Meridiano primario

Un meridiano primario (ou meridiano orixe) é un meridiano que, en cartografía, serve de referencia de lonxitude, é dicir representa os 0° de lonxitude, na escala de lonxitudes dun corpo celeste. A diferenza dos paralelos definidos completamente polo eixo de rotación dun obxecto celeste, a elección dun primeiro meridiano é totalmente arbitraria.

Historia

A primeira proxección de Tolomeo, rexeitada por Máximo Planudes contra 1300, utilizando un meridiano a través das Illas Canarias no oeste de África
Facsímile do mapa de Diogo Ribeiro de 1529; o orixinal atópase na Biblioteca do Vaticano.
1571: mapa de África de Abraham Ortelius, co Cabo Verde como primeiro meridiano.
Gerardus Mercator, no seu Atlas Cosmographicae (1595), utiliza un meridiano principal nun lugar próximo a 25 ° O, pasando xusto ao oeste da illa de Santa María no Atlántico. O seu meridiano 180 percorre o estreito de Anian (estreito de Bering)

A noción de lonxitude foi desenvolvida polos gregos Eratóstenes (c. 276 a.C. - c. 195 a.C.) en Alexandría, e Hiparco (c. 190 a.C. - c. 120 a.C.) en Rodas, e aplicouse a un gran número de cidades polo xeógrafo Estrabón (64/63 aC - c. 24). Porén, foi Tolomeo (c. 90 - c. 168) quen primeiro empregou un meridiano consistente para un mapa mundial na súa Geographia .

Tolomeo utilizou como base as illas Afortunadas, un grupo de illas do Atlántico que adoita estar asociado ás illas Canarias (de 13° a 18° O), aínda que os seus mapas sitúanas máis preto das illas do Cabo Verde (22° a 25° O). O punto principal está colocado ao oeste da punta occidental de África (17,5° O), xa que aínda non se utilizaban os números negativos. O seu primeiro meridiano corresponde actualmente a 18° 40' oeste de Winchester (uns 20° O).[1] Entón, o método principal para determinar a lonxitude era utilizar a hora das eclipses lunares en diferentes países.

A Geographia de Tolomeo imprimiuse por primeira vez con mapas en Boloña en 1477, e moitos mapas de principios do século XVI seguírona. Pero aínda había a esperanza de que existise unha base "natural" para un meridiano cero. Cristovo Colón informou en 1493 que o compás apuntaba cara ao norte nalgún lugar do Atlántico medio, e este feito utilizouse no tratado de Tordesillas de 1494, que resolveu a disputa territorial entre España e Portugal sobre as terras recentemente descubertas. A liña de Tordesillas estableceuse finalmente en 370 leguas ao oeste do Cabo Verde. Isto móstrase no mapa de Diogo Ribeiro de 1529. A illa de São Miguel (25,5° O) nos Azores aínda foi usada pola mesma razón até 1594 por Christopher Saxton, aínda que para entón demostrouse que a liña de desviación magnética cero non seguía unha liña de lonxitude.[2]

En 1541, Mercator realizou o seu famoso mapa de 41 cm do planeta terrestre e debuxou o seu meridiano precisamente a través de Fuerteventura (14 ° 1' O) nas Canarias. Os seus mapas posteriores empregaron os Azores, seguindo a hipótese magnética, mais no momento en que Ortelius publicou o primeiro atlas moderno en 1570, outras illas como o Cabo Verde tamén se estaban a utilizar. No seu atlas, as lonxitudes contábanse de 0° a 360°, non de 180º O a 180º L, como é habitual na actualidade. Esta práctica foi seguida polos navegantes ata o século XVIII.[3] En 1634, o cardeal Richelieu empregou a illa máis occidental das Canarias, El Hierro, a 19° 55' ao oeste de París, como elección do meridiano. O xeógrafo Delisle decidiu redondealo ata os 20°, de forma que se converteu simplemente no meridiano de París disfrazado.[4]

A principios do século XVIII, a batalla continuou para mellorar a determinación da lonxitude no mar, levando o desenvolvemento do cronómetro mariño de John Harrison. Pero foi o desenvolvemento dos gráficos de estrelas precisos, principalmente polo primeiro astrónomo real británico, John Flamsteed entre 1680 e 1719 e difundido polo seu sucesor Edmond Halley, o que permitiu aos navegantes utilizar o método lunar de determinar a lonxitude con maior precisión mediante a octante desenvolvido por Thomas Godfrey e John Hadley.[5] Entre 1765 e 1811, Nevil Maskelyne publicou 49 números do almanaque náutico baseado no meridiano do Observatorio Real de Greenwich. As táboas de Maskelyne non só facían que o método lunar fose posible, senón que tamén facían do meridiano de Greenwich o punto de referencia universal. Mesmo as traducións francesas do almanaque náutico retiveron os cálculos de Maskelyne de Greenwich, a pesar de que todas as demais táboas de Connaissance des Temps consideraban o meridiano de París como principal.[5]

En 1884, na Conferencia Meridiana Internacional de Washington, delegados de vinte e cinco países votaron para adoptar o meridiano de Greenwich como primeiro meridiano do mundo.[6] Os franceses argumentaron unha liña neutral, mencionando os Azores e o estreito de Bering, mais finalmente abstivéronse e continuaron a empregar o meridiano de París ata 1911.

Lista de meridianos primarios da Terra

Localización Lonxitude actual Nome do meridiano Notas
Estreito de Bering 168°30' O Ofrecido en 1884 como posibilidade para un "meridiano primario neutral" por Pierre Janssen na Conferencia Internacional do Meridiano.[7]
Washington, D.C. 77°03′56.07″ O (1897) ou 77°04′02.24″ O (NAD 27) ou 77°04′01.16″ O (NAD 83) meridiano do New Naval Observatory
Washington, D.C. 77°02′48.0″ O, 77°03′02.3″, 77°03′06.119″ O ou 77°03′06.276″ O (ambos presuntamente NAD 27). Si fuese NAD27, o primeiro sería 77°03′05.194″ O (NAD 83) meridiano do Old Naval Observatory
Washington, D.C. 77°02′11.56299″ O (NAD 83),[8] 77°02′11.55811″ O (NAD 83),[9] 77°02′11.58325″ O (NAD 83)[10] (tres monumentos diferentes que orixinariamente tiñan que estar no meridiano da Casa Branca) meridiano da Casa Branca
Washington, D.C. 77°00′32.6″ O (NAD 83) meridiano do Capitolio
Filadelfia 75° 10' 12″ O [11][12]
Río de Xaneiro 43° 10' 19″ O [13]
Illas Afortunadas / Azores 25° 40' 32″ O Usado ata a idade media, proposto como un dos meridianos neutrais por Pierre Janssen na Conferencia Internacional do Meridiano[14]
El Hierro (Ferro),
Illas Canarias
18° 03' O,
posteriormente redefinido como
17° 39' 46″ O
meridiano Ferro [15]
Tenerife 16° 38' 22" O meridiano de Tenerife Acadou importancia grazas aos cartógrafos e navegantes neerlandeses despois de que abandonasen a idea dun meridiano magnético[16]
Cádiz 6° 17' 35.4" O meridiano de Cádiz Observatorio real na torre sueste do Castelo da vila, empregado en 1735–1850 pola armada española.[17][18]
Lisboa 9° 07' 54.862″ O [19]
Madrid 3° 41' 16.58″ O [19]
Kew 0° 00' 19.0″ O Meridiano primario Situado no Kew Observatory de Xurxo III
Greenwich 0° 00' 05.3101″ O Meridiano de Greenwich Meridiano Airy[20]
Greenwich 0° 00' 05.33″ O United Kingdom Ordnance Survey Zero Meridian Meridiano Bradley[20]
Greenwich 0° 00' 00.00″ IERS Reference Meridian
París 2° 20' 14.025″ L meridiano de París
Bruxelas 4° 22' 4.71″ L [19]
Anveres 4° 24' L meridiano de Anveres
Ámsterdam 4° 53' L A través do Westerkerk de Ámsterdam; usado para definir o tempo legal nos Países Baixos entre 1909 e 1937[21]
Pisa 10° 24' L [11]
Oslo (Kristiania) 10° 43' 22.5″ L [11][12]
Florencia 11°15' L meridiano de Florencia Usado na proxección Peters, 180° a partir do meridiano que atravesa o estreito de Bering
Roma 12° 27' 08.4″ L meridiano do Monte Mario Usado en Roma 40 Datum[22]
Copenhague 12° 34' 32.25″ L Rundetårn[23]
Nápoles 14° 15' L [14]
Pressburg 17° 06' 03″ L Meridianus Posoniensis Usado por Sámuel Mikoviny
Buda 19° 03' 37″ L meridianu(s) Budense Empregado en 1469–1495; introducido por Regiomontanus, usado por Marcin Bylica, Galeotto Marzio, Miklós Erdélyi (1423–1473), Johannes Tolhopff (c. 1445–1503), Johannes Muntz. Establecido no castelo real (e observatorio) de Buda.
Estocolmo 18° 03' 29.8″ L no Observatorio de Estocolmo[19]
Cracovia 19° 57' 21.43″ L Meridiano de Cracovia No antigo observatorio de Cracovia no Colexio Śniadecki; mencionado atmén na obra de Nicolao Copérnico Sobre as revolucións das esperas celestiais.
Varsovia 21° 00' 42″ L Meridiano de Varsovia [19]
Várad 21° 55' 16″ L Tabulae Varadienses [24] Between 1464 and 1667, a prime meridian was set in the Fortress of Oradea (Varadinum at the time) by Georg von Peuerbach.[25]
Alexandría 29° 53' L Meridiano de Alexandría Meridiano do Almaxesto de Tolomeo.
San Petersburgo 30° 19' 42.09″ L Meridiano de Pulkovo
Gran Pirámide de Giza 31° 08' 03.69″ L 1884[26]
Xerusalén 35° 13' 47.1″ L [12]
A Meca 39° 49' 34″ L Tempo da Meca[27]
Ujjain 75° 47' L Empregado dende o século IV na astronomía e nos calendarios da India.[28]
Kyoto 136° 14' L Empregado nos mapas xaponeses dos séculos XVIII e XIX (oficialmente en 1779–1871).
~ 180 Oposto a Greenwich, proposto o 13 de outubro de 1884 na Conferencia Internacional do Meridiano por Sandford Fleming[14]

Outros corpos celestes

Coma na Terra, os meridianos primarios noutros corpos teñen que definirse arbitrariamente. Ás veces emprégase algún elemento da paisaxe como un cráter, outras veces en referencia a outro obxecto celeste ou por campos magnéticos. Definiuse un meridiano cero para estes obxectos do Sistema Solar:

  • Empréganse dous sistemas de coordenadas diferentes para o Sol. O primeiro é o sistema Carrington, segundo o cal o meridiano primario pasa polo centro do disco solar que se vía dende a Terra o 9 de novembro de 1853, cando o astrónomo Richard Christopher Carrington comezou as súas observacións de manchas solares.[29] O segundo é o sistema Stonyhurst, orixinado no Observatorio Stonyhurst.
  • Na Lúa pasa directamente por medio da cara visible dende a Terra, preto do cráter Bruce. Máis xeralmente, para obxectos cunha rotación que sexa síncrona, é posible adoptar a posición media do punto que se atopa directamente ao corpo ao redor do cal viran como orixe das lonxitudes. Esta convención adóptase xeralmente para Ío, Europa, Ganímedes, Calisto ou Titán.
  • En Mercurio, en 1975[30][31] definiuse como 20 ° ao leste do pequeno cráter chamado Hun Kal ("20" en maia).[32]
  • En Venus, o meridiano pasa polo pico central do cráter Ariadne.[33]
  • En Marte, o primeiro meridiano é definido polo cráter Airy-0 e definiuse en 1971.[34]
  • Nos xigantes gasosos, que non teñen unha superficie sólida e a atmosfera vira a diferentes velocidades segundo a latitude, pódense utilizar varios sistemas como referencia do campo magnético destes planetas.[35]

Notas

  1. Norgate & Norgate 2006
  2. Hooker 2006
  3. Por exemplo, Jacob Roggeveen en 1722 deu a lonxitude da illa de Pascua como 268° 45' (comezando en Fuerteventura) no extracto do seu diario oficial reproducido en Bolton Glanville Corney, ed. (1908). The voyage of Don Felipe Gonzalez to Easter Island in 1770-1. Hakluyt Society. p. 3. Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  4. Discurso de Pierre Janssen, director do observatorio de París na primeira sesión da Conferencia sobre o Meridiano.
  5. 5,0 5,1 Sobel & Andrewes 1998
  6. Royal Museums Greenwich, ed. (n.d.). "The Prime Meridian at Greenwich". Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  7. International Conference Held at Washington for the Purpose of Fixing a Prime Meridian and a Universal Day. Outubro de 1884. Project Gutenberg
  8. NGS 2016, PID: HV1847.
  9. NGS 2016, PID: HV1846.
  10. NGS 2016, PID: AH7372.
  11. 11,0 11,1 11,2 Hooker (2006), introduction.
  12. 12,0 12,1 12,2 Oct. 13, 1884: Greenwich Resolves Subprime Meridian Crisis, WIRED, 13 de outubro de 2010.
  13. Atlas do Brazil, 1909, by Barão Homem de Mello e Francisco Homem de Mello, published in Rio de Janeiro by F. Briguiet & Cia.
  14. 14,0 14,1 14,2 "The Project Gutenberg eBook of International Conference Held at Washington for the Purpose of Fixing a Prime Meridian and a Universal Day". Gutenberg.org. 12 de febreiro de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  15. Antigüidade, usado na Geographia de Tolomeo. Posteriormente redefinido como 17° 39' 46″ O de Greenwich para estar exactamente 20° ao oeste de París.
  16. A.R.T. Jonkers; Parallel meridians: Diffusion and change in early modern oceanic reckoning, en Noord-Zuid in Oostindisch perspectief, A Haia, 2005, p. 7. Consultado o 2 de febreiro de 2015.
  17. "In search of the lost meridian of Cadiz" Arquivado 30 de novembro de 2019 en Wayback Machine., El País, 23 de decembro de 2016. Consultado o 8 de novembro de 2018.
  18. Antonio Lafuente and Manuel Sellés, El Observatorio de Cádiz (1753–1831), Ministerio de Defensa, 1988, páx.144, ISBN 84-505-7563-X. (en castelán)
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Bartky, Ian R. (2007). One Time Fits All: The Campaigns for Global Uniformity. Stanford University Press. p. 98. ISBN 978-0-8047-5642-6. 
  20. 20,0 20,1 Dolan 2013a.
  21. Eenheid van tijd in Nederland (Unity of time in the Netherlands), Utrecht University website, consultado o 28 de agosto de 2013 (en neerlandés).
  22. Grids & Datums – Italian Republic, asprs.org, Consultado o 10 de decembro de 2013.
  23. meridian, article from Den Store Danske Encyklopædi
  24. Oradea, Tourism office website, consultado o 3 de febreiro de 2015.
  25. "Romanian astronaut makrsk 10th anniversary of Prime Meridian Astronomy Club". NineO'Clock.ro. 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 26 de xuño de 2017. 
  26. Wilcomb E. Washburn, "The Canary Islands and the Question of the Prime Meridian: The Search for Precision in the Measurement of the Earth Arquivado 29 de maio de 2007 en Wayback Machine."
  27. Maimónides, Hilchot Kiddush Hachodesh 11:17 Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., chama este punto אמצע היישוב, "o medio do cuarto", é dicir, o hemisferio habitable. Evidentemente isto é unha convención acepatada polos xeógrafos árabes do momento.
  28. Burgess 1860
  29. "Carrington heliographic coordinates". 
  30. Merton E. Davies, "Surface Coordinates and Cartography of Mercury," Journal of Geophysical Research, Vol. 80, No. 17, 10 de xuño de 1975
  31. Merton E. Davies, S. E. Dwornik, D. E. Gault, and R. G. Strom, NASA Atlas of Mercury, NASA Scientific and Technical Information Office, 1978.
  32. "History NASA". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  33. "USGS Astrogeology: Rotation and pole position for the Sun and planets (IAU WGCCRE)". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2011. Consultado o 22 de outubro de 2009. 
  34. Merton E. Davies, and Berg, R. A.; "Preliminary Control Net of Mars", Journal of Geophysical Research, vol. 76, no. 2, 10 de xaneiro de 1971, pp. 373–393
  35. "Planetographic Coordinates". Consultado o 24 de maio de 2017. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

Prefektur Kōchi 高知県PrefekturTranskripsi Jepang • Jepang高知県 • RōmajiKōchi-ken BenderaLambangKoordinat: 33°26′N 133°26′E / 33.433°N 133.433°E / 33.433; 133.433Koordinat: 33°26′N 133°26′E / 33.433°N 133.433°E / 33.433; 133.433NegaraJepangWilayahShikokuPulauShikokuIbu kotaKōchiPemerintahan • GubernurMasanao OzakiLuas • Total7,104,87 km2 (2,74.321 sq m...

 

Upacara keagamaan di Kelenteng Besar Yandi Shennong, Suizhou, Hubei; sebuah praktek agama tradisional Tionghoa. Balai utama Kota Delapan Simbol di Qi, Hebi, markas besar Gereja Weixinis di Henan. Weixinisme adalah sebuah agama keselamatan Tionghoa. Dalam kajian agama komparatif, agama Asia Timur atau agama Taois [1] membentuk cabang rangkaian dari agama Timur. Kelompok tersebut meliputi agama Tionghoa secara keseluruhan, yang meliputi penghormatan leluhur, agama tradisional Tionghoa, ...

 

Artikel ini berisi konten yang ditulis dengan gaya sebuah iklan. Bantulah memperbaiki artikel ini dengan menghapus konten yang dianggap sebagai spam dan pranala luar yang tidak sesuai, dan tambahkan konten ensiklopedis yang ditulis dari sudut pandang netral dan sesuai dengan kebijakan Wikipedia. (September 2023) Zenius EducationJenisPerseroan TerbatasIndustriPendidikan dan TeknologiDidirikan1 Januari 2004; 20 tahun lalu (2004-01-01)PendiriSabda PSMedy SuhartaDitutup22 Januari 2024; 50 ha...

Часть серии статей о Холокосте Идеология и политика Расовая гигиена · Расовый антисемитизм · Нацистская расовая политика · Нюрнбергские расовые законы Шоа Лагеря смерти Белжец · Дахау · Майданек · Малый Тростенец · Маутхаузен ·&...

 

MencintaimuAlbum studio karya KrisdayantiDirilis1 Januari 2000Direkam1999GenrePopLabelWarner Music IndonesiaProduserKrisdayantiKronologi Krisdayanti Menghitung Hari (1999)Menghitung Hari1999 Mencintaimu (2000) Makin Aku Cinta(2000)Makin Aku Cinta2000 Mencintaimu adalah album studio karya penyanyi pop Krisdayanti. Album ini dirilis pada tahun 2000 oleh Warner Music Indonesia.[1] Berisi 11 buah lagu, album ini melejitkan hit singel Mencintaimu, Yang Kumau, dan Rembulan. Melalui albu...

 

  لمعانٍ أخرى، طالع هنري ستيوارت (توضيح). هنري ستيوارت (بالإنجليزية: Henry Frederick, Prince of Wales)‏  معلومات شخصية الميلاد 19 فبراير 1594(1594-02-19)قلعة ستيرلينغ  الوفاة 6 نوفمبر 1612 (18 سنة)لندن  سبب الوفاة حمى التيفوئيد  مكان الدفن دير وستمنستر  مواطنة مملكة إنجلترا مملكة إسك...

American politician For the German general, see Richard Zimmer. Dick ZimmerMember of the U.S. House of Representativesfrom New Jersey's 12th districtIn officeJanuary 3, 1991 – January 3, 1997Preceded byJim CourterSucceeded byMike PappasMember of the New Jersey Senatefrom the 23rd districtIn officeApril 23, 1987 – January 3, 1991Preceded byWalter E. ForanSucceeded byWilliam E. SchluterMember of the New Jersey General Assemblyfrom the 23rd districtIn officeJanu...

 

2020 U.S. stage legislative elections For related races, see 2020 United States elections. 2020 United States state legislative elections ← 2019 November 3, 2020 2021 → 86 legislative chambers44 states   Party Republican Democratic Coalition Chambers before 59 39 1[a] Chambers after 61 37 1[a] Overall change 2 2 Map of upper house elections:     Democrats retained control     Republicans gained contro...

 

U.S. court case dealing with transgender rights G.G. v. Gloucester County School BoardCourtUnited States Court of Appeals for the Fourth CircuitFull case nameGavin Grimm v. Gloucester County School BoardArguedMay 26 2020DecidedAugust 26 2020Citation(s)972 F.3d 586 (4th Cir. 2020)Case opinionsMajorityFloyd, joined by WynnConcurrenceWynnDissentNiemeyer G.G. v. Gloucester County School Board was a court case dealing with transgender rights in the United States. The case involved a transgender bo...

United States historic placeWashington County Island Effigy Mound DistrictU.S. National Register of Historic PlacesU.S. Historic district A mound in the parkShow map of WisconsinShow map of the United StatesNearest cityFarmington, Washington County, WisconsinCoordinates43°27′48″N 88°08′21″W / 43.46333°N 88.13917°W / 43.46333; -88.13917Area22 acres (8.9 ha)NRHP reference No.96000417[1]Added to NRHPApril 25, 1996 The Lizard Mound (cent...

 

Song by IU Through the NightSingle by IUfrom the album Palette ReleasedMarch 24, 2017GenrePopLength4:13LabelFaveSongwriter(s)IUIU singles chronology Twenty-Three (2015) Through the Night (2017) Can't Love You Anymore (2017) Music videoThrough the Night on YouTube Through the Night (Korean: 밤편지; RR: Bampyeonji; lit. Night letter)[1] is a song by South Korean singer-songwriter IU for her fourth studio album Palette (2017). Written by IU and comp...

 

Football match2015 FIFA Club World Cup finalThe International Stadium Yokohama staged the finalEvent2015 FIFA Club World Cup River Plate Barcelona 0 3 Date20 December 2015 (2015-12-20)VenueInternational Stadium Yokohama, YokohamaMan of the MatchLuis Suárez (Barcelona)[1]RefereeAlireza Faghani (Iran)Attendance66,853WeatherClear night5 °C (41 °F)76% humidity← 2014 2016 → The 2015 FIFA Club World Cup final was the final match of the 2015 FIFA Club ...

Fernand KhnopffLahirFernand Edmond Jean Marie Khnopff12 September 1858 (1858-09-12)Grembergen, East Flanders, BelgiaMeninggal12 November 1921(1921-11-12) (umur 63)Brussels, Brabant, BelgiaKebangsaanBelgiaPendidikanXavier MelleryAcadémie Royal des Beaux-Arts, BrusselsAcadémie Julian, ParisDikenal atasPelukis, pematung, desainerKarya terkenalDes CaressesGerakan politikSymbolismPenghargaanLégion d'Honneur Fernand Edmond Jean Marie Khnopff (12 September 1858 – 12 Nov...

 

土库曼斯坦总统土库曼斯坦国徽土库曼斯坦总统旗現任谢尔达尔·别尔德穆哈梅多夫自2022年3月19日官邸阿什哈巴德总统府(Oguzkhan Presidential Palace)機關所在地阿什哈巴德任命者直接选举任期7年,可连选连任首任萨帕尔穆拉特·尼亚佐夫设立1991年10月27日 土库曼斯坦土库曼斯坦政府与政治 国家政府 土库曼斯坦宪法 国旗 国徽 国歌 立法機關(英语:National Council of Turkmenistan) ...

 

此條目可能包含不适用或被曲解的引用资料,部分内容的准确性无法被证實。 (2023年1月5日)请协助校核其中的错误以改善这篇条目。详情请参见条目的讨论页。 各国相关 主題列表 索引 国内生产总值 石油储量 国防预算 武装部队(军事) 官方语言 人口統計 人口密度 生育率 出生率 死亡率 自杀率 谋杀率 失业率 储蓄率 识字率 出口额 进口额 煤产量 发电量 监禁率 死刑 国债 ...

فريدي فوتريل (بالفرنسية: Fredy Fautrel)‏  معلومات شخصية الميلاد 31 أكتوبر 1971 (العمر 52 سنة)أبرنجش  مواطنة فرنسا  الحياة العملية المهنة حكم كرة قدم  اللغات الفرنسية  الرياضة كرة القدم[1]  تعديل مصدري - تعديل   فريدي فوتريل (بالفرنسية: Fredy Fautrel)‏ (مواليد 31 أكتوبر 1971 ...

 

The Monterey County HeraldThe July 27, 2009 front page ofThe Monterey County HeraldTypeDaily newspaperFormatBroadsheetOwner(s)Digital First MediaPublisherJim GleimEditorDavid KelloggHeadquartersMonterey, CaliforniaCirculation23,862 Daily58,001 Sunday (as of March 2013)[1]Websitemontereyherald.com The Monterey County Herald, sometimes referred to as the Monterey Herald, is a daily newspaper published in Monterey, California that serves Monterey County. In December, 2013, the Herald...

 

Existence of multiple racial groups within a single country U.S. Census Bureau survey section on race from 2010. This was the second time the United States allowed individuals to indicate more than one race on the census. Multiracialism is a conceptual framework used to theorize and interpret identity formation in global multiracial populations. Multiracialism explores the tendency for multiracial individuals to identify with a third category of 'mixed-ness' as opposed to being a fully accept...

Zhu XiZhu XiLahir18 Oktober 1130Youxi, Provinsi Fujian, Dinasti SongMeninggal23 April 1200(1200-04-23) (umur 69)Dinasti SongNama lainGelar panggilan: 元晦 YuánhuìAlias (号): 晦庵 Huì ÀnKawasanFilsafat TionghoaAliranKonfusianisme, Neo-Konfusianisme Dipengaruhi Konfusius, Mencius, Cheng Hao, Zhou Dunyi, Cheng Yi, Zhang Zai Memengaruhi Arthur Schopenhauer, Joseph Needham, Wang Yangming, Toegye, Wang Fuzhi, Qian Mu, Tu Wei-ming Ini adalah nama Tionghoa; marganya adalah Zhu. Zh...

 

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Kōhaku Uta Gassen – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2018) (Learn how and when to re...