Tristán Ulloa, nado en Orleáns o 6 de maio de 1970, é un actor galego.
Naceu en Orleáns (Francia) debido a que os seus avós estaban exiliados, pero axiña se trasladou a Vigo. Estudou Ciencias Empresariais, participando no seu tempo libre en grupos teatrais da universidade.
En 1998 debutou no cine en Memorias del ángel caído, de David Alonso e Fernando Cámara. Acadou sona co seu papel en Mensaka, páginas de una historia. En 2007 estreou a súa primeira longametraxe, Pudor, dirixida xunto ao seu irmán David Ulloa. Ese mesmo ano presentou o reality Puntodoc (Antena 3).
Desde 2008 continúa con ese labor televisivo presentando en Telecinco 2 un ciclo de reportaxes en coprodución con Amnistía Internacional.
Premios Goya
Fotogramas de Plata
Unión de Actores
Outros