segunda á quinta en forma de catro tendóns.
Función
Flexiona os dedos segundo a quinto.
Innervación
Os feixes laterais son innervados polo nervio mediano a través da súa póla o nervio interóseo anterior. Os feixes mediais son innervados polo nervio cubital.