Jules Étienne Joseph Quicherat, nado en París o 13 de outubro de 1814 e finado na mesma cidade o 8 de abril de 1882, foi un historiador e arqueólogo francés, coñecido pola edición do Procès de condamnation et de réhabilitation de Jeanne d'Arc (5 vol., 1841-1849) e por estar considerado un dos pioneiros do estudo da arqueoloxía en Francia.[1] Irmán do latinista Louis Marie Quicherat.
Traxectoria
Estudou no Collège Sainte-Barbe, onde recibiu unha educación clásica, máis tarde escribiu unha historia do centro en tres volumes. En 1835 entrou na École des chartes en 1834, obtendo o título de arquivista paleógrafo, e logo pasou a traballar na Bibliothèque Royale, en 1847 inaugurou un curso de leccións de arqueoloxía na École des chartes, e máis tarde foi designado profesor de arqueoloxía medieval e mais tamén asumiu en 1849 o posto de profesor de diplomática[2] daquela escola, que dirixiu desde 1871 ata a súa morte. Cara ao final da súa vida comezou a transcribir as leccións de arqueoloxía, que se publicaron postumamente.
Obras
Procès de condamnation et de réhabilitation de Jeanne d'Arc (5 vol. 1841-1849)
Aperçus nouveaux sur l'histoire de Jeanne d'Arc (1850)