Mércores Santo

Trono da Santísima Virxe do Primeiro Dor (Californios), Cartagena.

O Mércores Santo acaba a primeira parte da Semana Santa cristiá, marcando o final da Coresma e o comezo da Pascua. O Mércores Santo ten lugar a traizón de Xudas Iscariote, que se reúne co Sanedrín, o tribunal relixioso xudeu, para condenar a Xesús.

Liturxia

O Evanxeo do Mércores Santo continúa coa traizón de Xudas Iscariote neste caso en relato de San Mateu:

Naquel tempo, un dos Doce, chamado Xudas Iscariote, foi aos sumos sacerdotes e propúxolles:
-«Que estades dispostos a darme, se volo entrego?»
Eles axustáronse con el en trinta moedas. E desde entón andaba buscando ocasión propicia para entregalo. O primeiro día dos Ázimos achegáronse os discípulos a Xesús e preguntáronlle:
-«Onde queres que che preparemos a cea de Pascua?»
El contestou:
-«Ide á cidade, a casa de Fulano, e dicídelle: "O Mestre di: O meu momento está preto; desexo celebrar a Pascua na túa casa cos meus discípulos"».
Os discípulos cumpriron as instrucións de Xesús e prepararon a Pascua. Á tardiña púxose á mesa cos Doce. Mentres comían dixo:
-«Asegúrovos que un de vós vaime a entregar.»
Eles, consternados, puxéronse a preguntarlle un tras outro:
-«Son eu acaso, Señor?»
El respondeu:
-«O que mollou na mesma fonte que eu, ese vaime a entregar. O Fillo do home vaise, como está escrito del; pero, ai! do que vai entregar ao Fillo do home!; máis lle valería non ter nado».
Entón preguntou Xudas, o que o ía a entregar:
-«Son eu acaso, Mestre?»
El respondeu:
-«Dixéchelo ti».
Mateu 26, 14-25

Celebracións

  • En Ferrol celébranse cinco procesións: a do Cristo dos Navegantes, a da nosa Señora da Mercé e do Santísimo Cristo Redentor, a do Cristo do Perdón e María Santísima dos Desamparados, a da Penitencia (cuxa imaxe titular é o Santísimo Cristo Xacente) e a de Noso Pai Xesús Camiño do Calvario.
  • En Viveiro, procesiona o Viacrucis procesional de homes, no que os homes realizan as catorce estacións de penitencia. O día anterior ten lugar o de mulleres.

Véxase tamén