Filla do embaixador Marcos Vieira da Silva, Maria Helena demostrou interese polas artes dende pequena. Aos once anos comezou a estudar pintura e deseño na Academia de Belas Artes de Lisboa e, motivada pola escultura, estudou Anatomía na Facultade de Medicina de Lisboa.
Vieira da Silva adicouse á ilustración e escritura de libros para rapaces. Kô et Kô, les deux esquimaux, é o título dunha historia para rapaces inventada por ela en 1933.
A partir de 1948 o estado francés comezou a adquirir as súas pinturas, e en 1956 tanto ela como o seu marido obtiveron a nacionalidade francesa. En 1960 o Goberno francés outorgoulle a súa primeira condecoración, en 1966 foi a primeira muller en recibir do Grand Prix National des Arts e en 1979 converteuse en dama da lexión de honra francesa.
Obra
Contra finais dos anos 1950, Vieira da Silva adquirira renome internacional polas súas composicións densas e complexas, influenciadas por Paul Cézanne, coas súas formas fragmentadas, as súas ambigüidades espaciais e unha paleta de cores relacionado co cubismo e coa arte abstracta.
Está considerada como unha das artistas máis importantes da arte abstracta da posguerra[Cómpre referencia], aínda que a súa pintura non sexa puramente abstracta. As súas obras aseméllanse por veces a cidades labirínticas ou mesmo a estantes de biblioteca, alegorías dunha demanda eterna do coñecemento e do absoluto.
Vieira da Silva expuxo as súas obras a través do mundo e gañou un premio de pintura na bienal de São Paulo en 1961.
Obras Ilustradas
René Char, L'Inclémence lointaine, con vinte e cinco gravados de buril de Vieira da Silva, Pierre Berès editor, 1961.
Platón, Le Banquet, tradución de Pierre Boutang, Hermann, París, 1989.
Maria Helena Vieira da Silva, Kô & Kô les deux esquimaux (conxunto de obras para a xuventude publicadas en 1933 con 300 exemplares na galería Jeanne-Bucher cun texto de Pierre Gueguen), nova edición, Chandeigne, París, 2005, 28 páxinas + dúas pranchas de corte ISBN 2-915540-20-9
Harambourg, L. (1993): Maria Elena Vieira da Silva, en L'École de Paris 1945-1965, Dictionnaire des peintres, Neuchâtel, Ides et Calendes, ISBN 2-8258-0048-1
Colectánea (Virginie Duval, Fondation Dina Vierny-Musée Maillol, Musée Campredon...), Vieira da Silva, Reunión das Musas Nacionais, Le Seuil, 1999, 178 páxinas, ISBN 2-7118-3877-3
Weelen, Guy e Lassaigne, Jacques (1992): Vieira da Silva, Cercle d'Art, 366 páxinas, ISBN 2-7022-0323-X (2e edición).
Weelen, Guy (1993): Maria-Helena Vieira da Silva nas coleccións portuguesas. Catálogo da exposición no Museo de Pontevedra.