Johannes Zwijsen

Modelo:BiografíaJohannes Zwijsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1794 Editar o valor en Wikidata
Kerkdriel, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte16 de outubro de 1877 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
's-Hertogenbosch, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOrthen Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Bispo de 's-Hertogenbosch
4 de febreiro de 1868 –
← Henricus den Dubbelden (en) TraducirAdrianus Godschalk →
Arcebispo de Utrecht
4 de marzo de 1853 – 4 de febreiro de 1868
← Jan van Bruhesen (en) TraducirAndreas Ignatius Schaepman →
Administrador apostólico
4 de marzo de 1853 –
Vigairo apostólico
13 de outubro de 1851 –
Bispo titular
14 de xaneiro de 1842 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Utrecht (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1817–), diácono (1817–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónCornelis van Wijckerslooth Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Zwijsen-2 Find a Grave: 115264316 Editar o valor en Wikidata

Johannes Zwijsen[1], nado o 28 de agosto de 1794 en Kerkdriel e finado o 16 de outubro de 1877 en 's-Hertogenbosch, foi un eclesiástico católico latino neerlandés, arcebispo de Utrecht entre 1853 e 1868 e bispo de 's-Hertogenbosch entre 1868 e 1877.

Traxectoria

Naceu o 28 de agosto de 1794 en Kerkdriel. O 19 de xaneiro de 1817 foi ordenado diácono, e o 20 de decembro do mesmo ano o arcebispo François-Antoine de Méan de Beaurieux ordenouno sacerdote.

O 14 de xaneiro de 1842 foi nomeado vigairo apostólico coadxutor de 's-Hertogenbosch e bispo titular de Geras. O 17 de abril de 1842 foi consagrado bispo por Cornelius Ludovicus de Wijkerslooth, e tivo como co-consagradores a Joannes Paredis e a Johann Theodor Laurent. Sucedeu a Henricus den Dubbelden como vigairo apostólico o 13 de outubro de 1851.

O 4 de marzo de 1853 foi nomeado arcebispo de Utrecht, permanecendo ao mesmo tempo como administrador apostólico de 's-Hertogenbosch.

O 4 de febreiro de 1868 foi nomeado bispo de 's-Hertogenbosch, renunciando ao mesmo tempo como arcebispo de Utrecht. Finou no cargo o 16 de outubro de 1877.

Notas

  1. Tamén mencionado como Zwysen.