Favreau naceu no barrio de Flushing no distrito de Queens, fillo de Madeleine, unha mestra de escola que morreu de leucemia en 1979, e Charles Favreau, un mestre de educación especial[1]. Súa nai procedía dunha familia xudía de Rusia[2][3] e seu pai era católico de orixe italiana e franco-canadense[4][5][6]. Jon estudou nunha escola hebrea e tivo unha cerimonia Bar Mitzvah[7].
Logo de rematar a secundaria estudou no Queens College dende 1984 a 1987[8] pero acabou por abandonalo, e traballou por algún tempo en Bear Stearns de Wall Street antes de volver a Queens College durante o primeiro semestre de 1988 pero volveu deixalo. No verán de 1988 estableceuse Chicago para se dedicar á comedia[9], actuando en varios teatros dedicados á improvisación, como o ImprovOlympic e o Improv Institute[10].
Primeiros pasos como actor
Durante a súa estadía en Chicago Favreau actuou como extra en filmes pero a súa primeiro papel relevante foi como o adestrador D-Bob no filme Rudy protagonizado por Sean Astin en 1993[11]. No ano seguinte apareceu no filme PCU con Jeremy Piven e nun episodio que se emitiu en 1994 de Seinfeld titulado "The Fire"[12][13].
O seu primeiro éxito de recadación como director veulle no outono de 2003 coa comedia Elf interpretada por Will Ferrell, Zooey Deschanel, James Caan e Peter Dinklage. Tamén en 2003, Favreau tivo un pequeno papel en Cando menos o esperas como Leo, o asistente persoal de Harry Sanborn[25]. En 2005 dirixiu a adaptación cinematográfica do libro Zathura de Chris Van Allsburg. Continuou a facer aparicións regulares en filmes e na televisión, co seu amigo Vince Vaughn deixouse ver na comedia románica The Break-Up e en My Name Is Earl encarnou un deplorable xerente dun negocio de comida rápida. Tamén apareceu no documental Wild West Comedy Show.[26] Tamén en 2005, Favreau apareceu como xuíz convidado e representante executivo de Sony Corporation na quinta semana do programa da NBC, The Apprentice para xulgar os esforzos de dous equipos para deseñar e construír un carro triunfal para publicitar o seu filme Zathura: A Space Adventure.[27]. Entre 2001 e 2005 presentou o programa de televisión Dinner for Five na canle por cable IFC.
O ano 2008 logrou coa transposición da banda deseñada ao cinema das aventuras do millonario e superheroe Tony Stark Iron Man, con estrea o 2 de maio un éxito mundial de crítica [28] e público[29], o que consolidou a reputación de Favreau como director [30]. O filme foi a primeira película de Marvel producida tras a súa alianza coa Paramount, e ademais de director, Favreau serviu como produtor executivo e apareceu nunha das primeiras escenas como Happy Hogan, o chofer de Tony Stark. Tamén escribu dous números dunha serie da Marvel Knights titulada Iron Man: Viva Las Vegas que se presentou en setembro de 2008 pero que se cancelou xa en novembro[31]. En 2008 encarnou a Denver, o grande irmán do protagonista, Vince Vaughn, no filme de Nadal Four Christmases.
En 2009 dirixiu a secuela das aventuras de Tony Stark, Iron Man 2 que tivo a estrea mundial nos Ánxeles o 26 de abril de 2010[32] e foi tamén un éxito de crítica e público.
Foi produtor executivo do filme de Joss WhedonThe Avengers.[35][36] En 2011 dirixiu o filme Cowboys & Aliens, mestura audaz de película do oeste e mais de ciencia ficción pero que foi unha decepción comercial e de crítica [37]. Favreau dirixiu o episodio piloto da serie de Revolution, serie da NBC e tamén foi un dos seus produtores xunto con J. J. Abrams[38]
En 2013 realizou outro episodio piloto, desta volta dunha serie baseada na novela About a Boy do británico Nick Hornby, pero no que a acción se desenvolve en San Francisco[39].
En xullo de 2019 foi a estrea da adaptación de animación por ordenador do filme de DisneyThe Lion King[43], dirixindo por primeira volta un musical[43], ademais de producilo. O 29 de xullo a película superou a The Jungle Book como o filme con maior recadación da súa carreira, e tamén superou a recadación do filme orixinal[44].