As moedas da libra neozelandesa comezaron a introducirse en Nova Zelandia en virtude da Lei da Moeda de 1933, en resposta ao contrabando a gran escala de moedasimperiais británicas anteriores que se estaba a producir, como consecuencia da desvalorización dos tipos de cambio de Nova Zelandia en relación coa libra esterlina e a grande afluencia doutras moedas estranxeiras á circulación.
A Lei da moeda de 1933 estableceu os pesos e as composicións das denominacións monetarias do novo sistema, das cales as cinco de prata —3 e 6 peniques, xilin, florín e media coroa— entraron en circulación xa no ano seguinte, logo dun forte desacordo entre comités rivais de deseño de moedas. Pola súa banda, o penique e o medio penique de bronce entraron en circulación en 1940, coincidindo coa celebración do centenario de Nova Zelandia. Unha oitava denominación de moeda, a peza dunha coroa ou cinco xilins, produciuse unicamente en forma de tres emisións de carácter conmemorativo; a primeira delas, coñecida como a "coroa de Waitangi", cuñouse cunha tiraxe extremadamente limitada e só para a súa venda a coleccionistas numismáticos, en tanto que as dúas seguintes se produciron en máis cantidade en 1949 e 1953, e foron postas en circulación.
A utilización de aliaxe de prata na moeda neozelandesa abandonouse en 1947 en favor do cuproníquel, coa excepción da coroa conmemorativa de 1949.
Coa decimalización do sistema monetario en 1967, logo de varios intentos anteriores de instaurar na moeda o sistema decimal, púxose fin á libra neozelandesa, xunto coas denominacións das súas moedas divisionarias —penique, xilin e coroa— e introduciuse o novo sistema do dólar neozelandés, dividido en 100 centavos.
Por mor da escaseza de moedas de valores faciais pequenos, a partir de 1857 comezaron a emitirse fichas de bronce e de cobre de emisión privada cos valores dun penique e de medio penique, o que consistía na época aproximadamente a metade das moedas de cobre en circulación local. A cuñaxe destas fichas cesou en 1881 e foron desmonetizadas oficialmente en 1897.[3]
Tamén houbo varios billetes de emisión privada, trocables en libras neozelandesas, que circularon na colonia durante o resto do século XIX logo da quebra do Colonial Bank of Issue. Unha crisebancaria da década de 1890 levou a que a Lei de Emisión de Billetes Bancarios de 1893 exixise que o papel moeda privado estivese baseado en moedas de ouro. A Lei da Moeda de 1870, introducida en Nova Zelandia en 1898, formalizou o monopolio exclusivo da Coroa sobre a cuñaxe.[1] A principios do século XX entraran xa en circulación suficientes moedas británicas como para satisfacer a demanda de Nova Zelandia.[4] Malia estar aínda ligada á libra esterlina, a libra neozelandesa comezou a diverxer logo da readopción británica do padrón ouro despois da primeira guerra mundial; de xeito diferente ao Reino Unido, a norma non se restableceu en Nova Zelandia durante o período de posguerra.[1]
Entre as primeiras propostas para unha moeda neozelandesa totalmente independente están unha declaración de 1910 ao Parlamento do ministro de Finanzas, Joseph Ward, na que afirmaba que o ministerio estaba a considerar cuñar moedas de prata de Nova Zelandia en Londres. A presenza de grandes cantidades de moedas imperiais e de billetes de banco nacionais provocou unha falta de interese na poboación acerca das propostas de emisións nacionais antes da década de 1930.[5]
A introdución da libra australiana en 1910 provocou a circulación dunha cantidade limitada de moedas australianas en Nova Zelandia, aínda que esta moeda nunca chegou a ser recoñecida formalmente como moeda de curso legal no territorio neozelandés. Nun intento de estabilizar a posición económica australiana durante a Gran Depresión, Australia desvalorizou a súa libra nun dez por cento en 1930, o que provocou unha afluencia extremadamente grande de moedas australianas a Nova Zelandia.[6] En outubro de 1931, entre o trinta e o corenta por cento de todas as moedas en circulación en Nova Zelandia eran australianas.[5] En resposta a estas grandes cantidades de moedas non recoñecidas, o político Charles Wilkinson propuxo a creación dunha moeda independente de Nova Zelandia, e formulou a posibilidade dunha cuñaxe local en Wellington. O Alto Comisionado Thomas Wilford contactou coa Royal Mint en Londres para comentar esta posibilidade, e o que subdirector da cecalondiniense, Robert Johnson, desaconsellou tal proposta, afirmando que nin Australia nin o Reino Unido poderían repatriar grandes cantidades de moeda.[6]
