Mensaka é unha película española de Salvador García Ruiz, sendo esta a súa ópera prima. Esta baseada no libro homónimo de José Ángel Mañas, que xa tivera oportunidade de ver outra obra súa, Historias del Kronen, levada á gran pantalla.
Levou un premio Goya polo seu guión adaptado.
Argumento
Un grupo de rapaces de vinte anos enfróntanse a un outono no que van que ter que asumir fortes responsabilidades. David ten 27 anos e leva moito tempo traballando de mensaxeiro e decide deixar o seu traballo.