O Itaipava Arena Pernambuco é un estadio de fútbol brasileiro construído en São Lourenço da Mata, concello da rexión metropolitana de Recife para os partidos da Copa das Confederacións de 2013 e da Copa do Mundo de 2014 no Estado de Pernambuco. Con categoría internacional, o estadio ten capacidade para 46.154 persoas e 4.700 prazas de estacionamento, sendo 800 cubertas. O estadio posúe 102 camarotes (1.600 asentos), 1.800 asentos business e 2.700 asentos premium. O espazo tem perfil multiuso, e será utilizado tamén após o Mundial para partidos de fútbol, outras competicións deportivas, feiras, convencións e grandes espectáculos. Ao seu redor, deseñouse un nova centro urbano será criada para aproveitar o desenvolvemento da zona Oeste da rexión metropolitana de Recife. O custo foi de 532 millóns de reais brasileiro. Alén dos torneos internacionais, é tamén o estadio do club de fútbol Náutico de Capibaribe e Sport Club do Recife.[1]
Notas