José María Gil Robles Nome orixinal (es) José María Gil-Robles y Quiñones Nacemento 22 de novembro de 1898 Salamanca, España Morte 14 de setembro de 1980 (81 anos)Madrid, España Lugar de sepultura Cemiterio de La Almudena Deputado nas Cortes republicanas 26 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Ministro da Guerra 6 de maio de 1935 – 14 de decembro de 1935 ← Carlos Masquelet – Nicolás Molero Lobo (en) → Deputado nas Cortes republicanas 30 de novembro de 1933 – 21 de decembro de 1933 Deputado nas Cortes republicanas 27 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Circunscrición electoral:
León (en) Deputado nas Cortes republicanas 6 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Catedrático de universidade
Residencia apartments of the architect Ricardo García Guereta (en) (1952–1980) Relixión Igrexa católica Educación Universidade de Salamanca Lugar de traballo Madrid Ocupación político , profesor universitario , xornalista , ministro , xurista , autobiógrafo , escritor , avogado Empregador Universidade de Oviedo Partido político Confederación Española de Derechas Autónomas Membro de Fillos José María Gil-Robles y Gil-Delgado , Álvaro Gil-Robles Pai Enrique Gil Robles Parentes Enrique Gil y Carrasco , tío avó
José María Gil Robles y Quiñones de León , nado en Salamanca o 22 de novembro de 1898 e finado en Madrid o 14 de setembro de 1980 , foi un avogado e político español.
Traxectoria
Mitin de José María Gil Robles, 1935.
Fillo de Enrique Gil Robles . Licenciouse en Dereito na Universidade de Salamanca con 21 anos. Doutorouse na Universidade Central de Madrid e obtivo a cátedra de Dereito Político da Universidade de La Laguna en 1922. Volveu a Madrid e formou parte da redacción do xornal católico El Debate , dirixido por Ángel Herrera Oria . Secretario da Confederación Nacional Católico-Agraria , en 1922 integrouse no Partido Social Popular , liderado por Ángel Ossorio y Gallardo . Na ditadura de Primo de Rivera colaborou con José Calvo Sotelo na redacción do Estatuto Municipal.
Nas primeiras eleccións da II República presentouse nas candidaturas do Bloque Agrario e foi elixido deputado por Salamanca. En 1931 pasou a militar en Acción Nacional , creada por Ángel Herrera Oria e rebautizada en 1932 como Acción Popular , cando Gil Robles xa era un dos seus principais dirixentes.
A finais de febreiro e principios de marzo de 1933 participou na creación da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA), ao integrar nela a Acción Popular. O seu novo partido obtivo a vitoria nas eleccións de novembro de 1933 , pero cunha escasa maioría (115 escanos de 450), o cal o imposibilitaba para formar goberno en solitario. Apoiou ao novo gabinete presidido por Alejandro Lerroux desde ese mesmo mes, así como aos seguintes, encabezados tamén por outras figuras do Partido Republicano Radical de Lerroux.
O 6 de maio de 1935 foi nomeado ministro da Guerra por Lerroux.
Despois da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 converteuse no xefe da oposición parlamentaria. A súa figura viuse cada vez máis eclipsada polos postulados máis radicais de José Calvo Sotelo . Gil Robles abandonou España e dirixiuse a Francia . Expulsado polo goberno de Léon Blum , pasou a Portugal .
Trala fin da guerra civil española apoiou a causa monárquica. Regresou a España en 1953 pero foi desterrado en 1962. Xa en 1972 foi un dos avogados do caso Reace .
Véxase tamén
Ligazóns externas