Introdución da moeda nacional
Proceso lexislativo
En xaneiro de 1933, o ministro de Finanzas e exprimeiro ministroGordon Coates desvalorizou a libra neozelandesa nun 14 por cento fronte á libra esterlina británica,[6] o que serviu de grande axuda para os agricultores, xa que as exportacións vendidas en libras esterlinas podían converterse nunha maior cantidade de moeda nacional.[7] No entanto, á medida que as moedas da libra esterlina en Nova Zelandia se desvalorizaron en relación co valor das mesmas moedas en Gran Bretaña, unha onda resultante de contrabando de divisas provocou unha diminución masiva da cantidade de moedas de prata británicas dispoñibles en Nova Zelandia. As moedas desvalorizadas da libra esterlina en circulación en Nova Zelandia foron introducidas de contrabando en Australia e no Reino Unido a través de diversos medios, entre outros en cilindros de gas baleiros,[8] nos cárters de aceite de automóbiles e motocicletase ou en caixas dentro de refrixeradores etiquetadas como "parruloconxelado".[6] En xuño de 1933, as moedas de vinte e cinco centavos estadounidenses e canadenses entraran en circulación para substituír o baleiro deixado polos ausentes xilins británicos.[5]
Ante esta situación creada pola desvalorización da libra neozelandesa, a Alta Comisión, instada por Coates, dirixiuse novamente á Royal Mint de Londres en abril de 1933 para consultar canto se alongaría o proceso de creación dunha nova moeda. O subdirector Robert Johnson recoñeceu a urxencia da situación económica e calculou un tempo aproximado de seis meses para comezar a cuñar a moeda, de maneira que esta podería chegar a Nova Zelandia en xaneiro de 1934.[6] Así as cousas, o Goberno anunciou a inminente creación da nove moeda nacional da libra neozelandesa, e nomeou un Comité de Cuñaxe para organizar e coordinar coa Royal Mint o seu deseño e a súa produción.[5]
Os anuncios dunha moeda nacional e un acordo coa Royal Mint, aprobado na Lei de Finanzas de 1932-1933,[6] deron lugar a chamamentos de varios políticos e organizacións locais, entre elas a Federación de Fabricantes de Nova Zelandia, para que as moedas se producisen no país, para proporcionar unha fonte estable de emprego para os traballadores locais. As declaracións do Comité de Cuñaxe de que non existían instalacións nacionais para a capacidade de cuñaxe foron refutadas por empresas de enxeñaría locais, e unha delas citou a súa propia produción de 750.000 fichas para o seu uso en Wellington.[5] Walter Nash avogou no Parlamento a favor da cuñaxe nacional argumentando o potencial de proporcionar o emprego local. Tales propostas foron desacreditadas pola Royal Mint, que suxeriu que cambiar a unha cuñaxe local ou privada causaría atrasos e custos significativos. Robert Johnson describiu a proposta dunha casa de moeda en Nova Zelandia como "un nacionalismo económico entolecido".[6]
O Comité de Cuñaxe considerou inicialmente recomendar unha cuñaxe decimalizada, mais finalmente optou por continuar coas mesmas denominacións que as moedas de prata imperiais en circulación: 3 peniques, 6 peniques, xilin, florín e media coroa. A Lei da Moeda de 1933 determinaría as denominacións, así como o seu peso e outras especificacións.[9] Na lei recollíase a posibilidade dunha unha sexta denominación de prata, a coroa, aínda que esta non se cuñaría moedas ata a aparición en 1935 da coroa de Waitangi,[10] e ningunha entraría en circulación ata unha nova emisión conmemorativa en 1949.[5]
Conflitos de deseño
