O músculo[1] (do latín, musculus, diminutivo de mus, "rato"[2][3][4][5]) é o tecido contráctil do corpo; deriva da capa mesodérmica de células xerminais embrionarias. En conxunto, son cada un dos órganos carnosos que, con súa contractilidade, son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. O elemento anatómico constitutivo é a fibra muscular, que pode ser lisa ou estriada.[3] E por musculatura enténdese a agrupación de, ora todos os músculos do corpo, ora os dunha parte concreta do corpo[6] (por exemplo, a musculatura facial ou a musculatura cervical).
A súa función debe ser o feito de producir movemento de forza que fai posible a locomoción ou o movemento dentro dos órganos internos; os músculos contráense co obxectivo de desprazar ou mover partes do corpo, e transportar substancias no seu interior. En fisioloxía, o músculo é un dos catro tipos de tecidos. Os outros tres son o epitelio, o tecido conxuntivo e o tecido nervioso.[7]
Moitas das contraccións de músculos realízanse sen unha acción consciente, e son accións precisas para a supervivencia, como o é a contracción do corazón, ou o movemento peristáltico, que fai circular o alimento a través do sistema dixestivo. A contracción consiste na capacidade que teñen os músculos de diminuír de lonxitude nunha das dimensións e aumentala noutras.[8] A contracción de músculos voluntarios utilízase para mover o corpo, e pódese controlar minuciosamente, como son os movementos do ollo, ou movementos grandes como o do cuadríceps da coxa. O meirande é o glúteo maior (o cal, xunto co glúteo medio e o glúteo menor serven para erguerse e soster a pelve, por movementos do fémur e da coxa).[9]
Embrioloxía
Todos os músculos derivan do mesoderma paraxial.[10] O mesoderma paraxial divídese ó longo do embrión en somitos, que se corresponden coa segmentación do corpo (como se pode observar de maneira obvia na columna vertebral).[10] Cada somito ten 3 divisións, esclerotoma (que forma vértebras), dermatoma (que forma a pel) e miotoma (que forma os músculos).[10] O miotoma divídese en dúas seccións, o epímero e o hipómero, para formar músculos epaxiais e hipaxiais, respectivamente.[10] Nos seres humanos, os músculos epaxiais son só os músculos erector da columna (sacroespinais) e os pequenos músculos intervertebrais, e están innervados polas pólas dorsais dos nervios espiñais.[10] Todos os outros músculos, incluíndo os das extremidades, son hipaxiais, formados a partir do hipómero e innervados polas pólas ventrais dos nervios espiñais.[10]
Durante o desenvolvemento, os mioblastoss (células precursoras das fibras musculares) poden permanecer nos somitos para formar os músculos asociados coa columna vertebral ou migrar cara ao corpo para formar todos os outros músculos.[10] A migración dos mioblastos é precedida pola formación de tecido conxuntivo, en xeral formado a partir da somática placa lateral do mesoderma.[10] Os mioblastos seguen sinais químicas nos lugares axeitados, onde se funden en células alongadas de músculo esquelético.[10]
Estrutura
O músculo é un tecido formado por células fusiformes constituídas polo sarcolema, que é a membrana celular e o sarcoplasma que conteñen as organelas, o núcleo celular, mioglobina e un complexo armazón proteico de fibras chamadas actina e miosina cuxa principal propiedade, chamada contractilidade, é a de acurtar a súa lonxitude cando son sometidas a un estímulo químico ou eléctrico. Estas proteínas teñen forma helicoidal ou de hélice, e cando son activadas únense e rotan de forma que producen un acurtamento da fibra. Durante un só movemento existen varios procesos de unión e desunión do conxunto actina-mielina
Non contén estrías e é controlada de xeito involuntario. Forma os músculos das paredes do tracto dixestivo, urinario, vasos sanguíneos e o útero: músculos involuntarios ou viscerales.
É o sentido da postura ou posición no espazo, grazas a terminacións nerviosas incluídas no tecido muscular.
Información do estado fisiolóxico do corpo, por exemplo un cólico renal provoca contraccións fortes do músculo liso xerando unha forte dor, signo do propio cólico.
Achegue de calor, pola súa abundante irrigación, pola fricción e polo consumo de enerxía.
Estimulante dos vasos linfáticos e sanguíneos, por exemplo a contracción dos músculos da perna bombean axudando ó sangue venosa e á linfa a que se dirixan en contra da gravidade durante a marcha.
O músculo é o órgano de maior adaptabilidade, modifica máis que ningún outro órgano tanto o seu contido como a súa forma, dunha atrofia severa pode volver reforzarse en pouco tempo, grazas ó adestramento, do mesmo xeito que co desuso se atrofia conducindo ó músculo a unha diminución de tamaño, forza, ata redución da cantidade de organelas celulares. No músculo esquelético, se se inmobiliza en posición de acurtamento, ó cabo de pouco tempo adáptase á súa nova lonxitude requirindo adestramento a base de estiramentos para volver á súa lonxitude orixinal, ata se se deixa estirado un tempo, pode dar inestabilidade articular pola hiperlaxitud adoptada.