Lionor de Borbón
A Súa Alteza Real Lionor de Borbón | |
Nacemento | (es) Leonor de Todos los Santos de Borbón y Ortiz 31 de outubro de 2005 (19 anos) Madrid, España |
---|
| Princesa de Asturias |
---|
19 de xuño de 2014 – ← Filipe de Borbón e Grecia | Condesa de Cervera |
---|
19 de xuño de 2014 – ← Filipe de Borbón e Grecia | Señora de Balaguer |
---|
19 de xuño de 2014 – ← Filipe de Borbón e Grecia | Duquesa de Montblanc |
---|
19 de xuño de 2014 – ← Filipe de Borbón e Grecia | Princesa de Xirona |
---|
19 de xuño de 2014 – ← Filipe de Borbón e Grecia | Princesa de Viana |
---|
19 de xuño de 2014 – ← Filipe de Borbón e Grecia | Herdeira presuntiva monarca de España |
---|
19 de xuño de 2014 – |
| |
Relixión | Igrexa católica |
---|
Educación | Escola Naval Militar de Marín (2024–) Academia Xeral Militar (2023–2024) UWC Atlantic College (2021–2023) |
---|
Altura | 1,75 m |
---|
Cor dos ollos | Azul |
---|
Cor do pelo | Louro |
---|
|
Ocupación | realeza, gardamariña |
---|
|
Rango militar | gardamariña (2024–) cadete (2023–2024) |
---|
|
Título | Princesa de Asturias (2014–) Duquesa de Montblanc (2014–) Condesa de Cervera (2014–) Princesa de Viana (2014–) Señora de Balaguer (2014–) Princesa de Xirona (2014–) Infanta de España (2005–2014) |
---|
Familia | Casa de Borbón-Anjou |
---|
Pais | Filipe de Borbón e Grecia e Letizia Ortiz |
---|
Irmáns | Sofía de Borbón |
---|
Parentes | Xoán Carlos I de España, avó paterno Sofía de Grecia, avoa paterna Elena de Borbón e Grecia, tía Cristina de Borbón e Grecia, tía Felipe de Marichalar e Borbón, curmán entregue Victoria de Marichalar e Borbón, curmá entregue Juan Urdangarin e de Borbón, curmán entregue Pablo Urdangarin e de Borbón, curmán entregue Miguel Urdangarin e de Borbón, curmán entregue Irene Urdangarin e de Borbón, curmá entregue Constantino II de Grecia, tío avó Xoán de Borbón e Battenberg, bisavó María das Mercés de Borbón-Dúas Sicilias, bisavó Paulo I de Grecia, bisavó Frederica de Hannover, bisavó Víctor Elías Villagrasa, second cousin once removed ascending Menchu Álvarez del Valle, bisavó Afonso XIII de España, tataravó Vitoria Uxía de Battenberg, tataravoa Luís Afonso de Borbón, second cousin once removed ascending Constantino I de Grecia, tataravó Sofía de Prusia, tataravoa Ernesto Augusto de Brunswick, tataravó Vitoria Luísa de Prusia, tataravoa Carlos de Bourbon-Duas Sicílias, tataravó Luísa de Orléans, tataravoa Margarida de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, tía avoa Pilar de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, tía avoa Afonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, tío avó Irene de Grecia, tía avoa Alexia da Grécia e Dinamarca, tía segunda Paulo, Príncipe Herdeiro da Grécia, tío segundo Príncipe Nikolaos da Grécia e Dinamarca, tío segundo Princesa Theodora da Grécia e Dinamarca, tía segunda Filipe da Grécia e da Dinamarca, tío segundo Alfonso Juan Carlos Zurita, tío segundo María Zurita, tía segunda Simoneta Gómez-Acebo, tía segunda Juan Gómez-Acebo, tío segundo Bruno Alexander Gomez-Acebo y de Borbón, tío segundo Luis Beltran Gomez-Acebo y de Borbón, tío segundo Fernando Umberto Gomez-Acebo y de Borbón, tío segundo Jesús José Ortiz Álvarez, avó materno Paloma Rocasolano Rodríguez, avoa materna Telma Ortiz Rocasolano, tía Érika Ortiz Rocasolano, tía Carla Vigo, curmá entregue José Luis Ortiz Velasco, bisavó Francisco Rocasolano Camacho, bisavó Enriqueta Rodríguez Figueredo, bisavó |
---|
|
| Sinatura |
| | |
| Sitio web | casareal.es… |
---|
|
Lionor de Borbón Ortiz,[1] nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española.[2] É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.[4]
Traxectoria
Por ser filla do Rei de España recibe desde o seu nacemento o tratamento de Alteza Real[2] e dignidade de Infanta de España. Ocupa o primeiro lugar na Liña de sucesión ao Trono de España e desprazou na mesma ás súas tías, a infanta Elena, a infanta Cristina e os seus respectivos fillos e fillas.
