Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, nado en Madrid o 17 de xullo de 1998, é o fillo máis vello da infanta Elena, duquesa de Lugo, e Jaime de Marichalar. Felipe é cuarto na liña de sucesión ao trono español, logo da súa nai e por diante da súa irmá máis nova, Victoria Federica.
Foi nomeado Filipe polo seu tío o Príncipe de Asturias, Xoán polo seu bisavó o Conde de Barcelona; Froilán por ser o santo patrón de Lugo (a súa nai é a duquesa de Lugo), e Todos os Santos como é costume entre os Borbóns. Os seus padriños foron o seu avó, Xoán Carlos I e a súa avoa, María da Concepción Sáenz de Tejada e Fernández de Boadilla, condesa viúva de Ripalda.
A pesar de que xeralmente se lle coñece pola prensa como Froilán, na familia é chamado Felipe. Como fillo dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.
Estivo estudando nun internado no Condado de Sussex, Reino Unido, para perfeccionar o seu dominio do inglés, sendo o primeiro dos netos do rei que o fai.
Ascendencia
Véxase tamén