Celtas en Transilvania

Movementos dos celtas en Transilvania no século -III.

Os celtas en Transilvania apareceron no período tardío da Cultura de La Tène (século -IV). A escavación da gran necrópole de Apahida, Condado de Cluj, por S. Kovacs a comezos do século XX, revelou as primeiras evidencias da cultura celta en Romanía. O asentamento, que data entre o século -III e -II, é notable polos seus enterramentos de cremación e, sobre todo polos os vasos funerais.

A historia cronolóxica dos celtas de Transilvania pode ser investigada a partir dos achados arqueolóxicos de La Tène, pero case non hai rexistros antigos que permiten a reconstrución dos acontecementos políticos na zona. Os celtas exerceron goberno político-militar sobre Transilvania entre o século -IV e -II, e trouxeron con eles unha tecnoloxía máis avanzada, o ferro. Eles foron os responsables da difusión do roda de oleiro nunha área moito máis ampla da que ocupaban.

Notas