A moeda celta de Gran Bretaña abrangue a variedade de obxectos premonetais e moedas que se utilizaron aproximadamente entre o 200a.C. e o 60d.C. na illa de Gran Bretaña.
O rexistro arqueolóxico pode estar distorsionado por casos de falsificación deliberada dos lugares dos achados.[3] Historicamente, esta falsificación puido ser impulsada por traballadoresagrícolas que querían ocultar que colleran as moedas das terras dos seus patróns. Máis recentemente, establecéronse tamén falsas procedencias para ocultar a orixe das moedas saqueadas por detectores de metais, como é o caso do saqueo masivo do depósito de Wanborough Temple, en Surrey.[4][5]
Ao parecer, as primeiras moedas británicas foron os lingotes de ferro, que apareceron cara ao ano 200 a.C. Acháronse lingotes de catro tipos: en forma de espada, en forma de espeto, en forma de arado e en forma de folla de loureiro. Suxeriuse a posibilidade de que cada unha destas formas gardase relación coa procedencia das barras. O peso das barras sitúase xeralmente entre 0,3 e 0,5 quilogramos.[6][7] As máis comúns son as que teñen forma de espeto, que representan a metade de todos os espécimes achados. As barras en forma de espada representan outro 40 por cento.[8]
Nos Commentarii de Bello Gallico (“Comentarios sobre a Guerra das Galias”), de Xulio César, menciónase o que parece ser unha destas barras de ferro, mais as variacións nos textos conservados fan pensar na posibilidade de que o texto orixinal se referise realmente a aneis de ferro tamén usados como moeda. Porén, a hipótese das barras de ferro considérase a máis probable á luz das descubertas arqueolóxicas.[9]
Historicamente afirmouse que tamén se utilizaron a modo de diñeiro aneis de ouro, mais a mellora da datación levou a que esta afirmación se considere pouco probable.[10] O bispo e historiadorescocésJohn Lesley, que escribía no século XVI, afirmou que en Escocia se emitira tamén moeda de coiro no século II a.C.,[8] mais non se acharon probas arqueolóxicas desta afirmación.[9]
Moedas
Denominacións
Descoñécense os nomes orixinais das moedas celtas británicas. Os investigadores modernos atribuíronlles a estas moedas diversas denominacións, xeralmente “estatero” ou “cuarto de estatero” para as moedas de ouro, un nome derivado das moedas da Antiga Grecia.[11][12] Os estateros pesaban xeralmente entre 4,5 e 6,5 gramos, e os cuartos de estatero, como o seu nome indica, pesaban aproximadamente unha cuarta parte dos estateros. Coñécense tamén algunhas moedas de ouro sen unha relación de peso clara cos estateros, que adoitan recibir a denominación xenérica de “fraccións de ouro”.[11]
Pola súa banda, as moedas de prata adoitan denominarse “estateros de prata”, “unidades”, “medias unidades” e “minims”.[12] As unidades pesaban xeralmente entre 0,8 e 1,4 gramos e as medias unidades arredor da metade. A denominación de minims aplícase adoito para diversas moedas de prata cun peso inferior aos 0,4 gramos.[11]
Hai tamén moedas de aliaxe de cobre, que reciben habitualmente a denominación de “estatero de cobre”, “cuarto de estatero” e “unidade”. Outras moedas de cobre non cuñadas, senón fundidas, así como os potíns, mantéñense á marxe destas denominacións.[12]
En ocasións utilízanse denominacións máis específicas para os diversos tipos de moedas, que adoitan consistir en numeracións de catálogos, entre os que destaca o de Van Arsdell de 1989 titulado Celtic Coinage of Britain,[13] que se utilizou como referencia durante décadas. Malia todo, o solapamento entre catálogos fai que en ocasións unha moeda poida ter ata sete denominacións específicas diferentes.[14]
Métodos de fabricación
A maior parte das moedas celtas británicas foron cuñadas, aínda que algunhas delas tamén se produciron mediante fundición.[15]
