Luisa Gavasa Moragón, nada en Zaragoza o 8 de abril de 1951, é unha actriz española.[1]
Traxectoria
Na súa traxectoria profesional colaborou co Teatro Estable de Zaragoza ou co Nuevo Teatro de Aragón, así como na Compañía Adrià Gual, de Ricard Salvat. Actuou en teatros como o María Guerrero, o Teatro da Comedia ou o Liceu barcelonés.[1]
Debutou no cinema en 1977 con Doña Perfecta, de César Fernández Ardavín, e traballou con Pedro Almodóvar (Entre tinieblas, 1983), Miguel Picazo (Extramuros, 1985), Felipe Vega (Mientras haya luz, 1987), Agustí Villaronga (99.9, 1997), Salvador García Ruiz (Mensaka, 1998), Juan Vicente Córdoba (Aunque tú no lo sepas, 2000), Javier Balaguer (Sólo mía, 2001) ou Juanra Fernández (Para Elisa, 2013). Gañou o Goya á mellor actriz secundaria en 2015 por La novia.[2]
Gavasa foi homenaxeada pola súa traxectoria na edición de 2009 da Semana do Cinema e da Imaxe de Fuentes de Ebro (Scife).[3] En 2014, o concello de Zaragoza nomeouna filla predilecta da cidade.[4]
Interveu de xeito episódico en series de televisión como Los protegidos, La que se avecina, Velvet, El ministerio del tiempo ou El Caso: Crónica de sucesos. En 2017 incorporouse ao elenco da miniserie Perdóname, Señor, en Telecinco, en que interpreta a Doña Matilde. Ademais, participou en varios episodios de Las chicas del cable (Netflix) dando vida a Pilar de Senillosa, nai de Carlota (Ana Fernández).
Filmografía
Series de televisión
Notas
Véxase tamén