En virtude das regulas de sucesión recollidas no artigo 57 da Constitución española de 1978 é Princesa de Asturias (cos títulos anexos de Princesa de Xirona, Princesa de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer) o día en que o seu pai ascenda ao trono, en tanto este non teña descendencia masculina; no caso de que así sexa, o irmán ou irmáns homes desprazarían a Lionor de Borbón e terían preferencia na liña de sucesión.
O 14 de xaneiro de 2006 no palacio da Zarzuela foi bautizada como Leonor de Todos los Santos polo Arcebispo de Madrid con auga do río Xordán. Os seus padriños foron os reis, Xoán Carlos I e Sofía.
As súas aparicións en público ata agora, como as da súa irmá Sofía, limítanse a tres ou catro ocasións ao ano (Inicio do curso escolar, Misa de Pascua, vacacións en Palma etc.)
A infanta Lionor asistiu por primeira vez, xunto coa súa irmá a infanta Sofía, a unha recepción oficial no Palacio Real de Madrid con motivo da vitoria da Selección de fútbol de España na Copa Mundial de Fútbol de 2010 o 12 de xullo de 2010 cos Reis, os Príncipes de Asturias e a infanta Elena.
A súa primeira aparición nun acto oficial foi o 30 de xaneiro de 2018, no Palacio de Oriente, con motivo da imposición, por parte do seu pai o rei Filipe VI, do lazo de dama da Orde do Vélaro de Ouro.[5][6][7]
Debate sobre a sucesión ao Trono
O nacemento de Lionor avivou o debate público en España[8] sobre a necesidade de reformar a Constitución española para eliminar a preferencia do home sobre a muller na orde para suceder no Trono, reforma que suscita a adhesión da maioría de forzas políticas e sociais e que se converte no único punto de acordo firme entre os partidos políticos á hora de emprender unha reforma eventual da Constitución.[9]
En caso de ser reformada a Constitución neste aspecto, a Infanta podería converterse na cuarta muller que reine en España e, nese caso, prevalecería ante calquera irmán home.
Títulos e honras
- 31 de outubro de 2005 - 18 de xuño de 2014: A súa Alteza Real, a Infanta Dona Lionor de Borbón Ortiz.
- 19 de xuño de 2014 - presente: A súa Alteza Real a Princesa de Asturias.
O seu título completo é A súa Alteza Real, Dona Lionor de Todos os Santos de Borbón Ortiz, Princesa de Asturias, de Xirona e de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer.
Desde o instante do seu nacemento ostentaba o tratamento de Infanta de España e desde a abdicación de Xoán Carlos I ostenta os títulos históricos dos herdeiros dos diferentes reinos hispanos:
- Princesa de Asturias, como herdeira da Coroa de Castela, título que ten a súa orixe en 1388.
- Princesa de Xirona, duquesa de Montblanc, condesa de Cervera e señora de Balaguer, como herdeira da Coroa de Aragón, con orixe en 1351, 1387, 1353 e 1418, respectivamente.
- Princesa de Viana, como herdeira do Reino de Navarra, con orixe en 1424.
Honras
Ascendencia
Notas
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ 2,0 2,1 "Real Decreto 1368/1987, de 6 de noviembre, sobre régimen de títulos, tratamientos y honores de la Familia Real y de los Regentes (texto consolidado)". Boletín Oficial del Estado núm. 271, de 12 de novembro de 1987. |data=6 de novembro de 1987|editorial=Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado|p=33717}}
- ↑ "Leonor, princesa de Asturias, cumple diez años en la más estricta intimidad familiar". República. 30 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2017. Consultado o 13 de agosto de 2017.
De este modo también es presidenta honorífica de la Fundación Princesa de Asturias y de la Fundación Princesa de Girona
- ↑ La Princesa Leonor y el Toisón de Oro: un antes y un después para una niña de 12 años El Mundo, 30-01-2018.
- ↑ El rey prepara a su hija: «Te guiarás permanentemente por la Constitución y servirás a España con humildad» La Voz de Galicia, 31-01-2018.
- ↑ Felipe VI impone a la princesa Leonor el Toisón de Oro, en Hola.com
- ↑ Ángela Portero e Paloma García-Pelayo. Leonor, la princesa inesperada: ¿tú serás mi reina?. (Madrid, Espejo de tinta, S. L., 2005, páx.13). ISBN 84-96280-47-0.
Onde se inicia o libro cunha introdución que aborda directamente o asunto, destacando a preocupación xurdida sobre a sucesión ao trono na sociedade española.
- ↑ Ángela Portero e Paloma García-Pelayo. Leonor, la princesa inesperada: ¿tú serás mi reina?. (Madrid, Espejo de tinta, S. L., 2005, páx.184). ISBN 84-96280-47-0.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
|
|