Josep Pin i Soler, nado en Tarragona en 1842 e finado en 1927, foi un escritor catalán.
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia humilde, queda orfo de pai na súa infancia e ao remato dos seus estudos primarios tivo que se trasladar a Barcelona en 1857, onde realizou numerosos traballos manuais. De volta a Tarragona estuda maxisterio e publica na prensa local, Quadres de costums marítims.
Marcha a Madrid para rematar maxisterio e en 1865 ten de deixar España por participar nos sucesos da noite de San Daniel e aséntase en Marsella onde entra en contacto co movemento Félibrige antes de se trasladar a Bruxelas.
En 1887 xa de volta a Tarragona publica La família dels Garrigas, que se converte nun éxito, e que con Jaume (1888) e Niobe (1889) forma unha triloxía. Entre 1890 e 1892 e a partir de 1917 escribe sobre todo teatro. Entre 1910 e 1921 dirixiu a Biblioteca d'Humanitats, onde apareceron as súas traducións de obras clásicas europeas.Opúxose ás normas ortográficas elaboradas por Pompeu Fabra