O concurso Miss España é un certame de modelos femininas de nivel español, que se celebra anualmente. Organizado por unha empresa privada, o premio escólleo un xurado que avalía a beleza, a calidade da modelaxe e a resposta a algunhas tarefas específicas relacionadas coa actitude. As candidatas participantes escóllense en diversos procesos de selección de carácter provincial.
O concurso adoita celebrarse no mes de marzo.
Historia
A primeira edición do concurso celebrouse en 1929, co nome de Señorita de España. Suspendido pola guerra civil española en 1936, non se recuperou a súa celebración ata a década dos sesenta. Dende 1995, só poden participar candidatas seleccionadas por provincias, se ben con anterioridade combinábanse provincias, rexións, zonas turísticas etc.