Os detalles exactos do método utilizado para a cuñaxe das moedas seguen sen estar claros. Crese que o máis probable é que o proceso tivese de catro pasos. En primeiro lugar, pesaríase unha cantidade bastante exacta —rexistráronse precisións duns poucos miligramos— de metal en forma de po ou pebida, e logo colocaríase o metal nun molde de arxila e se quentaríase para formar unha peza en bruto —acháronse espécimes destes moldes en escavacións arqueolóxicas—. En terceiro lugar, aplanaríase a peza en bruto antes de a colocar entre dous cuños, un inferior cóncavo para suxeitar a peza en bruto, e o superior convexo, e finalmente produciríase a cuñaxe. Con frecuencia, os cuños eran máis grandes que os discos para cuñar, polo que só aparecía nas moedas unha parte do seu deseño.[15] A arqueoloxía experimental suxire que un cuño inferior podía durar ata 10.000 cuñaxes, en función do nivel de desgaste que se considerase aceptable, en tanto que os superiores parece que tiñan unha vida útil moi inferior, aínda que cun rango moi amplo, desde pouco máis de 100 cuñaxes ata case 8.000, consonte os rexistros.[16]
No caso das moedas fundidas, utilizábase unha serie de moldes de arxila unidos entre si. Os deseños das moedas producíanse premendo sobre un debuxo na arxila ou, en casos máis sinxelos, raiando liñas directamente nela, e a continuación vertíase o metal fundido nos moldes. Logo do arrefriamento do metal, rompíanse os moldes para acceder ás moedas.[15]
Acháronse tamén algunhas moedas da época formadas por un núcleo de metal común e un recubrimento de metal precioso, que se terían cuñado con posterioridade a este recubrimento do disco virxe. Aínda que a maioría destas moedas se atribúe a falsificacións directas, nalgúns casos parece que puideron ser cuñadas utilizando os mesmos cuños que as moedas lexítimas, polo que o seu status non está tan claro.[15]
Moedas importadas
As primeiras moedas que aparecen nos rexistros arqueolóxicos británico son moedas cartaxinesas de bronce dos séculos III ou IV a.C., aínda que parece pouco probable que se utilizasen realmente como moeda.[17] É probable que estas pezas entrasen na sociedade celta como pagamento a mercenarios de Cartago e Siracusa.[18] Acháronse tamén outras moedas de finais do século III a.C. e de principios do II a.C., mais tampouco hai probas do seu uso como moeda entre os celtas británicos.[17] En épocas moito máis recentes existiu unha ruta comercial directa de moedas gregas cara a Gran Bretaña, desde a creación da Compañía do Levante a finais do século XVI.[19]
Arredor do ano 150 a.C., comezaron a importarse a Gran Bretaña os estateros galo-belgas. Estas moedas celtas de ouro seguían deseños derivados en última instancia dos estateros emitidos por Filipo II de Macedonia[20] —coñecidos como "filipos"— coa cabeza de Apolocoroado nos seus anversos e a imaxe dun carro tirado por dous cabalos e cun látego no reverso.[21] Os estateros galo-belgas divídense en seis series, denominadas desde a letra A ata a letra F, con subtipos como AA e AB —neste caso definidos pola dirección do busto— .[20][22] Destes, os tipos do C ao F son os que máis influirían nos deseños posteriores das moedas británicas. A cuñaxe destas moedas finalizou coa conquista romana da Galia.[20] É probable que polo menos algunhas destas moedas se chegasen a producir en Gran Bretaña no canto de seren importadas.[23] En Bredgar, Kent, achouse un cuño dotado do deseño dos estateros galo-belgas de tipo A, aínda que non está claro se se utilizou para cuñaxes oficiais ou para falsificacións.[24]
Xunto coa serie de estateros galo-belgas atopáronse tamén en Gran Bretaña outras moedas procedentes do continente, como é o caso das moedas dos ambianos que apareceron ao longo da costa sur de West Country, posiblemente chegadas alí como resultado do comercio a través do Canal da Mancha.[25]
Pezas de potín
Parece que as moedas de aliaxes de cobre fundidas de Kent —coñecidas historicamente como os “potíns de Thurrock”— foron as primeiras moedas fabricadas en Gran Bretaña. Están datados a finais do século II a.C. e parece que circularon principalmente en Kent. Estaban baseados nas moedas emitidas por Massalia —a actual Marsella, en Francia—.[26][27][28]
Emitíronse tamén outros potíns cuxa produción finalizou arredor do ano 50 a.C.[29] En todos os casos eran moedas fundidas, e non cuñadas.[30] Aínda que as pezas de potín existiron ao mesmo tempo que as primeiras moedas de ouro británicas, non se acharon nunca xuntas, o que suxire que desempeñaban un papel diferente na sociedade.[31] Os potíns seguiron circulando durante algún tempo despois da conquista romana de Gran Bretaña e mesmo se acharon en soterramentos que datan de finais do período romano.[26][32]
Estateros anepigráficos
O primeiro estatero británico coñecido baseouse no estatero galo-belga de tipo C e parece que se fabricou fundindo os devanditos estateros continentais e volvendo a cuñalos. Estas moedas coñécense como estateros británicos de tipo A ou estateros de Westerham e Ingoldisthorpe, e é probable que se producisen pouco despois do ano 100 a.C. Atribúense adoito ao reino de Atrébates, aínda que non hai nada que lle atribúa certeza a esta hipótese.[33]
Case simultaneamente ou pouco despois, varios grupos produciron unha serie de estateros británicos anepigráficos, e as moedas con inscricións non apareceron ata despois do 50 a.C.[34] Do mesmo xeito que os estateros galo-belgas, estas moedas dividíronse para o seu estudo en varias series dentro das cales, pola súa vez, se estableceron varios subtipos.[35]
Durante a Guerra das Galias, o peso dos estateros de ouro emitidos diminuíu lixeiramente. Ao mesmo tempo, nalgunhas zonas empezaron a emitirse moedas de prata.[43]
Moedas con inscricións
Zona ao norte do Támese
As primeiras moedas epigráficas nesta zona datan aproximadamente do ano 35 a.C. e atribúense a Adedomaro. Trátase de estateros de ouro baseados no tipo L británico, así como cuartos de estatero de ouro e outras moedas de prata e de bronce de menor valor.[44] As moedas de Adedomaro coinciden coas de Tasciovano, que tamén emitiu inicialmente estateros epigráficos baseados no tipo L británico. As derradeiras moedas de Tasciovano parecen máis romanizadas, sobre todo as cuñadas en prata e en bronce. Outra característica da derradeira parte do goberno de Tasciovano son as moedas cos nomes de Andoco, Sego, Dias e Rues,[45] emitidas na década anterior ao ano 1 d.C. e probablemente pertencentes a subgobernantes que dependían de Tasciovano.[46]
Varias das moedas de Adedomaro amosaban unha póla de palmeira, que tamén aparecía no estatero do seu aparente sucesor Dubnovelauno. Do mesmo xeito que o seu predecesor, Dubnovelauno produciu moedas de prata e bronce, aínda que en cantidades bastante reducidas.[45]
Cunobelino, o aparente fillo de Tasciovano, conseguiu facerse co control de toda a rexión. Nos seus estateros volveu aparecer a póla de palmeira, entre outras imaxes. As súas moedas de bronce e prata evolucionaron co tempo desde deseños de influencia celta a outros influídos por unha ampla gama de cuñaxes mediterráneas. É probable que as moedas de Cunobelino fosen as derradeiras emitidas na zona antes da invasión romana no ano 43 d.C., aínda que algunhas moedas se atribuíron, con pouca certeza, aos seus fillos.[47]
Zona ao sur do Támese
As primeiras moedas dotadas da inscrición COMMIOS nesta zona cuñáronse cara ao ano 30 a.C. e baseábanse no estatero tipo Q británico. Parece que estas moedas foron emitidas polo fillo do rei belga dos atrébates chamado Comio, mencionado por Xulio César nos seus escritos,[48] aínda que é posible que a primeira destas moedas fose emitida polo propio Comio. As únicas moedas coa inscrición COMMIOS son estateros de ouro, aínda que estes se relacionaron coa serie moedas dun cuarto de estatero e con algunhas moedas de prata.[49] Os estateros de ouro de COMMIOS contiñan arredor dun 47 % de ouro e pesaban entre 5,3 e 5,5 gramos.[50] Despois de Comio parece que se emitiron dúas series de moedas por Tincomaro e outra por Epilo.[48]
