Nunca o revelou, pero para os entendidos, desde a costa Báltica só había que voar sobre o tramo da vía férrea para chegar a Moscova, a unha altura moi escasa, fóra do alcance dos radares da defensa antiaérea.
As consecuencias da aterraxe na Praza Vermella
Uns días despois da aterraxe, Mikhail Gorbachev aproveita este inesperado suceso para substituír o ministro de defensa Serguéi Sokolov e ao comandante da defensa antiaérea Alexander Koldunov, antigo as da segunda guerra mundial (ambos os dous contrarios á glasnost e a perestroika), por homes afíns á súa política. Máis de 2000 oficiais (a maioría tamén opostos aos movementos reformistas de Gorbachev) perderon os seus postos. Este movemento foi clave na vitoria sobre os anteriormente feros militares, conservadores e antirreformistas.
O xuízo a Rust comezou en Moscova o 2 de setembro de 1987. É condenado a catro anos de traballos forzados por delitos leves de vandalismo, violación das leis de aviación civil e das fronteiras soviéticas. Tras permanecer en prisión 432 días no cárcere moscovita de Lefortovo, é posto en liberdade condicional. Volve a Alemaña occidental o 3 de agosto de 1988 despois de que o Secretario de Estado Andréi Gromyko, actuando como presidente do Soviet Supremo da URSS, asinase o documento que permitiu a Rust recuperar a liberdade.
Regreso a Alemaña e vida posterior
Ao seu regreso a Alemaña, Rust comeza o seu servizo comunitario obrigatorio nun hospital; pero tras apuñalar a unha compañeira de traballo, é sentenciado a 30 meses de prisión, dos que cumpre 15 meses.[1]
Volve a Rusia, onde traballa como vendedor de zapatos e posteriormente pasa dous anos viaxando ao redor do mundo. Coñece a unha muller coa que contraeu matrimonio (Athena) en Trindade, e vivían xuntos en Berlín, onde el traballaba para unha compañía financeira.
No ano 2007, aos 39 anos, Rust divórciase da súa segunda esposa, unha muller da India.
En abril de 1994 Rust volveu a Rusia para visitar puntos de interese, tales como a ponte no que aterrou en 1987.