Aínda que a Asociación de Sociedades de Arte de Nova Zelandia se ofreceu a facilitar un concurso nacional para o deseño das novas moedas, o Goberno de Nova Zelandia contratou os artistas da Royal Mint para este labor. En todos os casos, para o anverso da serie de moedas escolleuse inicialmente un bustocoroado de Xurxo V (1910-1936) creado por Percy Metcalfe, que xa fora utilizado anteriormente nas cuñaxes para o territorio de Rodesia do Sur. Este busto viuse substituído polo dos sucesivos monarcas reinantes durante a vixencia da libra neozelandesa: Xurxo VI (1936-1952) —deseñado por Thomas Humphrey Paget— e Isabel II (1952-2022) —deseñado por Mary Gillick—.[6][11]
Canto aos reversos, o comité asesor da Royal Mint revisou varios deseños presentados por Metcalfe e George K. Gray. Os deseños de Metcalfe foron rexeitados principalmente polo comité asesor en favor dos traballos de Gray, aínda que este tivo que repetir algunha das súas propostas.[6][11]
Propostas de Gray e de Metcalfe non adoptadas para as moedas de prata (1933)
O ministro Gordon Coates exerceu de facto como primeiro ministro durante as prolongadas estadías do primeiro ministro oficial George Forbes en Gran Bretaña.[19] O conflito político entre os dous levou á creación de comités separados: o Comité de Cuñaxe, con sede en Nova Zelandia, nomeado por Coates, aprobou por separado varios deseños para os reversos das moedas, procurando crear un carácter nacional distintivo nas moedas. A isto seguiu un prolongado desacordo entre Coates e o subdirector da Royal Mint, Robert Johnson, sobre que serie de deseños se producirían, e este último intentou deter o proceso de deseño ata o regreso de Forbes a Nova Zelandia en outubro de 1933. Así e todo, Coates aceptou as recomendacións do Comité de Cuñaxe e os deseños dos reversos puxéronse en produción a partir dos meses seguintes.[6]
Primeiras moedas de prata
As primeiras moedas nacionais que chegaron ao país foron un envío de medias coroas que comezou a circular en Auckland e Wellington a finais de novembro de 1933. Durante os meses seguintes seguiron outras denominacións, todas datadas en 1933, e os xilins finalmente chegaron ao país o 3 de abril de 1934.[5] Nova Zelandia foi o derradeiro dominio británico en emitir a súa propia moeda nacional,[6] e as moedas británicas —ademais dos peniques e os medios peniques— en circulación, perderon a súa condición de moeda de curso legal o 1 de febreiro de 1935.[20]
Moedas de cobre e cuproníquel
Coincidindo coa celebración do centenario do Tratado de Waitangi en 1940, introducíronse na circulación tres novas moedas: o medio penique e o penique de bronce, e unha moeda de media coroa de prata conmemorativa do centenario. A introdución das moedas de bronce estaba xa recollida na Lei de cuñaxe de 1933, mais o Goberno non considerara ata entón que tivesen unha alta prioridade por mor da abundante presenza de moedas dun penique e de medio penique imperiais. En 1936, a Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia acordara facer presión para que se introducisen tales moedas no marco das celebracións do centenario de Waitangi, e convocouse un concurso de deseño tanto para as moedas de bronce como para a media coroa conmemorativa que foi gañado polo artista neozelandés Leonard C. Mitchell.[11] Logo dunha revisión destes deseños por parte de Percy Metcalfe, estas moedas emitíronse en 1940, aínda que se sabe que algúns peniques con data de 1940 entraron realmente en circulación xa a finais de 1939 para resolver a crecente escaseza de moedas de cobre.[21]
En 1947, o aumento dos prezos da prata e os correspondentes gastos de cuñaxe levaron a que as moedas que ata daquela se cuñaran en aliaxe de prata comezasen a cuñarse en cuproníquel. Unha emisión da coroa de 1949, que circulou para conmemorar unha visita real prevista mais finalmente non realizada polo rei Xurxo VI, foi a derradeira moeda de prata emitida para a circulación en Nova Zelandia. En 1953 emitiuse outra coroa conmemorativa circulante, cuñada en cuproníquel, para conmemorar a coroación de Isabel II.[3][11]
Emisións con acabamento proof