Nun principio, Tincomaro emitiu moedas que seguían en gran medida o mesmo padrón que as de Comio, mais a finais do século I a.C. cambiou a deseños de forte inspiración romana, polo que se deu en denominar a serie protoclásica.[48][51] As moedas de Tincomaro dividíronse en catro series: primeiro a celta, logo a protoclásica, seguida da ruda e a clásica, aínda que parece que todas elas foron cuñadas máis ou menos ao mesmo tempo.[52] Tincomaro emitiu moedas de prata e de ouro, e as de prata de influencia romana teñen un contido metálico que suxire que foron fabricadas a partir de denarios fundidos para a súa posterior cuñaxe.[48] Tendo en conta consideracións estilísticas e a ausencia de moedas híbridas de certos deseños suxiren que Tincomaro puido operar en dúas cecas, aínda que os datos dos achados indicarían que ambas —de teren existido— poderían ter funcionado nas proximidades da actual Chichester ou, alternativamente, é posible que unha delas estivese situada no oppidumCalleva Atrebatum.[53] Os estateros de ouro de Tincomaro pesaban arredor de 5,3 gramos, en tanto que os seus cuartos de estatero pesaban arredor de 1,03 gramos. As diversas unidades de prata asignadas a Tincomaro pesaban entre 1,14 e 1,32 gramos, e os minims de prata roldaban os 0,3 gramos.[54]
Parece ser que Epilo posuía terras en dúas zonas e emitiu series de moedas diferentes en cada unha delas.[48] En particular, as moedas de ouro que Epilo fixo circular na zona de Calleva Atrebatum eran máis grosas que as que circulaban nas súas posesións no norte de Kent, e as moedas de prata máis pesadas.[55] O estilo das moedas suxire un gravador dos cuños diferente en cada rexión, aínda que nalgúns casos un gravador tería producido cuños destinados a outra rexión.[56] As moedas emitidas en torno a Calleva Atrebatum representan unha ruptura cos estilos anteriores, aínda que algunhas delas parecen ter tomado elementos de deseño das moedas de Tincomaro, así como de varios denarios romanos.[57] Achouse un único espécime de estatero en Dover co nome de Epilo e dun Anarevito descoñecido.[58][59] Tamén apareceu unha pequena cantidade de moedas en Kent que parecen ter sido cuñadas conxuntamente por Epilo, Tincomaro e un terceiro dirixente chamado Verica.[60] O estilo destas moedas é similar ao das que circulaban nas posesións de Epilo no norte de Kent, con elementos o bastante semellantes como para suxerir un gravador de cuños común.[61]
Ao parecer, as propiedades de Epilo e Tincomaro pasaron a mans de Verica, quen, en torno ao ano 10 d.C., emitiu estateros e cuartos de estatero de ouro baseados nos de Tincomaro e Epilo.[48][62] As diferenzas de estilo entre as moedas fan pensar que Verica tiña activas dúas casas da moeda, unha cun gravador empregado por Epilo e a outra con outro de Tincomaro.[62] As series de estateros de Verica pesaban entre 5,27 e 5,29 gramos, en tanto que o contido de ouro oscilaba entre o 42 % e o 44 %.[63] Parece que o contido de ouro permaneceu estable ao logo do tempo, sen signos de degradación.[64]
Verica tamén cuñou moedas de prata, tanto en unidades como en minims. Do mesmo xeito que ocorría cos estateros, estas facían un uso intensivo de motivos romanos. Na década de 30 d.C., Epático, rei dos catuvelaunos irmán de Cunobelino, cuñou estateros xunto con unidades e minims de prata nunha zona próxima a Silchester. A cuñaxe de moedas británicas na zona finalizou coa conquista romana de Britania en 43 d.C.[48]
Periferia ao norte da zona central
As primeiras moedas con inscricións nesta zona parecen ter sido cuñadas polos coritanos cara ao ano 1 d.C. e estaban baseadas nos estateros do tipo K británico. As moedas levaban inscritas as letras VEP e postulouse que tanto esta como outras inscricións fixesen referencia aos nomes de líderes. A estas seguiron moedas coas inscricións AVN AST ou AVN COST. Despois destas emisións, a cronoloxía vólvese confusa e é posible que ás veces houbese unha diversidade de autoridades emisoras de moeda. As denominacións estándar parece que foron o estatero de ouro, así como unidades e medias unidades de prata, aínda que algunhas das inscricións máis raras non se acharon en todas estas denominacións.[65]
