Ludwig Feuerbach |
|
Nacemento | (de) Ludwig Andreas Feuerbach 28 de xullo de 1804 Landshut (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Morte | 13 de setembro de 1872 (68 anos) Núremberg (Imperio Alemán)
|
---|
Lugar de sepultura | Johannisfriedhof (en) |
---|
Residencia | Rechenberg (en) (1859–1872) Bruckberg (1836–1859) |
---|
Relixión | sen valor |
---|
Educación | University of Erlangen (en) - filosofía, anatomía (1826–1828) Universidade Humboldt de Berlín - filosofía (1824–1826) Universidade de Heidelberg - Protestant theology (en) (1823–1824) Universidade de Erlangen-Núremberg |
---|
|
Campo de traballo | Jovens hegelianos (pt) , Filosofía da relixión, Ética, epistemoloxía e Antropoloxía filosófica |
---|
Ocupación | antropólogo, teólogo, crítico das religiões (pt) , escritor, filósofo, profesor universitario, apicultor |
---|
Período de tempo | Filosofia do século XIX (pt) |
---|
Empregador | University of Erlangen (en) , Privatdozent (1829–) |
---|
Movemento | Ateísmo e idealismo alemán |
---|
Influencias | |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Bertha Löw |
---|
Pai | Paul Johann Anselm von Feuerbach |
---|
Irmáns | Joseph Anselm Feuerbach Karl Wilhelm Feuerbach Friedrich Feuerbach Eduard August Feuerbach |
---|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фейербах Людвиг Андреас) Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, |
---|
Sitio web | ludwig-feuerbach.de |
---|
|
Ludwig Andreas Feuerbach, nado o 28 de xullo de 1804 en Landshut e finado o 13 de setembro de 1872 en Nuremberg-Rechenberg, foi un filósofo alemán.
Traxectoria
Feuerbach foi o terceiro fillo do eminente xurista Paul Johann Anselm Ritter von Feuerbach, irmán do matemático Karl Wilhelm Feuerbach e tío do pintor Anselm Feuerbach.[1]
Feuerbach é recoñecido pola súa teoloxía humanista e pola influencia que o seu pensamento exerce sobre Karl Marx. Abandonou os estudos de Teoloxía para tornarse alumno do filósofo Hegel, durante dous anos, en Berlín. En 1828, pasou a estudar ciencias naturais en Erlange e dous anos despois publicou anonimamente o primeiro libro, Pensamentos sobre Morte e Inmortalidade. Nese traballo ataca a idea da inmortalidade, sustentando que, despois da morte, as cualidades humanas son absorbidas pola natureza. Escribe Abelardo e Heloísa (1834), Piere Bayle (1838) e Sobre Filosofía e Cristianismo (1839). Na primeira parte desta última obra, que influencia Marx, discute a "esencia verdadeira ou antropolóxica da relixión". Na segunda parte analiza a súa "esencia falsa ou teolóxica". De acordo coa súa filosofía, a relixión é unha forma de alienación que proxecta os conceptos do ideal humano nun ser supremo. Ao atacar relixiosos ortodoxos entre 1848 e 1849, anos de turbulencia política, é considerado un heroe por moitos revolucionarios. Morreu en Rechenberg, na Alemaña.
A teoloxía é antropoloxía
O home para Feuerbach está articulado en dous momentos: cada un é individuo singular, mais portador da esencia universal.
A humanidade ten tres características fundamentais:
O home é sobre todo razón, despois vontade e á fin sentimento.
De aí a relixión proxecta tales características: o Pai (razón), o Fillo (vontade) e o Espírito Santo (sentimento).
O Deus xudaico equivale á alienación dos dous primeiros caracteres.
Cristo equivale á alienación do terceiro. O home estaba case convencéndose de que Deus era o Home, mais a fe levouno de volta á situación relixiosa.
O home pola súa fraqueza non admite os seus erros, deposítaos nun "outro".
O Home é aquilo que come
A situación material en que o home vive é que o cría.
Feuerbach nega o concepto da existencia primeiro da idea e despois a materia. Para el a mazá real precede a idea da mazá. Afirma que deberíamos entender a Hegel de cabeza para baixo. Para Feuerbach, Hegel describe o home de punta-cabeza.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía