Juan Gris

Modelo:BiografíaJuan Gris

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Victoriano González-Pérez Editar o valor en Wikidata
23 de marzo de 1887 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1927 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Boulogne-Billancourt, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière de l'Ouest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, artes visuais, escultura e Cubismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Boulogne-Billancourt
París
Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, escenógrafo, gravador, artista visual, debuxante arquitectónico, debuxante, ilustrador, escultor, artista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCubismo analítico (pt) Traducir, Natureza morta, Arte abstracta, arte figurativa e retrato Editar o valor en Wikidata
MovementoCubismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX954550 Musicbrainz: 96ba7096-f9bf-4751-be24-0644cce2f4ef Discogs: 2387220 WikiTree: González-Pérez-1 Find a Grave: 7536675 Editar o valor en Wikidata
Retrato de Picasso.

José Victoriano González-Pérez , de nome artístico Juan Gris, nado en Madrid o 23 de marzo de 1887 e finado en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927, foi un pintor español que desenvolveu a súa actividade principalmente en París. É considerado un dos mestres do cubismo.

Traxectoria

Nado en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudou na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para publicacións como Blanco y Negro e Madrid Cómico.

En 1906 trasladouse a París, onde coñeceu a Pablo Picasso e a Georges Braque. Os primeiros anos gañou a vida debuxando para as revistas L'Assiette du Beurre (O prato de manteiga) e Charavari (Chocallada).

Durante a primeira guerra mundial, aínda en París, realizou a súa primeira exposición individual en 1919. Durante a década de 1920 a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos corenta anos, en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927.

Obra

As súas primeiras obras cubistas datan de 1912, ano en que expón no Salón dos Independentes de Barcelona a súa "Homaxe a Picasso". Asina un contrato en exclusiva co marchante Henry Kahnweiler, quen morre en 1914. O ano seguinte pasou o verán con Picasso en Céret, período en que comezou a desenvolver a técnica do papier collé (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).

Entre 1922 e 1924 realiza escenografías para dous ballets de Sergei Diagilev, Les tentations de la Bergère (As tentacións da pastora) e La Colombe (A pomba), ao tempo que continuaba a pintar. Logo de 1925 utilizou sobre todo a guaxe e mais a acuarela, e realiza algunhas ilustracións para libros.

As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.

Obras destacadas

Parte das súas pinturas cubistas son naturezas mortas, entre as que se inclúen Guitarra e botella (1917, Museo de Arte de Filadelfia), O taboleiro de xadrez (1917, Museo de Arte Moderna de Nova York) e Botella e froiteiro (1919, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Tamén tratou outros temas, como mostra en O fumador (1913, Museo Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de papier collé é Gotas e xornal (1914, Museo de Arte do Smith College, Northampton, Massachusetts).

Galería