Cowsboys & Aliens é un filme estadounidense dirixido por Jon Favreau que se estreou no 2011. Baséase na banda deseñada Cowboys & Aliens de Scott Mitchell Rosenberg.
Sinopse
No afastado Oeste, un estraño forasteiro (Daniel Craig), sen lembranzas do seu pasado chega a un pobo do deserto. A única pista da súa historia é un misterioso brazalete que leva no pulso. O que descobre é que a xente do pobo non da a benvida ós forasteiros, e ninguén fai un movemento nas súas rúas a menos que a orde de facelo veña da mano do coronel Dolarhydel (Harrison Ford). É un pobo que vive no medo, pero está a piques de experimentar algo non pode crer, xa que o desolado pobo é atacado por alieníxenas dende o ceo.
Agora, ese descoñecido ó que rexeitaron é a súa única esperanza para a salvación. A medida que este pistoleiro comeza lentamente a lembrar quen é e onde estivo, decátase de que agocha un segredo que podería darlle ó pobo a oportunidade de loitar contra as forzas alieníxenas.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas