O Grupo D da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Uruguai, Costa Rica, Inglaterra e Italia. Ao termo dos enfrontamento, Costa Rica, a priori a selección máis feble do grupo, acabaría invicta no primeiro lugar con sete puntos, acompañandoa á seguinte fase a selección do Uruguai con 4. Igualada a puntos, máis con peor diferenza de goles, quedaría Italia, que sería eliminada xunto con Inglaterra, que tan só somou un punto.
Na última clasificación Mundial da FIFA antes do Mundial, que viu a luz o 5 de xuño de 2014, Uruguai ocupaba o sétimo posto, Italia o noveno, Inglaterra o décimo e Costa Rica o lugar número vinte e oito. A media do grupo corresponde ao lugar número catorce, sendo con exclusión da selección con peor coeficiente, Costa Rica, a clasificación media de nove.[1]
Participantes
O Grupo D está composto polas seguintes seleccións:[2]
A fase de grupos constou de seis partidos, cun total de tres partidos xogados por cada selección. Segundo o sistema de competición da FIFA, cada equipo acumulaba unha puntuación en función dos seus resultados: 3 puntos por vitoria (até 1994 eran só 2), 1 por empate, 0 por derrota. De acordo coa mesma, o catro equipos foron ordenados en forma descendente. No caso de que houbese dous ou máis con igual cantidade de puntos, os criterios de desempate foron os seguintes:
Maior diferenza de goles.
Maior número de goles anotados.
Maior número de puntos obtidos nos partidos disputados entre os equipos empatados.
Maior diferenza de goles nos partidos disputados entre os equipos empatados.
Maior número de goles anotados nos partidos disputados entre os equipos empatados.
Árbitros asistentes: Roberto Alonso (España)
Juan Carlos Yuste (España)
Cuarto árbitro: Alireza Faghani (Irán)
Quinto árbitro: Hassan Kamranifar (Irán)