O outro grupo tribal importante da rexión era o dos icenos, que empezaron a cuñar moedas epigráficas cara ao ano 20 d.C. As súas moedas eran bastante creativas, aínda que se cinguían a temas firmemente celtas ata as súas últimas emisións. Non está claro a quen ou a que se refire a maioría das inscricións das moedas, aínda que se suxeriu que ECEN refire ao pobo dos icenos —porén, isto iría en contra da práctica xeral das inscricións nas moedas celtas—. As derradeiras moedas cuñadas polos icenos deberon ser as de Prasutago. De xeito diferente ás súas predecesoras, estas moedas amosan unha forte influencia romana no seu deseño. A derrota dos icenos e o final da revolta de Boudica nos anos 60 ou 61 d.C. puxeron fin á produción de moedas icenas.[65]
Periferia ao oeste da zona central
Dúas tribos desta zona cuñaron moedas: os dobunni e os durotriges. Os deseños das súas moedas tendían a ser bastante conservadores e amosaban pouca influencia romana.[66]
As primeiras moedas epigráficas dos dobunni foron as que levaban as inscricións BODVOC e CORIO, que parecen facer referencia aos monarcas emisores. Malia non estar clara a cronoloxía exacta, semella que un rei Corio comezou a emitir moedas arredor do ano 30 a.C.[67] É posible que os reis Bodvoc e Corio gobernasen diferentes partes do territorio dos dobunni máis ou menos ao mesmo tempo.[66] Durante este período, os dobunni cuñaron sobre todo en prata, e as súas emisións en ouro foron moi irregulares.[43]
Bodvoc e Corio parece que foron seguidos por Comux e Chatti. De novo, a cronoloxía non está clara e é posible que gobernasen diferentes partes do territorio dobunni. Dos catro (Bodvoc, Corio, Comux e Chatti), crese que só Bodvoc emitiu moedas de prata con inscricións, en tanto que os outros poden estar relacionados con varias moedas de prata sen inscricións cuña produción se atribúe a esta mesma zona.[66]
Comux e Chatti parecen ter sido seguidos por Antedios e Eisv, probablemente nesa mesma orde. De xeito diferente aos seus predecesores, emitiron unidades de prata con inscricións.[66] No anverso de varios estateros de ouro dos dobunni, aparece un emblema ramificado, un símbolo cuxa orixe e cuxo significado non están claros, aínda que se suxeriu a súa relación co millo, cos fentos ou cunha variante da grilanda do estatero do tipo Q británico.[42]
Os durotriges emitiron unha serie de moedas que se foron degradando axiña ao longo deste período, comezando probablemente arredor do ano 50 a.C. cun estatero do tipo B británico feito nunha aliaxe de prata nunha proporción do 80 % e cunha porcentaxe bastante pequena de ouro.[36][66][67] Para o explicar, postulouse que a tribo carecía de acceso ao ouro naquel momento. Debido á falta de exemplares achados nun contexto arqueolóxico seguro, hai incerteza acerca da asignación dalgunhas das primeiras moedas aos durotriges, polo que é posible que a verdadeira cuñaxe durotrigiana non comezase ata uns anos máis tarde. Independentemente do punto de partida, o nivel de prata utilizado nestas moedas diminuíu progresivamente, ata que no ano 30 a.C. chegaron a ser cuñadas en bronce.[67]
Nalgún momento entre o 10 d. C. e o 40 d.C., os durotriges parecen ter emitido unha unidade de prata coa inscrición CRAB.[68] As derradeiras moedas dos durotriges eran bronces fundidos que se acharon en gran parte arredor de Hengistbury Head.[36][69] Estas moedas apareceron xunto a moedas romanas e parece posible que se cuñasen despois da conquista romana, aínda que non está claro o motivo desta emisión nin por que motivo se podería ter permitido. As emisións dos durotriges chegaron á súa fin cara ao ano 100 d.C.[36]
Escocia e Gales
Durante este período non se cuñaron moedas nin en Gales nin en Escocia.[70] Ata 2015 só se acharan 35 moedas celtas en Gales, das cales case a metade correspondían aos dobunni. A principios da década de 2020 atopouse un tesouro doutras 15 moedas cuñadas polos coritanos preto de Llangoed, en Anglesey.[71]
En Escocia, ata 1997 só se acharan sete casos de moedas da época celta, dos que cinco están mal documentadas e poderían responder mesmo perdas modernas —nun caso, do século XIX—. Dos dous casos restantes, un é un estatero de South Ferriby atopado en Lauderdale e o outro un tesouro de moedas achado preto de Netherurd, que contiña máis de corenta “glóbulos con cruz” ou “moedas bala”, xunto con varios torques de ouro. Estas moedas cuñáronse na Galia, probablemente nunha zona ao nordeste de París, aínda que a zona exacta non está nada clara. As moedas deste tipo cuñáronse por primeira vez arredor do ano 200 a.C., mais seguiron utilizándose ata a ocupación romana. Suxeriuse que a súa presenza en Escocia se debe a razóns políticas ou militares.[70]
Emisións posteriores aos celtas
Coa derrota dos icenos e a ocupación do seu territorio, a cuñaxe de moeda celta chegou á súa fin; é posible que as moedas fundidas de Hengistbury Head continuasen uns anos máis.[36][72] Nas zonas ocupadas xa se retomara unha certa produción de moedas dun nivel de oficialidade pouco claro. Logo da primeira ondada de ocupación romana no ano 43 d.C., parece que se produciron copias de ases de baixa calidade, probablemente para compensar a falta de moeda miúda que se importaba das casas de moeda do Imperio Romano. A produción destas copias debeu deterse na década de 70 d.C.[73]
En torno ao ano 200 d.C. tivo lugar unha nova produción de carácter oficial, pouco clara e posiblemente variable, coa fabricación de copias fundidas de denarios de prata.[74] A cuñaxe oficial non volvería iniciarse ata o establecemento de cecas por parte de Carausio logo da revolta carausiana do ano 286.[75]
Apareceron moedas celtas en depósitos arqueolóxicos datados moito despois de que cesase a súa cuñaxe. Por exemplo, achouse un único espécime dunha unidade de prata, xunto con catro sceatta, nun depósito preto de Birchington-on-Sea que se datou en torno ao ano 600.[76]
↑Thomas, S. (2013). "Wanborough". TraffickingCulture. org. 27 de maio.
↑Allen, D. (1968). "Iron Currency Bars in Britain". En Proceedings of the Prehistoric Society. Nº 33. Páxinas 307-335.
↑Cunliffe, B. (2005). Iron Age Communities in Britain: An Account of England, Scotland and Wales from the Seventh Century BC until the Roman Conquest (4ª ed.). Routledge. Páxina 495. ISBN 978-0415347792
↑ 8,08,1Henderson, J. (2000). The Science and Archaeology of Materials: An Investigation of Inorganic Materials. Routledge. Páxinas 280-282. ISBN 0415199344
↑ 9,09,1Einzig, P. (2014). Primitive Money: In its Ethnological, Historical and Economic Aspects. Elsevier. Páxinas 234-238. ISBN 978-1483157153
↑Van Arsdell, R. D. "Earliest use of money". Celtic Coinage of Britain (Vanarsdellcelticcoinageofbritain.com).
↑R. Hobbs (2015). "Late Iron Age Coins". En Atkinson, M.; Preston, S. J. (eds.). Heybridge: A late Iron Age and Roman settlement. Excavations at Elms Farm 1993-5. Vol 2. East Anglian Archaeology. ISBN 978-1841940991
↑ 34,034,134,2De Jersey, P. (1996). Páxinas 21-27.
↑"Early local stater issues (British A, C and D)". En Bean, S. C. (1994). Páxinas 77-110.
↑ 36,036,136,236,336,436,5Papworth, M. (2011). The Search for the Durotriges Dorset and the West Country in the Late Iron Age. The History Press. Páxinas 55-99. ISBN 9780752498478
↑ 70,070,1Hunter, F. (1997). "Iron Age coins in Scotland". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. Nº 127. Society of Antiquaries of Scotland. Páxinas 513-525.
United States historic placeLiberty County CourthouseU.S. National Register of Historic Places Show map of GeorgiaShow map of the United StatesLocationCourthouse Sq., Hinesville, GeorgiaCoordinates31°50′52″N 81°35′45″W / 31.84769°N 81.59577°W / 31.84769; -81.59577Built1926ArchitectJ. J. BaldwinArchitectural styleClassical RevivalMPSGeorgia County Courthouses TRNRHP reference No.80001105[1]Added to NRHPSeptember 18, 1980 Liberty Count...