Paralelamente ás emisións ordinarias para a súa posta en circulación, distribuíronse para o ámbito do coleccionismo numismático dous xogos de moedas cun acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate— da serie de moedas da libra neozelandesa, que contiñan unha moeda de cada moeda circulante, xunto cunha moeda dunha coroa conmemorativa. Inicialmente pretendíase que o primeiro destes xogos tivese a data de 1933, mais finalmente atrasouse ata 1935 polos conflitos de deseño xurdidos en relación coa coroa de Waitangi. Este primeiro xogo proof de 1935 produciuse cunha exigua tiraxe de só 364 series, das que 100 se comercializaron en estoxos de coiro, en tanto que o resto se vendeu en simples caixas de cartón. Os xogos con acabamento especial vendéronse tanto en Gran Bretaña como en Nova Zelandia —aínda que todas as moedas de Nova Zelandia se dispuxeron en caixas de cartón— a uns prezos considerablemente altos para Nova Zelandia, que atravesaba os derradeiros anos da Gran Depresión, o que provocou un escaso interese entre o coleccionismo local. Pola súa banda, a segunda serie do xogo en versión proof inclúe a coroa conmemorativa da coroación de Isabel II,[22] e tivo unha tiraxe superior, que acadou os 7.000 exemplares.[23]
Producíronse catro emisións conmemorativas; todas elas, bardante a coroa de Waitangui, entraron na circulación xeral. Pola súa banda, a coroa de Waitangi cuñouse nunha tiraxe extremadamente limitada e vendeuse exclusivamente a coleccionistas, soa ou como parte do conxunto de 1935 en versión proof.[5][10][22][23]
A primeira vez que se propuxo a creación dunha moeda para Nova Zelandia baseada no sistema decimal foi en agosto de 1908, nun discurso pronunciado no Instituto Otago de Artes e Ciencias no que se demandaba un sistema coa libra como unidade nacional, dividida en 10 floríns, cada un deles composto por 10 brons, e cada bron dividido en 10 tennies. Aínda que se tomou en consideración a posibilidade de asumir esta proposta, finalmente a Lei da Moeda de 1933 frustrou tales intentos.[9] Así e todo, mantívose aberta as posibilidade futura de decimalización ao manter a coroa como denominación nominal, debido á posibilidade dun sistema decimal baseado na coroa e o centavo.[5][35]
O deputadolaborista Rex Mason presentou varios proxectos de lei que apoiaban a decimalización durante a década de 1950, mentres estaba na oposición. O Partido Nacional uniuse ás entidades que apoiaban a decimalización a finais dos anos 50 e, xunto co Partido Laborista, fixeron campaña a favor durante as eleccións xerais de 1960. En 1957, un comité gobernamental creado para investigar a posibilidade da decimalización do sistema informou favorablemente acerca dos posibles efectos económicos, e salientou a maior eficiencia como un dos principais factores para o cambio, aínda que compensado polo custo das campañas de información pública e a produción das novas moedas. O Partido Nacional anunciou que a decimalización se levaría a cabo en 1963,[1] e aprobou a Lei da Moeda Decimal en 1964.[37]
A nova lei estandarizou unha nova moeda: o dólar neozelandés, dividido en 100 centavos. O seu valor baseouse no da moeda anterior, de xeito que a moeda dun xilin pasou a equivaler á nova de 10 centavos. Definíronse oito valores faciais no novo sistema, que ían desde o dólar ata o medio centavo.[38] Ao entrar en vigor o 10 de xullo de 1967, a lei aboliu a libra neozelandesa. Aínda que se retiraron inmediatamente as anteriores moedas de medio penique, dun penique e de tres peniques, as moedas de seis peniques, os xilins e os floríns seguiron a ter curso legal ata o 31 de outubro de 2006, cando se retiraron da circulación as moedas de cinco centavos e se reduciu o tamaño das moedas divisionarias de 10, 20 e 50 centavos.[37]
Aseel OmranPenyanyi dari Arab SaudiInformasi latar belakangLahir12 November 1989 (umur 34)Khobar, Arab SaudiAsalQatifGenreMusik ArabPekerjaanPenyanyiTahun aktif2007–sekarangLabel Rotana Records Platinum Records Aseel Omran ( Arab: أسيل عمرانcode: ar is deprecated ; lahir 12 November 1989 ) adalah penyanyi Arab Saudi. Acara realitas berjudul Gulf Stars dan Heya wa Huwa yang berarti Dia (wanita) dan Dia (pria) telah berhasil membawa namanya menjadi terkenal tidak hanya di Arab S...
