A Pascua está ligada á Pessach e ao Éxodo de Exipto recollido no Antigo Testamento mediante a Última Cea e a Crucifixión de Xesús que precede á resurrección. Consonte o Novo Testamento, Xesús deulle á cea de Pascua un novo significado ao preparar os seus discÃpulos e a el mesmo para a súa morte. El identificou a matzá e a copa de viño co seu corpo próximo a ser sacrificado e o seu sangue próximo a ser derramado. O apóstolo Paulo afirma "Purificádevos do vello fermento, para serdes unha masa nova, coma pans ácimos que sodes. Pois o noso año pascual, Cristo, xa foi inmolado";[6] referÃndose os requirimentos da Pascua xudÃa de non ter fermento na casa e á alegorÃa de Xesús coma o año pascual.
No cristianismo primitivo
Os primeiros cristiáns, tanto os de orixe xudÃa como os xentÃs, eran coñecedores do calendario hebreo,[7] e non hai evidencia directa que eles celebrasen festas anuais especÃficas cristiás[8]. Probablemente celebraban como un aspecto do Pessach que os cristiáns de orixe xudÃa celebraban a resurrección de Xesús, próxima no tempo á Pessach.[9]
↑A&E Television Networks (ed.). "History of Easter". The History Channel website. Consultado o 9 de marzo de 2013.
↑Cheslyn Jones, Geoffrey Wainwright, Edward Yarnold e Paul Bradshaw, Eds., The Study of Liturgy, Revised Edition, Oxford University Press, New York, 1992, p. 474.
↑Cheslyn Jones, Geoffrey Wainwright, Edward Yarnold, and Paul Bradshaw, Eds., The Study of Liturgy, Revised Edition, Oxford University Press, New York, 1992, p. 459