O músculo palmar curto é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. É un pequeno músculo intrínseco da man, de forma cuadrangular. Sitúase baixo a pel e cobre os músculos da eminencia hipotenar, a arteria cubital e a rama superficial do nervio cubital na zona interna da palma. Orixínase na aponeurose palmar e no retináculo flexor e se insire na derme da pel do bordo medial da man.
Función
O palmar curto deprime a conca da palma ao tensar a pel sobre a eminencia hipotenar e forma un suco nítido, o que pode mellorar a función de presa.
Innervación
O palmar curto está innervado pola rama superficial do nervio cubital.
Véxase tamén
Bibliografía
Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).