Fresco of Niccolò Acciaiuoli by Andrea del Castagno in the Uffizi. Niccolò Acciaiuoli, Santa Maria del Fiore, Florence Niccolò Acciaioli or Acciaiuoli (1310 – 8 November 1365) was an Italian noble, a member of the Florentine banking family of the Acciaioli. He was the grand seneschal of the Kingdom of Naples and count of Melfi, Malta, and Gozo in the mid-fourteenth century. He was the son of Acciaiolo, a wealthy Florentine merchant. He had a sister by the name of Andrea Acciaioli. Li...
Albert HalimLahirAlbert Halimin17 September 1986 (umur 37)Jakarta, IndonesiaPekerjaanAktorTahun aktif2011—sekarang Albert Halimin (lahir 17 September 1986) merupakan seorang aktor berkebangsaan Indonesia. Melalui film pertamanya dengan judul 7 Hati 7 Cinta 7 Wanita, ia berhasil masuk nominasi Aktor Pendatang Baru Terbaik di penghargaan Indonesian Movie Awards 2011. Filmografi Film Sebagai pemeran Tahun Judul Peran Catatan 2011 7 Hati 7 Cinta 7 Wanita Acin Catatan (Harian) Si Boy ...
Award ceremony from MTV in 2005 2005 MTV Movie AwardsDateSaturday, June 4, 2005LocationShrine Auditorium, Los Angeles, California[1]CountryUnited StatesHosted byJimmy FallonTelevision/radio coverageNetworkMTV ← 2004 · MTV Movie Awards · 2006 → The 2005 MTV Movie Awards was hosted by Jimmy Fallon.[2] A special award, the Silver Bucket of Excellence, was presented to the 1985 film The Breakfast Club. Also, Tom Cruise was presented with the first...
Wallace Henry Hartley (2 Juni 1878 – 15 April 1912) adalah seorang pemain biola dan pemimpin band Inggris di Titanic selama pelayaran perdananya. Dia menjadi terkenal karena memimpin band beranggotakan delapan orang saat kapal tenggelam pada tanggal 15 April 1912, dia tidak selamat bersama anggota lainnya. Wallace HartleyHartley as he appeared in The Illustrated London News, May 1912LahirWallace Henry Hartley(1878-06-02)2 Juni 1878Colne, Lancashire, EnglandMeninggal15 April 19...
Guy de NantesFonctionPréfet de la Marche de BretagneTitre de noblesseComte de NantesBiographieNaissance 819Décès Date inconnueFamille WidonidesFratrie FrodoaldWerner (d)Enfants Lambert Ier de NantesGui II de Vannesmodifier - modifier le code - modifier Wikidata Guy de Nantes, dit aussi Wido (né vers 750, mort av. 818), comte de Nantes et marquis de la Marche de Bretagne (av. 799- av. 818). Biographie Fils de Lambert et de Teutberge il est issu de la famille des « Widonides...