العلاقات الإثيوبية الليتوانية إثيوبيا ليتوانيا إثيوبيا ليتوانيا تعديل مصدري - تعديل العلاقات الإثيوبية الليتوانية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين إثيوبيا وليتوانيا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين: ...
Questa voce sull'argomento stagioni delle società calcistiche italiane è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Voce principale: Associazione Sportiva Petrarca Calcio. Petrarca Football ClubStagione 1922-1923Sport calcio Squadra Petrarca Presidente ? Prima Divisione11º posto nel girone A della Lega Nord. Retrocesso in Seconda Divisione. 1921-1922 1923-1924 Si invita a seguire il mode...
Daftar keuskupan di Liberia adalah sebuah daftar yang memuat dan menjabarkan pembagian terhadap wilayah administratif Gereja Katolik Roma yang dipimpin oleh seorang uskup ataupun ordinaris di Liberia. Konferensi para uskup Liberia bergabung dalam Konferensi Waligereja Liberia. Saat ini terdapat 3 buah yurisdiksi, di mana 1 merupakan keuskupan agung dan 2 lainnya merupakan keuskupan sufragan. Daftar keuskupan Provinsi Gerejawi Monrovia Keuskupan Agung Monrovia: Lewis Zeigler Keuskupan Cape Pal...
Botanist (1812–1881) Sond. redirects here. For other uses, see Sond. Otto Wilhelm SonderOtto Wilhelm Sonder (1863)Born(1812-06-18)June 18, 1812Bad Oldesloe, Duchy of HolsteinDiedNovember 21, 1881(1881-11-21) (aged 69)Hamburg, GermanyScientific careerFieldsBotany, pharmacy Otto Wilhelm Sonder (18 June 1812, Bad Oldesloe – 21 November 1881) was a German botanist and pharmacist.[1] Life A native of Holstein, Sonder studied at Kiel University, where he sat pharmaceutical examinat...
Disambiguazione – Se stai cercando altri significati, vedi Arpa (disambigua). ArpaInformazioni generaliOrigineMedio oriente, estremo oriente InvenzioneXVII secolo Classificazione322-5 Arpe UsoMusica dell'antichità Musica medievale Musica rinascimentale Musica barocca Musica galante e classica Musica europea dell'Ottocento Musica contemporanea Musica folk Electronic dance music Estensione Genealogia ← AntecedentiDiscendenti → cetra, liraarpa celtica, arpa elettrica L&...
StarmanLagu oleh David Bowiedari album The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from MarsSisi-BSuffragette CityDirilis28 April 1972 (1972-04-28)Format7 singleDirekamTrident Studios, London4 February 1972GenreGlam rockDurasi4:16LabelRCA 2199PenciptaDavid BowieProduserDavid Bowie dan Ken Scott Starman adalah lagu David Bowie yang direkam tanggal 4 Februari 1972[1] dan dirilis dalam bentuk singel pada bulan April. Lagu ini adalah tambahan terbaru untuk album The Rise and ...
Indian online news website The PrintType of siteNews mediaAvailable inEnglish, HindiCountry of originIndiaOwnerPrintline Media Pvt. Ltd.Created byShekhar GuptaRevenueAds, subscriptionURLtheprint.inCommercialYesLaunchedAugust 2017; 6 years ago (2017-08) The Print is an Indian online newspaper, owned by Printline Media Pvt Ltd.[1] It was launched by journalist Shekhar Gupta in August 2017.[2][3] History Printline Media Pvt. Ltd, founded b...
České Budějovice BudweisKotaFrom top: Alun-alun Ottokar II., Kolam renang kota, Katedral St. Nicholas, Máj Centre, Pusat perbelanjaan IGY, Fakultas Filsafat Universitas Bohemia Selatan, Rumah sakit BenderaLambang kebesaranWordmarkČeské BudějoviceLokasi kota di Republik CekoKoordinat: 48°58′29″N 14°28′29″E / 48.97472°N 14.47472°E / 48.97472; 14.47472Negara CekoRegionBohemia SelatanDistrikČeské BudějovicePertama disebut1251Pemerintahan •...
Airdrieonians F.C.Calcio The Diamonds (I Quadri), The Waysiders. Segni distintiviUniformi di gara Casa Trasferta Colori sociali Bianco, rosso Dati societariCittàAirdrie Nazione Scozia ConfederazioneUEFA Federazione SFA CampionatoScottish Championship Fondazione2002 Presidente Martin Ferguson Allenatore Rhys McCabe StadioExcelsior Stadium(10.172 posti) Sito webwww.airdriefc.com/ PalmarèsSi invita a seguire il modello di voce L'Airdrieonians Football Club, meglio noto come Airdrieonians,...
Canadian cyclist (born 1965) Brian WaltonWalton riding in the Canadian road champion jersey for 7-Eleven in the 1988 Tour de White RockPersonal informationBorn (1965-12-18) December 18, 1965 (age 58)Ottawa, Ontario, CanadaTeam informationCurrent teamRetiredDisciplineRoadTrackRoleRiderProfessional teams1989–19927-Eleven1993–2000Saturn Managerial team2000–2003Team Snow Valley Medal record Representing Canada Men's track cycling Olympic Games 1996 Atlanta Points race Pan Am...
Railway station in Madhya Pradesh This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Charkheda Khurd railway station – news · newspapers · books · scholar...
Chemical compound d-DeprenylClinical dataOther namesdextro-N-propargyl-N-methylamphetamineIdentifiers IUPAC name (2S)-N-methyl-1-phenyl-N-prop-2-ynyl-propan-2-amine CAS Number4528-51-2 YPubChem CID199605ChemSpider172774 NUNIIYK7HY2RY1WCompTox Dashboard (EPA)DTXSID901317215 Chemical and physical dataFormulaC13H17NMolar mass187.286 g·mol−13D model (JSmol)Interactive imageChiralityDextrorotatory enantiomer SMILES C#CCN([C@H](Cc1ccccc1)C)C InChI InChI=1S/C13H17N/c1-4-10-14(3)12(...
This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (March 2015) Football tournament season 2015 Bahraini King's CupTournament detailsCountry BahrainTeams19Final positionsChampionsAl HiddRunner-upBusaiteen ClubTournament statisticsMatches played18Goals scored67 (3.72 per match)← 20142015-16 → The Bahraini King'...
King of Cambodia (1941–1955, 1993–2004) Samdech Euv redirects here. For other uses, see Samdech Euv (disambiguation). Norodom SihanoukSihanouk in 1983King of CambodiaFirst reign24 April 1941 – 2 March 1955Coronation3 May 1941PredecessorSisowath MonivongSuccessorNorodom SuramaritPrime ministers See list Himself Son Ngoc Thanh Sisowath Monireth Sisowath Youtevong Sisowath Watchayavong Chhean Vam Penn Nouth Yem Sambaur Ieu Koeus Sisowath Monipong Oum Chheang Sun Huy Kanth...
Mating system in which the female partner may have multiple partners This article is about polyandrous marriage practices. For polyandrous animal mating, see Polyandry in nature. Draupadi and her five brother husbands, the Pandavas. Top down, from left to right: the twins Nakula and Sahadeva stand either side of the throne on which Yudhishthira and Draupadi sit between Bhima and Arjuna. Part of a series on theAnthropology of kinship Basic concepts Family Lineage Affinity Consanguinity Marriag...
У этого термина существуют и другие значения, см. Башня (значения). Основные системы расположения однородных башен на корабле:1) линейная;2) ромбическая;3) эшелонная..Установка башни на основной танк M3A3. Хорошо видна башенная корзина.Башня линкора «Айова» с орудиями 406 мм. Бр...
German historian and sociologist This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these messages) The topic of this article may not meet Wikipedia's notability guideline for academics. Please help to demonstrate the notability of the topic by citing reliable secondary sources that are independent of the topic and provide significant coverage of it beyond a mere trivial mention. If notability cannot be shown, the a...
Period of Japanese history from CE 1185 to 1333 This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (May 2020) (Learn how and when to remove this message) Part of a series on theHistory of JapanShōgun Minamoto no Yoritomo, founder of the Kamakura shogunate PeriodsPaleolithicbefore 14,000 BCJōmon14,000 – 1000 BCYayoi 1000 BC – 300 ADKofun 300 AD ̵...