Cruz celta no Quebec .
Coñécese como Rexurdimento celta o revivir do interese pola cultura, os mitos, lendas e a literatura dos "pobos celtas " que se produciu en Europa na segunda metade do século XVIII e continuou durante o Romanticismo e parte do século XX .
Historia
O interese polas culturas gótica e celta apareceu a mediados do século XVIII [ 1] coas obras de Thomas Gray , influenciadas pola colección de poesÃa galesa publicada por Ieuan Brydydd en 1764 . Foron moi populares influentes tamén os poemas pseudo-ossiánicos escritos por James Macpherson .
No século XIX publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, especialmente, os Mabinogion (Charlotte Guest , 1838 -1849 ), o Barzaz Breiz e Os Bardos bretóns do século VI (Hersart de la Villemarqué , 1839 -1850 ). En 1854 Ernest Renan publicou A PoesÃa das razas celtas , un estudo moi influente e en 1865 -6 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en Oxford que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuÃu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877 .
Durante o XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como Thomas Love Peacock , Tennyson e Gerard Manley Hopkins . En Escocia destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso na Irlanda con autores como W. B. Yeats , "AE" (pseudónimo de George William Russell , Oliver St John Gogarty , Sean O'Casey e James Stephens . En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta ".
Galicia
Gaiteiros galegos.
Galiza tamén tivo o seu propio rexurdimento celta,[ 2] coñeceuse como "celtismo " e o seu maior representante foi Eduardo Pondal . Durante a ditadura de Francisco Franco , tódalas formas da cultura galega foron suprimidas en favor da cultura española que estaba fortemente baseada na cultura andaluza . Esta época de negación cultural durou até a morte de Franco, en 1975, cando foi restaurada a democracia e todas as culturas do estado puideron florecer unha vez máis. Destacados músicos e agrupacións celtas son Carlos Núñez , Luar na Lubre e Susana Seivane .[ 3] Hoxe en dÃa, o Movemento de Rexurdimento Galaico ten como obxectivo revivir a lingua galaica .[ 4] [ 5] [ 6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
BibliografÃa
Brown, Terence (ed.), Celticism (1996), ISBN 90-5183-998-7 .
Castle, Gregory. Modernism and the Celtic Revival . Cambridge: Cambridge University Press, 2001.
Foster, R. F. (1997). W. B. Yeats: A Life, Vol. I: The Apprentice Mage . Nova York: Oxford UP . ISBN 0-19-288085-3 .
Foster, R. F. (2003). W. B. Yeats: A Life, Vol. II: The Arch-Poet 1915–1939 . Nova York: Oxford UP. ISBN 0-19-818465-4 .
Gardiner, M. (2005). Modern Scottish Culture . Edinburgh: Edinburgh University Press. ISBN 0-7486-2027-3 .
MacDonald, M. (2000) Scottish Art . Londres: Thames and Hudson. ISBN 0-500-20333-4 .