Baylor University School of LawParent schoolBaylor UniversityReligious affiliationBaptist General Convention of TexasEstablished1857; 167 years ago (1857) (original) 1920; 104 years ago (1920) (re-establishment)School typePrivate law schoolDeanPatricia Wilson (interim)LocationWaco, Texas, U.S.Enrollment448 (2009)[1]Faculty31 full-time (2009)[1]USNWR ranking46th (tie) (2024)[2]Bar pass rate91.61% (2023 first-time takers)[3]We...
Constituency of the National Assembly of France You can help expand this article with text translated from the corresponding article in French. (February 2020) Click [show] for important translation instructions. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-translated text into the English Wikipedia. Do ...
1911 edition of the International Lawn Tennis Challenge 1911 International Lawn Tennis ChallengeDetailsDuration9 September 1911 – 3 January 1912Edition10thTeams3ChampionWinning Nation Australasia← 1909 1912 → The 1911 International Lawn Tennis Challenge was the tenth edition of what is now known as the Davis Cup, named after the American tennis player Dwight F. Davis.[1] After no country decided to challenge Australasia in 1910, only the British Isles and the United...
عبد الحكيم حقاني وزير العدل (بالإنابة) في المنصب7 سبتمبر 2021 رئيس المحكمة العليا الأفغانية في المنصب15 أكتوبر 2021 سيد يوسف حليم(جمهورية أفغانستان الإسلامية) معلومات شخصية الميلاد سنة 1967 (العمر 56–57 سنة) قرية باند إي تيمور، منطقة مايواند، ولاية قندهار، أفغانست...
أنو سيروس (باليونانية: Άνω Σύρος) خريطة الموقع تقسيم إداري البلد اليونان [1] إحداثيات 37°26′59″N 24°56′08″E / 37.44982°N 24.935674°E / 37.44982; 24.935674 السكان التعداد السكاني 621 (resident population of Greece) (2021)1160 (resident population of Greece) (2001)1190 (resident population of Greece) (1991)862 (resident population...
This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (December 2020) Recentissima Asiae Delineatio, the 1730 geographical map of Johan Christoph Homann. Asia is shown in color. The names are in Latin. Satellite view of Asia Geography of Asia reviews geographical concepts of classifying Asia, the central and eastern part of Eurasia, comprising 58 countr...
Cet article est une ébauche concernant Paris. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. 2e arrtRue de Tracy La rue en juin 2021. Situation Arrondissement 2e Quartier Bonne-Nouvelle Début 127, boulevard de Sébastopol Fin 222, rue Saint-Denis Morphologie Longueur 100 m Largeur 10 m Historique Ancien nom Rue des Dames-Saint-Chaumont Géocodification Ville de Paris 9402 DGI 9408 Géolocalisat...
Compositional concept in visual arts Image of a racing car with lead room A portrait painting with more empty space on the side that the sitter is facing In photography, filmography and other visual arts, lead room, or sometimes nose room, is the space in front, and in the direction of, moving or stationary subjects.[1][2] Well-composed shots leave space in the direction the subject is facing or moving.[1] When the human eye scans a photograph for the first time it wil...
For the 1998 CD called Cosmic Wheels, see Rising (Donovan album). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Cosmic Wheels – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2010) (Learn how and when to remove this message) 1973 studio album by DonovanCosmic WheelsStudio album by DonovanRel...
Francesco BruniNazionalità Italia Altezza176 cm Peso70 kg Vela Palmarès Competizione Ori Argenti Bronzi Mondiali di Moth 0 1 0 Trofeo Vittorie Prada Cup 1 Vedi maggiori dettagliStatistiche aggiornate al 16 gennaio 2024 Modifica dati su Wikidata · Manuale Francesco Bruni (Palermo, 11 aprile 1973) è un velista italiano. Nel corso della sua carriera ha preso parte a tre olimpiadi e cinque campagne di America's Cup. È stato inoltre vicecampione del mondo nella classe Moth.[...