O Grupo C da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: Colombia, Grecia, Costa do Marfil e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Colombia, que contou os seus partidos con vitorias, e Grecia, que gañou o partido decisivo cun gol de penalti no minuto 93, clasificaronse á seguinte fase. Quedarían eliminadas Costa do Marfil, con 3 puntos, e o Xapón con 1.
Na última clasificación Mundial da FIFA antes do Mundial, que viu a luz o 5 de xuño de 2014, Colombia ocupaba o oitavo posto, Grecia o décimo segundo, Costa do Marfil o lugar número vinte e tres e o Xapón o corenta e seis. A media do grupo corresponde ao lugar número vinte e dous, sendo con exclusión da selección con peor coeficiente, Xapón, a clasificación media de catorce.[1]
Participantes
O Grupo C está composto polas seguintes seleccións:[2]
Datos
Antecedentes
Os equipos do grupo nunca se enfrontaran anteriormente entre si nunha Copa do Mundo da FIFA.[3]
Clasificación
Partidos
A fase de grupos constou de seis partidos, cun total de tres partidos xogados por cada selección. Segundo o sistema de competición da FIFA, cada equipo acumulaba unha puntuación en función dos seus resultados: 3 puntos por vitoria (até 1994 eran só 2), 1 por empate, 0 por derrota. De acordo coa mesma, o catro equipos foron ordenados en forma descendente. No caso de que houbese dous ou máis con igual cantidade de puntos, os criterios de desempate foron os seguintes:
- Maior diferenza de goles.
- Maior número de goles anotados.
- Maior número de puntos obtidos nos partidos disputados entre os equipos empatados.
- Maior diferenza de goles nos partidos disputados entre os equipos empatados.
- Maior número de goles anotados nos partidos disputados entre os equipos empatados.
- Sorteo do comité organizador.
Colombia - Grecia
Costa do Marfil - Xapón
Colombia - Costa do Marfil
Xapón - Grecia
Xapón - Colombia
Grecia - Costa do Marfil
Notas
Aclaracións
- ↑ A clasificación amosada, correspondente a outubro de 2013, foi a usada para a realización do sorteo.
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas