Foi fundado en 1969 trala unión do Juventud de Marcón e o San Miguel, con Francisco Rodríguez Loureiro como primeiro presidente. En 1970 substituíuno no cargo Manuel Peón Baltasar. Conta con diversos equipos de categorías de fútbol base e veterano. Xoga no campo de Carrasco, de herba sintética.
Acolle o torneo Ferretería Galega desde 1970.
Uniforme
Titular: Camiseta branca, pantalón azul e medias azuis.