O servizo de control do tráfico aéreo, tamén coñecido polas súas siglas en inglésATC (Air Traffic Control) préstase polos países asinantes do tratado de Chicago que deron orixe á creación da OACI/ICAO nos termos especificados polas normas desta organización internacional.
O espazo aéreo divídese en rexións de información de voo, coñecidas como FIR (Flight Information Region) e cada país faise responsable do servizo nas comprendidas na súa 'área de responsabilidade'. En moitos casos esta área de responsabilidade excede as augas territoriais dun país a fin de que o espazo aéreo comprendido sobre as augas internacionais sexa provisto dun servizo de información. O espazo aéreo no que se presta o servizo de control aéreo chámase 'espazo aéreo controlado'. A Unidade encargada de dar servizo de control ao tráfico aéreo nestas áreas recibe o nome de Centro de Control de Área. Debido ao amplo espazo aéreo que manexan,están divididos en Sectores de Control, cada un responsable dunha parte do espazo total ao seu cargo. Cando un avión está a piques de saír dun sector é traspasado ao seguinte sector en forma sucesiva, ata a aterraxe no seu destino. Actualmente, a maior parte das rutas aéreas están cubertas por radares, o que permite facer un seguimento permanente aos voos.
Nas rexións de información de voo atópanse as áreas terminais (TMA) dos aeroportos importantes e entre elas discorren as aerovías, corredores polos que circulan as aeronaves. Outros elementos son as áreas prohibidas, restrinxidas ou perigosas que son zonas onde o voo de aeronaves vese restrinxido en diferentes medidas e por causas diversas.
As normas que regulan a circulación aérea no espazo aéreo controlado recóllense no Regulamento de Circulación Aérea.