Antes da Última Cea, dise que Xudas foi aos sumos sacerdotes e aceptou entregar a Xesús a cambio de 30 moedas de prata, e que logo intentou devolver os cartos, cheo de remordementos.
A imaxe das trinta moedas de prata utilizouse adoito en obras de arte que representan a Paixón de Cristo. Tamén a literatura e a lingua común[4] botan man da expresión "trinta moedas de prata" para se referir a persoas que "se venden", comprometendo unha confianza, unha amizade ou unha lealdade en beneficio persoal.
Narrativa bíblica
Segundo o Evanxeo de Mateu, Xudas Iscariote era un dos discípulos de Xesús. Antes da Última Cea, Xudas dirixiuse aos sumos sacerdotes e aceptou entregar a Xesús a cambio de trinta moedas de prata.[5] Daquela, Xesús foi arrestado en Xetsemaní, onde xudas revelou aos soldados a identidade de Xesús dándolle un bico.[6]
Consonte o capítulo 27 do Evanxeo de Mateu, despois Xudas encheuse de remordementos e devolveu os cartos aos sumos sacerdotes, antes de se enforcar. Os xefes dos sacerdotes decidiron entón que non poderían ingresalo nas arcas do templo por consideralo diñeiro manchado de sangue, así que acordaron comprar con el o chamado Agro do Oleiro.[7][8]
No Libro dos Feitos dáse un relato diferente da morte de Xudas; alí cítase a Pedro dicindo: "velaí que comprou unha leira coa paga do crime, caeu de cabeza e, rebentando polo medio, saíronlle para fóra as entrañas". No entanto, o Evanxeo de Lucas, do que se pensa que foi escrito polo mesmo autor que os Feitos,[9] menciona en 22:3-6 que Xudas e os xefes dos sacerdotes e os oficias da garda do templo se puxeron de acordo nun prezo, sen que se especifique a cantidade nin se afirme que se pagou por adiantado, como aparece en Mateo.[10]
Tipos de moedas
A palabra utilizada en Mateo 26:15 é ἀργύρια (argyria), que significa simplemente "moedas de prata",[11] e os estudosos non chegaron a un acordo acerca do tipo das moedas que se terían utilizado. A este respecto, Donald Wiseman propón dúas posibilidades: poderían ser siclos de Tiro (14 gramos, con 94 % de prata) ou tamén estateros de Antioquía (15 gramos, con 75 % de prata), que amosaban a cabeza de Augusto.[12]
Outros autores apuntan tamén a posibilidade de que se tratase de tetradracmastolemaicos (13,5 gramos, con 25 % de prata).[13]
Os siclos de Tiro pesaban catro dracmasatenienses (arredor de 14 gramos), é dicir, máis que os anteriores siclos israelitas de 11 gramos, aínda que ambos siclos se consideraban equivalentes naquela época para asuntos relixiosos.[15] Como a moeda romana só tiña o 80 % de prata, os siclos tirios, máis puros (94 % ou máis), eran necesarios para o pagamento do imposto do templo de Xerusalén. Os cambistas aos que se fai referencia nos Evanxeos do Novo Testamento (Mateo 21:12 e paralelos) cambiaban os siclos tirios pola moeda romana común.[16][17]
É probable que o tetradracma ateniense do século Va. C. fose a moeda máis utilizada no mundo grego antes da época de Alexandre o Grande, xunto co estatero corintio. Amosaba o busto de perfil de Atenea no anverso e un moucho no reverso. No uso cotian, estas moedas eran coñecidas como γλαῦκεςglaukes ("mouchos"),[18] e de aí viña o proverbioΓλαῦκ’ Ἀθήναζε ("un moucho para Atenas"), en referencia a algo que era abundante. O padrón máis comunmente utilizado era o padrón ático ou ateniense, cunha unidade de 4,3 gramos. Un dracma era aproximadamente o pagamento correspondente a un día dun traballador cualificado.[19] Xa que logo, trinta moedas de prata (30 tetradracmas), a catro dracmas cada unha, serían comparables aproximadamente ao salario de catro meses.
No período medieval, algunhas institucións relixiosas exhibían antigas moedas gregas da illa de Rodas como exemplares das "trinta moedas de prata". Os seus anversos amosaban unha cabeza enfrontada do deus do Sol, Helios, con raios que se proxectaban arredor da súa parte superior. Estes raios eran interpretados como unha representación da Coroa de Espiñas.
Pola súa banda, a narración extracanónica de Xosé de Arimatea rexistra que a Xudas se lle aboaron trinta moedas de ouro, non de prata.[20]
Interpretación teolóxica
En Zacarías 11:12–13, trinta moedas de prata é tamén o soldo que recibe Zacarías polo seu traballo. Colle as moedas e guíndallas "ao oleiro". Klaas Schilder sinala que o pagamento de Zacarías supón unha avaliación do seu valor, así como o seu despedimento.[21] No Éxodo 21:32, trinta moedas de prata era o prezo dun escravo, polo que, aínda que Zacarías cualifica a cantidade como de "bo prezo" (Zacarías 11:13), podería tratarse dun sarcasmo. Barry Webb, no entanto, considérao unha "cantidade considerable de diñeiro".[22]
Schilder suxire que esas trinta moedas de prata están, xa que logo, "abaneadas dun lado ao outro da profecía".[23] Cando os xefes dos sacerdotes deciden mercar un agro co diñeiro devolto, Mateo di que así se cumpriu "o dito polo profeta Xeremías", a saber: "tomaron as trinta moedas de prata, o prezo que lle puxera o pobo de Israel, e utilizáronas para mercar o agro do oleiro, como me ordenara o Señor (Mateo 27:9–10). Aínda que moitos estudosos consideran que o nome de Xeremías está incluído por erro,[24] a compra dun agro por parte de Xeremías (Xeremías 32) pode indicar que Mateo está a pensar en ambos os profetas cando escribe o seu Evanxeo.[25] Craig Blomberg apunta a que Mateo está a dicirlles aos seus lectores que "igual que Xeremías e que Zacarías, Xesús intenta guiar o seu pobo cun ministerio profético e pastoral, mais, pola contra, acaba sufrindo inocentemente a mans deles".[26] William Hendriksen sostén que Mateo se refire a Xeremías 19.[27]
Blomberg suxire mesmo que Mateo pode estar a dicir que "a morte de Xesús é un rescate, o prezo pagado para asegurar a liberdade dun escravo", e que o uso do diñeiro de sangue para comprar un cemiterio para os estranxeiros (Mateo 27:7) pode insinuar a idea de que a morte de Xesús fai posible a salvación para todos os pobos do mundo, incluídos os xentís".[28]
No Handy Book for Bible Readers ("Manual para os lectores da Biblia") de 1877 lese:[29]
“
Argurion", "argenteus", "denarius". Esta palabra aparece en dúas pasaxes: (A) o relato da traizón do noso Señor por "trinta moedas de prata (Mat. xxvi. 15; xxvii. 3, 5, 6, 9). Normalmente considerouse que se trata de denarios mais sen fundamento suficiente. A pasaxe paralela de Zacarías (xi. 12, 13) tradúcese como "trinta [moedas] de prata, mais sen dúbida debería lerse "trinta siclos de prata", mentres que é observable que trinta moedas de prata era o prezo do sangue que debería pagarse no caso dun servente morto accidentalmente (Éxodo xxi. 32). Xa que logo, a pasaxe pódese explicar como "trinta siclos de prata", non siclos correntes, senón tetradracmas do padrón ático das cidades gregas de Siria e Fencia. Estes tetradracmas eran comúns na época do noso Señor, e deles o estatero era un espécime.
”
Algúns ven iso como un dos moitos paralelismos entre Sócrates e Xesús. Tal e como se recolle na Apoloxía, cando Sócrates foi xulgado por impío e corruptor da xuventude, os seus acusadores pediron a pena de morte. Porén, os aliados propuxeron que pagase simplemente unha multa de trinta minas.[30]
Reliquias e referencias artísticas
Nas escenas narrativas da Paixón, Xudas aparece con frecuencia sostendo as moedas de prata nunha bolsa, o que serve como atributo para o identificar. Ademais, as trinta moedas de prata figuran adoito como un dos "instrumentos da Paixón", sinaladamente na Baixa Idade Media, aínda sendo un dos elementos menos elixidos do grupo. Ás veces utilízase nas representacións unha bolsa de diñeiro ou unha man que sostén moedas, ou ambas as mans realizando o reconto.[31]
Na Idade Media xurdiu, a modo de reliquias, un bo número de moedas antigas que a tradición popular identificaba como constituíntes das trinta moedas de prata, coñecidas na tradición anglosaxoa como Judas-pennies ("peniques de Xudas"), das que se de dicía que axudaban nos partos difíciles.[32][33][34]
Tanto as hipotéticas reliquias como a súa representación na arte aparecen a partir do século XIV, máis tarde que outros elementos salientables da Paixón, como a Coroa de Espiñas ou a Lanza Sagrada. Isto débese aos novos xeitos de devoción, promovidos sinaladamente polos franciscanos, que fomentaban a contemplación da Paixón episodio a episodio, como no Via Crucis.[36] A pedra en que se di que se contaron as moedas estaba no Palacio de Latrán, en Roma.[37]
Unha destas moedas ás que se lles atribuíu a condición de reliquia como, presumiblemente procedente do conxunto das trinta moedas de prata, é un decadracma de Siracusa que se conserva no Museo de Hunt, en Limerick, Irlanda. A inscrición latina que se gravou no seu soporte é QUIA PRECIVM SANGVINIS EST ("Este é o prezo do sangue").[35]
Referencias literarias
As trinta moedas aparecen na literatura de tradición cristiá en diferentes ocasións en relación coa traizón a Xesús, como neste poema de William Blane:[38]
“
Thirty pieces of silver Burns on the traitor's brain; Thirty pieces of silver! Oh! it is hellish gain!.
La moneda cayó en mi hueca mano. No pude soportarla, aunque era leve, Y la dejé caer. Todo fue en vano. El otro dijo: "Aún faltan veintinueve".
”
A frase "trinta moedas de prata" utilízase de xeito xeral para describir o prezo ao que a xente pode chegar a vender a súa vontade.[41] En Crime e Castigo, de Dostoievski, aparece esta idea nos trinta rublos que gaña o personaxe de Sonia por se vender.[42][43] Na canciónflokKing John and the Bishop, a resposta do bispo á adiviña de canto vale o rei é "29 moedas de prata", xa que ningún rei vale igual ca Xesús. Na segunda parte da obra de obra de ShakespeareHenrique IV, a amante de Falstaff pregunta "e non me bicaches e me pediches que che trouxese trinta xilins?".[41]
Usos actuais
A retórica que alude ás trinta moedas de prata é moi socorrida nos insultos relacionados coa traizón no ámbito relixioso, na época da Reforma. Tamén na época do Caso Dreyfus, a frase “trinta moedas acompañou o fervor antisemita de Alfred Dreyfus cando foi acusado de vender segredos militares a Alemaña.[45]
A frase foi utilizada tamén para acusar a políticos e a artistas por venderen os seus principios ou os seus ideais, e en xeral como símbolo de traizón. Por exemplo, logo da crise constitucional australiana de 1975, varios veciños da rúa onde nacera o gobernador xeral, John Kerr, enviáronlle a este trinta moedas de prata, dado que Kerr era culpado da crise pola poboación.[46]
Outro exemplo do uso deuse na Conferencia da Nacións Unidas de 2009, cando o voceiro de Tuvalu criticuo o documento final dicindo: "Semella que nos ofrecen trinta moedas de prata para traizoarmos o noso pobo e o noso futuro... O noso futuro non está en venda!".[47]
Máis recentemente, en 2022, saíu á luz un vídeo no que se vía un garda fronteirizoucraíno pagando trinta moedas de prata ao embaixador de Belarús na súa marcha, por mor do comportamento cómplice de Belarús ao permitir que Rusia invadise Ucraína a través da fronteira ucraíno-belarusa.[49]
↑O embaixador de Belarús recibiu "30 moedas de prata" ao abandonar Ucraína. '30 Pieces Of Silver' As He Left Ukraine. Radio Free Europe/Radio Liberty (véxase vídeo en Youtube.com).